Archivo de la categoría: Artigos históricos

Un prato que se serve frío

“Naquel tempo aqueles crimes cargados de aleivosía

era para eles motivo de ruín gloria”

Anselmo López Carreira

A historia que vou contar sucedeu no concello de Castrelo de Miño durante a Guerra Civil; bueno chamarlle guerra o que en Galicia sucedeu non é de todo xusto, xa que foi un dos territorios onda o golpe do 18 de xullo do 36 triunfou, polo que máis que un choque bélico entre ámbolos dous bandos foi, máis ben, unha limpeza feita polos golpistas (práctica moi común feita no territorio da retagarda).

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

O ocorrido foi o seguinte: na vella estrada que vai de Castrelo a Ribadavia hai unha vella ponte construída en 1907, que viña a substituir outra medieval en ruínas dende había moito; dita construción hoxe está inutilizada polo novo trazado polo que descorre a estrada. Durante os primeiros meses da contenda fratricida esa ponte foi empregada polos “nacionales” para executar durante a noite aos presos republicanos. Alí remataban os “paseos” e logo guindaban ao río os corpos dos pobres infelices, para que as augas do Miño levaran as probas do abominable crime. Unha noite un reo negándose a deixarse matar agarrouse á beira da ponte para non caer ao frío río, mais un oficial (non sei se militar ou garda civil) colleu unha machada e cortoulle os dedos, o que fixo que o coitado caera ó Miño, tras desaparecer nas negras augas os seus executores dérono por morto. Uns anos máis tarde estaba ese oficial nun bar do barrio do Posío (Ourense) cando un estraño achegouse a el, o home nun primeiro momento non recoñeceu ao recen chegado, mais este presentouse amosándolle os tocos dos dedos amputados, o que pasou despois non se sabe moi ben: uns din que o tolleito só lle deu un golpe ao oficial, outros que o matou no mesmo bar, facendo valer ese vello dito de que a vinganza é un prato que se serve frío.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Esta historia co paso dos anos converteuse en lenda e espallouse a tódolos recunchos das terras ourensás. O certo é que o Ribeiro era zona dunha intensa actividade agrarista naqueles anos, e durante o 36 a comarca foi obxecto dunha dura represión levada a cabo polas autoridades e elites de Ribadavia, moi afíns ao bando golpista. A min esta historia contouma un veciño do meu pobo hai dous anos. A el contáralla seu pai que coñecera ao protagonista, que ó parecer era orixinario do lugar de Macendo, no concello de Castrelo de Miño, do nome do mesmo non se lembraba.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Ata fai pouco iso era todo o que sabía desta historia, pero cando menos o esperaba descubrín novos datos do que acontecera. Resulta que estes días acudimos a dita ponte uns compañeiros de Orballo e eu para quitar unhas fotos para este artigo. Ó volver a casa atopeime cun amigo e comenteille a onde fora, cando rematei de falarlle da nosa viaxe el contoume o seguinte: “Eu traballei nas obras desa ponte, tiñamos que pintala e reformala pero o fulano que nos contratara desapareceu un día e para máis non nos pagou… por iso hoxe inda están pechados cuns ferros os seus accesos, eran por mor da obra e tras nós deixala así quedou ata hoxe”. Pregunteille se sabía o que naquel lugar acontecera na Guerra e el tras sorrir díxome: “Cando estabamos choiando alí había un vello que acudía tódolos días a vernos traballar, el miraba para o lugar pero non nos falaba. Un día cando íamos parar almorzar achegouse e díxonos se podía pasar, nós por suposto deixámolo, e incluso invitámolo ao almorzo; el moi agradecido contounos o negro pasado daquela construción, que alí aforcaban xente ou algo así, non estou seguro. Entre as historias que nos contou estaba tamén a do tipo que lle cortaran os dedos, ao parecer o home foi preso tras vingarse do garda (se foi preso o máis seguro foi que o golpeara e non o matara, xa que a pena sería maior naquel caso). Inda se me poñen os pelos de punta ao lembrar coma o contaba, era coma se aquel home vivira en primeira persoa todo aquelo. A cousa foi que nun momento fixeime nas mans do vello e vin que non tiña dedos”.

David Sabucedo Cardero

Fotografía: David Nóvoa ( https://davidenese.wordpress.com/ )

Para saber máis:

Anselmo López Carreira, O Miño un caudal de historia. Ed. Xerais, Vigo 2014.

