Todas las entradas por ORBALLO

Revista Cultural da cidade de Ourense de contido cultural e social,

MOMENTOS EXTRAORDINARIOS

Autora: Alba Losada García

Fotografía: Cris Armadanzas


De cara ó seu cincuenta aniversario a adega do Ribeiro Viña Costeira presenta un novo proxecto cultural para o vindeiro ano 2018, unha idea que agardan que poida prolongarse coma unha cita anual na que cultura e gastronomía van da man.

Imaxe 1
50 aniversario Viña Costeira/fotog. Cris Armadanzas

Terra de Viño

O Ribeiro é sen dúbida a rexión de Galicia con máis tradición vinícola e cuxos caldos son dos máis afamados da nosa Terra. Durante moito tempo o viño desta terra foi identificado co de maior calidade do país, e incluso dos mellores do mundo. Un sector que trouxo riqueza e progreso económico a toda a terra galaica, e cuxa repercusión chegou incluso o eido cultural, boa mostra diso é a frase dunha das cantigas de Afonso X na que o rei sinala o seu gusto polo “bon viño de Ourense”.

Imaxe 2 (2)
Bodegón de productos da adega/ fotog. Cris Armadanzas

Este 2017 pasará á historia coma un dos anos máis duros para os viticultores por mor da climatoloxía adversa, as xeadas de finais de primavera e o pedrazo de agosto mirrou moito a produción e adiantou a data de comezo da vendima sendo unha das máis temperás, senón a que máis: “unha das colleitas máis difíciles e longas das derradeiras décadas”, dinos os organizadores do evento; “pero tamén unha das máis selectas, cousa que axudou a darlle máis calidade; e de maior maduración da uva, que viuse beneficiada pola falta de choiva e as altas temperaturas”.

Unha Tarde Extraordinaria

A presentación desenvolveuse nas viñas da adega en San Cibrao o 28 de setembro, cunha posta en escena moi especial integrada no espazo dos viñedos. Un ambiente moi cálido tanto polo boa temperatura coma polo agarimo da xente, amenizado pola actuación da artista bilbaína Isabel Fernández Reviriego, máis coñecida coma Aries. A parte gastronómica tivo o seu papel protagonista xa que os convidados puideron desfrutas dos caldos da adega acompañado de xamón cortado por profesionais.

 

O conselleiro delegado de Viña Costeira Andrés Rodríguez Gómez foi o encargado de presentar esta nova andadura cultural que ten coma obxectivo a renovación da propia marca do Ribeiro e o “re-descubrimento”  dun produto tan arraigado na tradición galega coma é o viño, empregando a combinación entre cultura e gastronomía apoiándose no espazo do propio viñedo coma escenario principal: “queremos integrar os eventos que fagamos no espazo da viña”, dinos en Petit Comite Andrés Gómez.

Imaxe 5
Andrés Rodríguez Gómez/ fotog. Cris Armadanzas

Ante a pregunta sobre os futuros eventos nosos anfitrións deixáronnos co doce na boca desvelando só que agárdannos moitas sorpresas que se irán desvelando durante o ano, aínda que algún xa é coñecido coma o da noite da Perseidas. Dende Orballo agardamos que esta nova andadura de Viña Costeira vos deleite con moitos Momentos Extraordinarios, únicos e dunha labor didáctica así como de favorecemento da sensibilidade cara os produtos da nosa terra , sempre de calidade, sempre coa máxima de ampliar as fronteiras do olor e do sabor.

Imaxe 6
Momentos Extraordinarios/fotog. Cris Armadanzas

Para saber máis…

Máis información atoparédela na páxina de Viña Costeira.

PEL MODERNA, MALOS TEMPOS PARA INVESTIR

Moderno, contemporáneo, Atacama, a nada, todo..

A bolsa quebrou e en Cándem

aluguei ese cuarto, 6 meses, ata voltar a despegar.

Iso cría. Así mo contaron.

 

Cantos se amoldaron á moda
pasaron os anos e morreron todos
aqueles trapos gardáronse en museos
frente os “Tesouros de África” e as exposicións temporais,
ninguén se acorda deles e críanse indispensables
os corpos non están, as súas ideas tampouco
o mundo é mais pequeno
sucio e enfermo
gastaron Miles, centos de Miles para crear a súa tribu
todo continúa, agora para que non desapareza
a sociedade permanece
esta adoece
e eles eran, son coma os peixes
todos a unha
sin saber a donde, parecendo non ter un porqué
o planeta non respira
o sistema vístese con defensa nuclear
petróleo, coltán, demasiada fame
as temporadas marcan a cor dos ríos
as máquinas son mais importantes ca ti
pero navegas coma os peixes
e a que peixes te achegas
de verdade,
non te preguntes se queda ben,
que prezo ten ou que hora é,
plántate espida, frente ó espello
ainda que os teus peitos sexan perfectas curvas
ou colguen á altura do abdome
¿Como alguén cree ter influencia no gasto do meu tempo, cartos
persoas, o meu fogar, todo o que me pertenece?
¿Opino menos ca el/a? ¿Valo menos que un maniki? ¿Estou aceptando valer menos que ese
plástico? ¿Por qué olvidas quen eres click tras click, o sabes ben?!
¿Non valo?
¿Deixáranme morrer con dignidade do 2080?

Alex Fidalgo