Archivo de la categoría: Artigos

Pablo Núñez: «A novela histórica vén de séculos atrás, e veu para quedar moito tempo»

O escritor lucense presenta súa nova obra Juego de Reinas

Autor: David Sabucedo

Fotografía: David Nóvoa


O pasado ano 2017 deixounos o regreso do escritor Pablo Núñez ca súa última novela Juego de Reinas. O autor lucense volve ás súas orixes literarias cunha obra ambientada na antiga Gallaecia e no mundo celta prerromano. Unha viaxe que nos levará dende a Torre de Breogán a Stonehenge, pasando pola verde illa de Irlanda ata as Terras Altas da actual Escocia. O lector seguirá as aventuras de dúas irmás, ás que un destino tráxico separou sendo nenas, cando seu pai, o rei de Erin, é destronado e ten que partir ó exilio, a terras galaicas. Unha delas, Elvia, seguirá ó seu proxenitor mentres que a outra, Wen, permanecerá cativa en poder do destrutor da súa familia. Son tempos de guerra, traizón, paixóns e ámbalas dúas irmás estarán destinadas a atoparse e ser protagonistas dos acontecementos que farán tremer ás nacións celtas.

Acudimos á presentación da obra na cidade de Ourense, no café El Cercano, onde ó remate do acto tivemos ocasión de falar co autor:

David Nóvoa Sequeiros
«Pablo Núñez durante o acto»            fotog.David Nóvoa

Que van atopar os lectores en Juego de Reinas?

Moita aventura. A min coma escritor, e coma lector, gústame moito o xénero que antes coñeciamos coma novela de aventuras. O que lle propoño ós lectores é unha aventura nunha cultura coma é a celta, que ten unha evidente relación con Galicia, Irlanda, Gran Bretaña, a Illa de Man ou parte da Bretaña francesa, o que coñecemos polas nacións celtas. Este vai ser o escenario de Juego de Reinas.

Cales son as fontes das que bebiches para elaborar esta novela?

En Galicia é complicado atopar fontes da época. Temos moitos restos pero moi pouquiña documentación histórica. Si posuímos algo moi rico para un escritor como son as lendas, por poñerche un exemplo rápido, a da Torre de Breogán e a dos fillos e netos deste heroe, que a historia irlandesa conta dende o seu punto de vista, pero cunha coincidencia case absoluta. O que para nós é lenda, en Irlanda é parte da súa historia, coma se reflexa no Libros das Invasións.

«O qué en Galicia é lenda en Irlanda é parte da súa historia»

Para un escritor de novela histórica, a ausencia de fontes escritas sobre o período do que se quere escribir é unha vantaxe ou desvantaxe?

É unha vantaxe porque dáche a liberdade para crear as personaxes e o que ti queres transmitir ó lector, sen ter que circunscribirte a unha data ou un lugar concreto. A diferencia é que non tes os nomes dos lugares ou un relato de feitos acreditados dende hai xeracións, coma ocorre co Imperio Romano ou civilizacións máis recentes. Eu preferiría ter eses datos, e que todos puidésemos coñecer o nome de tódolos castros que hai en Galicia. Poucos nomes dos centos de poboacións castrexas que hai en Galicia chegaron a nós, aínda que xa romanizados, mais non coñecemos quen vivía neses lugares nin a historia das personaxes, a xente real, que os habitaba.

David Nóvoa Sequeiros
«O autor presenta Juego de Reinas» fotog. David Nóvoa

 

Antes de publicar Juego de Reinas estiveches a piques de “tiralas armas ó río”, é dicir, de deixalo mundo da escritura. Que ocorreu?

Foi por mor da realidade que temos agora mesmo, tanto no mundo literario coma nos outros aspectos da vida. Nos últimos dez anos cambiaron moitas cousas no eido editorial, moitos libreiros, editoriais e imprentas tiveron que pechar e as oportunidades para un escritor son menos. Foime difícil, a diferencia das outras dúas novelas, atopar quen levase a cabo esta publicación. Ese cúmulo de circunstancias foi alargando o tempo de escritura  e desanimándome. Cando antes sen rematala novela era relativamente doado atopar algún interesado en publicala (frutifícase despois o interese ou non), agora as posibilidades son moi reducidas. Moitos escritores tiveron que facer o que eu case fago, abandonar e “tiralas armas ó río”.