Homenaxe a Bemposta

A atmosfera ourensán ardía sobre o asfalto aínda quente do verán e sobre a foresta reflectíase o ton verde da Galicia do interior , os amarelos craros e as casas alumeadas por unha luz abafante pola que camiñábamos meu compañeiro David Nóvoa e máis eu sobre as arterias que compoñen a Cidade dos Muchachos. Lugar silencioso que me transporta a Comala de Pedro Páramo e onde o pasado non vivido deixa paso a imaxinación; onde os cativos circenses revolotean e corren entre as vivendas para adentárense na inmensa carpa capaz de quitarlle o maleficio ao poeta menos inspirado , unha cúpula eixo central e símbolo solemne, esférico dos anos que xa pasaron e da memoria dos que deixaron alí a súa pegada facendo história polo mundo adiante, enviando co seu característico espectáculo circense unha mensaxe rompedora co sistema político asfixiante , unha aventura universal en pleno franquismo que levou o nome de Ourense e Bemposta por todo o globo.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Como sabemos, o contexto histórico de Bemposta enmárcase nunha época especialmente tráxica en canto a recursos e dereitos sociais, os anos cincuenta amosan unhas demoledoras cifras de emigración tanto cara o estranxeiro como cara as grandes cidades da península . O caldo de cultivo é o propenso para a miseria e a desatención a infancia por parte das institucións da cidade, feito este que é salientable para comprender a aparición de Bemposta xa que moitos xoves estarían sometidos a marxinalidade e a exclusión social, sendo a Cidade dos Muchachos unha alternativa a falta dunha rede asistencial e unha dependencia da caridade eclesiástica. Tamén podemos darlle valor a o que pode significar o pai Silva neste transcurso histórico e ofrecer unha visión xusta da influencia e praxe tanto da teoloxía da liberación como da nova pedagoxía no relativo a posición vangardista do párroco na desalentadora época que lle tocou vivir, unha construción que nace a par da destrución económica e política da nosa terra en troques a un avance e oasis de liberdade en pleno franquismo.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

En canto a creación de bemposta, o cine ou a casualidade do cine ten un valor revelador na figura de Jesús Cesar Silva Mendez , o cal coñece o filme “Forxa de Homes” do director Norman Taurog , película na cal Silva coñecerá a metodoloxía do pai Flanagan; home católico que crea unha escola de atención a nenos en perigo de marxinación social e que será pioneira e imitada durante o transcurso de mediados do século XX . O que significou para Silva este filme será logo levado a cabo froito dunha casualidade, cando unha tarde entre tantas nas que Silva percorre Ourense coa súa motocicleta característica, observa a un grupo de rapaces que xogan na cidade, ao notar neles unha inquedanza interior , un desacougo por mudar a súa visión particular do mundo que lles rodea , Silva proporalle crear unha asociación coa fin de mellorar a súa situación. Máis tarde e unha vez rematados os seus estudios eclesiásticos volve a Ourense .

Nesta volta leva cecais a sorpresa da súa vida ao coñecer que precisamente un 15 de setembro de 1956, o grupo de cativos fundara xa unha asociación no cárcere de Barrera, unha organización que chega aos 150 participantes e que logo trasladarase ao Obispado, sendo o propio bispo quen os bota das súas dependencias pola imaxe que quere transmitir e que choca coa súa posición  privilexiada. A falta caridade neste caso do bispo fai que os cativos teñan que trasladarse a casa da nai do xoven Silva . Anos mais tarde coa total implicación do párroco ourensán e logo de recibir unha herdanza e axudado pola súa familia , estes adquiren unha enorme finca en Seixalbo onde xa se instalarán definitivamente. Bemposta nace para quedarse e para ser a segunda escola de circo do mundo logo da escola de circo de Moscú.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía : David Nóvoa
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Agora comezará a expansión internacional do circo de Bemposta que arranca a súa andaina na cidade Condal como a primeira actuación que se produciría o dia 8 de agosto do 1966 , este éxito verase recompensado coa actuación no Gran Palais de París rematando así a súa primeira xira onde tamén destacan as actuacións tanto en Madrid coma en Portugal. Logo os exitosos Muchachos percorrerán Europa actuando en Suiza, Alemaña , Luxeburgo , Austria, Holanda ou Bélxica . Esta é unha etapa brilante para o Circo dos Muchachos, unha posta en escea que convidaba ao espectador a reflexionar sobre a paz e fraternidade mundial, mensaxe revolucionaria para a época na que se realizan os espectáculos e un desafío a autoridade e ao sistema establecido, dada a influencia marxista do pai Silva, que terá mesmo os seus detractores na ditadura de Videla onde os acusan de desafiar o seu réxime no ano 1978. A expansión da súa xira no 1973 xa chegara ao Madison Square Garden en Nova Iork , logo virá a xira por América latina onde tamén comezará a imitación do seu modelo educativo.

