Todas las entradas por ORBALLO

Revista Cultural da cidade de Ourense de contido cultural e social,

Big Data, máis alá da Vía Láctea

Autor: Álex Fidalgo del  Río


Vivimos un momento clave para a humanidade, un ano 0, 1492 ou 1929.

Xa non hai que saír da cova para facer lume, o máis atrevido que saía con todas as de gañar unha boa presa agora só necesita un dispositivo cargado na súa man, os máis intrépidos da caverna babearían con Tinder, e as disputas sanguentas daquelas prazas que describe a historia caben agora en 140 caracteres.

A influencia continua, esaxerada de estímulos baleiros de contidos, cores e formas, titulares e ofertas, estado de total indefensión para o home que baixa o sombreiro, nunca viu tal exército que ata se mete polos pantalóns e lle vibra en pleno traballo recordando que está sometido.

Pois ben, demos grazas de todo isto.

FOTO

Non vou preguntar se tes perfil em facebook, whatsapp, conta electrónica, email, compraches algún billete de avión online ou calquera outra forma de compartir en linguaxe algorítmica todo tipo de información da túa vida, porque xa o dou por suposto. Agora pregúntate se o volverías a facer.

Pois isto vai diso, lóxico, oxalá continúe desenrolándose, xamais pensamos escribir en tempo real de maneira “gratuita”, en grupos, teus pais! Isto vai diso, coller o tren, ou buscar wifi para comprar o seguinte tren en Renfe App.

Capítulo 30: ARDE O NOROESTE

Orballo volve ás ondas!

O pasado 27 de outubro estreamos a nova temporada do Programa Orballo en Radio Allariz.

Programa do 27 do 10 de 2017 (Para escoitalo podcast preme aaquí)

Neste programa tratamos:

Arde o Noroeste

No Faladoiro analizaremos a vaga de lumes que arrasron Galicia fai unhas semanas, un problema que só é a punta do iceberg da gran crise do futuro de Galicia.

Diario Público
Terra Queimada/ fotog. Faro de Vigo

 

Grupo de Extertos Solynieve

Nesta nova temporada volve a decana das nosas seccións, Micro-cápsulas, nesta ocasión este apartado musical ben dedicada a Grupo de Expertos Solynieve.

grupodeexpertossolynieve-promo1
Grupo Expertos Sol y Nieve/ fotog. IndiRock Magazine

 

Lembrade que podedes seguirnos cada venres ás 16h e 22h en Radio Allariz, no 107.2fm. Non o perdades!