Cales son os teus referentes coma escritor?

Coma dixen antes moitos escritores de novela de aventura: Jules Verne, Emilio Salgari, Dafoe, Alexander Dumas, etc. Moitos nenos da miña xeración medraron cas obras destes autores, que penso que son universais e seguen estando de moda. Tamén me gusta o thriller, leo ensaio, poesía, neste eido tamén teño feito algo. Quizais os que máis me influíron e me levaron a escribir foron os autores de novela de aventura da miña nenez.

En 2006 quedaches entre os dez finalistas do Premio Planeta ca túa primeira novela Las Hijas del César, obra que tivo gran acollida e que xa vai polas seis edicións. Como foi para un escritor novel acadar este éxito?

A novela foi finalista en 2006 e foi publicada en 2008. Non puiden gañar, pero dende logo chegar a esa final ábreche moitas portas. O meu nome empeza a ser coñecido no mundo literario (xa que non empreguei pseudónimo), o nome de alguén que non escribira nunca. Entras nun mundo que para min era descoñecido. Significou todo, xa que me abriu camiño nas editoriais (xa intentara presentar a novela antes e non o conseguira); coñeces a figura dos axentes literarios, que me era descoñecida; tes contacto con outros escritores e  a través disto xorden as primeiras entrevistas, e os mesmos xornalistas poñíante en contacto con outros autores. Axudoume a coñecer e comezar un oficio que eu só coñecía dende o punto do lector. Como é ser escritor.

Nestes tempos pódese vivir da escritura?

É moi complicado pero pódese, de feito hai exemplos. Como dicía antes, nestes anos diminuíu o número de escritores e tamén o número deles que poden dedicarse en exclusiva a elo, pero en España hainos e son coñecidos por todos. En Galicia temos un bo exemplo en Manel Loureiro (que ademais é amigo). El era avogado e exercía como tal, pero abandonou a súa carreira para dedicarse a literatura coma profesión. Pódese vivir dela pero as posibilidades redúcense porque a competencia, aínda que menos, é moito máis feroz.

David Nóvoa Sequeiros
«Sinatura de exemplares a fin do acto» fotog. David Nóvoa

Nos últimos anos vemos que a ficción, xa sexa na literatura ou no audiovisual, vive moito de burbullas temáticas. Existe unha burbulla ca novela histórica?

Non, a histórica leva xa moitísimos anos, é un xénero que vén desde hai séculos e veu para quedar moito tempo.  Vemos que o seu reflexo no mundo audiovisual está atraendo moito, temos series de televisión coma Vikingos, The Last Kingdom ou Roma fai unha década; fanse secuelas de clásicos coma Ben Ur ou Yo Claudio, todas elas baséanse en novelas que se poden considerar novela histórica.

Tamén fas poesía, e tes gañado algún premio neste eido literario. Que che gusta máis escribir novela ou poesía? E cal dos dous é máis complicado?

Para min complicados son os dous. O que trato de transmitir é o que me gusta ler, o que me gusta ler é o que me gusta escribir. A poesía para min é máis íntimo e persoal, escríboa en galego, gústame moito, pero de momento máis coma lector. A poesía é máis un amor e a novela un gusto. Eu respecto moito o traballo do poeta, que ás veces é moi pouco recoñecido. Son escritores que loitan contra unha competencia editorial moi dura e o que transmiten é algo dunha gran fermosura. Merece moito a pena coñecer a poesía dende as primeiras lecturas da nenez.

«Para min a poesía é máis un amor e a novela é un gusto»

Para rematar, estas traballando xa na próxima novela?

Ando inmerso na promoción de Juego de Reinas, pero hai que traballar xa no seguinte. Esta última vez estiven a piques de renderme porque pasou demasiado tempo, e agora atopei tódalas pezas para estar motivado: un editor que aposta por min, lectores que a pesar do tempo aínda se lembran de ti, valoran o que fas e recoñecen que vas dando pasiños cara adiante, escoitando sempre as críticas xa sexa favorables ou desfavorables. Agora estou traballando en varios proxectos e centrado nun especialmente. Esta parte celta que agora volveu outra vez a miña escritura e que gustou ó lector e á crítica, vai ter importancia nas obras futuras.