Bemposta conta ademáis coa particularidade da autoxestión política, con dous principios claros en canto a vida en comunidade e o dereitos e deberes xa que se propugna no seus estatutos coma unha sociedade sen clases onde a cooperación dos cidadáns no eido do traballo e a producción sexan condicións obrigatorias para unha boa convivencia. Afirmacións que sorprenden na súa similitude co marxismo , ideoloxía da que bebe Silva e que será o eixo do desenrolo e creación da cidade que contaría co seu Banco e moeda propias, Axuntamento de corte asembleario e que completa a súa representación política cunha xunta de goberno para as diferentes cuestións a atinxir. A Escola de Circo era o motor principal da cidade a cal tamén contaba cunha serie de talleres nos que os bemposteños aprendían a construir a súa propia vivenda ou a colleitar a terra coa fin de tratar a educación dun xeito pragmático e activo, cuestións estas que nos aproximan a escola activa promovida por Freinet. O impacto producido pola teoloxía da liberación no pai silva é determinante , esta filosofía cristiana de raíces marxistas e católicas profundiza na necesidade de axudar aos máis desfavorecidos a partir da redistribución da riqueza e da axuda mutua. Leonardo Boff, un dos fundadores da Teoloxía da Liberación afirma; “Hay que pasar de una sociedad de producción de productos materiales a otro tipo de sociedad de sustentación de toda vida, y de producción de valores humanos que puedan ser compartidos por todos, porque la Tierra es de todos. Tenemos que producir para atender a las demandas humanas en sintonía con los ciclos de la naturaleza y con sentido de equidad en la distribución de los beneficios y servicios para todos” Frase que queda totalmente conectada cos principios da Cidade dos Muchachos xa que une o cristianismo e a unha organización cooperativa con voz propia e autogobernada que atalla os problemas que se poidan suceder na comunidade bempostiana.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Tamén no ámbito das escolas novas atopamos similitudes coa educación levada a cabo en Bemposta na escola Barbiana proposta por Lorenzo Millani e na cal os principios básicos son por unha banda a inexistencia de notas cualificativas para os alumnos que polo tanto non suspenden , a promulgación por outra banda coma no caso de Bemposta dunha escola a xornada completa onde se aprenda ademais dos contidos habituais , unha serie de aprendizaxes de carácter práctico que enchan todos os días da semana con actividades de carácter tanto lúdicas coma educativas e de traballo. A finalidade educativa ( entendida finalidade coma obxeto final da escola) é outro dos principios e na cal o traballo se propuña como sinónimo de alegría na que a xente sen recursos económicos puidera ter acceso a escola que formaría parte irrenunciable do seu entorno e idiosincrasia.

Como antes afirmaba, a teoría educativa de Célestin Freinet en canto a forma de tratar a os cativos, tentou tamén ser levada a cabo en Bemposta. A ninguén lle gusta someterse a pensamentos inscritos en rutinas nas que non participa, e é precisamente a participación do cativo na comunidade unha das pautas establecidas tanto pola nova pedagoxía, coma polos principios que propoñía o mesmo Silva: A condición do traballo como algo natural ao neno como necesidade educativa para satisfacer as súas carencias e proporcionarlle a posibilidade de facerse responsable e involucrarse no mundo adulto. Todas estas reflexións dialécticas que poderíamos ampliar con creces e todo o levado a práctica que expliquei para entender a importancia de Bemposta na época tanto a nivel circense como a nivel político e educativo, deron resultados de valor internacional .

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Estes recoñecementos de valor ao traballo levado a cabo por Jesús César Silva foron: A Medalla da Paz da ONU, a Espada Samurai de Xapón, a Medalla dos Amigos do circo en Francia ou a Medalla o mérito en Belas Artes na categoría de Ouro. Ademáis de ser proposto en varias ociasións como candidato a recibir o premio Nobel da Paz por paises como Santo Domingo ou A India.

Pablo Gómez Portas

“Sesenta anos despois da primeira asociación que daría lugar a Cidade dos Muchachos, Bemposta merécese outro futuro nesta época convulsa para a súa supervivencia e dende Orballo ofrecémoslle ós lectores este recordo do que foi a Cidade dos Muchachos . Da história e do ideario dunha sociedade cun lema principal: Os fortes debaixo ,o débil arriba e o neno na cumbre.”

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía extraída da serie » Padre he pecado» de David Nóvoa: https://davidenese.wordpress.com/