Para saber máis:

Pablo Núnez (web oficial)

American Autumn – Son Estrella Galicia

Outono americano dende o Café & Pop Torgal

Autor: Martiño V. Pavón

Fotografía: Cris Armadanzas


Como cada ano dende fai case una década, Ourense acolle una nova edición do American Autumn, unha viaxe musical dende a terra da chispa ata as entrañas da música alternativa norteamericana. Nos últimos anos, ademais de na cidade das Burgas, o ciclo exportouse ás cidades de Madrid e Coimbra (Portugal), onde tamén está a ser un éxito.

Polo American Autum teñen pasado artistas como Lady Lamb , Mark Olson, Laura Gibson ou Mac McCaughan, entre outros. Nesta edición xa pasaron por Ourense Molly Burch, Dorian Wood ou Mark Eitzel, e aínda visitarán a cidade Los Hijos de la Montaña, que actuarán o próximo mércores 29 de novembro, as 20.00 horas no Café & Pop Torgal. Ademais dalgunha que outra sorpresa.

Falamos con David Pedrouzo (Ourense, 1978), dono do Café & Pop Torgal, director do ciclo e un dos “culpables”, dende o inicio, do American Autumn, xa convertido nun referente dentro da oferta cultural anual da cidade.

_MG_9555
Fotog. Cris Armadanzas

Reunímonos con David no número 20 da rúa Celso Emilio Ferreiro, en Ourense, onde se encontra o Café & Pop Torgal, espazo que viu nacer o American Autumn. Baixamos as empinadas escaleiras que dan entrada ao pequeno local. O chan é de madeira e o papel pintado enche as paredes, sofás de extravagantes cores, televisores antigos, revistas culturais e musicais enriba dunha mesa, e como non, de fondo, moi baixiño, ouve-se música dalgún cantor americano ao que non coñecemos. O local está calmo, alí atopámonos a David que cun sorriso, saúdanos e sérvenos un café. Momentos despois séntase connosco nunha cadeira para dar comezo á entrevista.

Para que non coñeza o ciclo, que é o American Autumn?

D.P. Es un ciclo de conciertos basado en la música norteamericana, canadiense, estadounidense… Ahora hemos abierto un poco la mano a grupos mexicanos. Es un ciclo dedicado a la música americana alternativa. Empezó en Ourense hace 9 años, y luego después de cuatro ediciones con la ayuda de Son Estrella Galicia se exportó también a Madrid y desde hace dos años también en Coímbra. Se basa en la música americana y en buscar espacios, salas, teatros, cafés, sitios que tengan algo, sobre todo que tengan personalidad, que sumen, que no solo se grabe el concierto, si no que el espacio también sea protagonista.

Como é que xurdiu a iniciativa e despois a posibilidade de colaborar con Son Estrella Galicia?

D.P. Nacer, nació de casualidad. Fue hace 9 años, nos dimos cuenta de que en la programación de otoño teníamos muchos músicos americanos; y la música americana es algo que siempre nos gustó en todas sus facetas, desde la cosa más alternativa a la cosa más clásica. Más que la música americana como tal, el artista americano. Decidimos darle forma a eso, entendíamos (que esto) pasaba por algo, y decidimos darle forma ese año, para ver pasaba. Funcionó muy bien, al año siguiente nos volvimos a animar y ya buscamos nosotros a los artistas.

D.P. El Torgal, que es dónde nace, no deja de ser un sitio pequeño, en dónde nos encontramos que artistas normalmente tocaban en Madrid, Barcelona, Bilbao… o si venían a Galicia venían a espacios un poco más grandes, y de repente los teníamos aquí. Eso daba al concierto un rollo exclusivo, un rollo especial, y al final lo que le dio visibilidad al ciclo fue un poco el artista. Son Estrella Galicia se había fijado en el Torgal antes, y bueno empezamos a colaborar. Ellos entraron, y de su mano todo fue más sencillo. En ese momento llegó la oportunidad de ir a Madrid. Madrid lo que nos daba era un motor sobre todo económico, y la facilidad de acceder a un tipo de artista y un tipo de evento que aquí era prácticamente imposible. Empezamos en Madrid un poco con pies de plomo, todo muy atado, pero funcionó muy bien. Los espacios con los que trabaja Son Estrella Galicia nos daba lo que nosotros queríamos… el Teatro Lara, el Teatro del Arte y la Sala Sol, que son espacios con mucha personalidad, muy especiales. ¡Y joder!, fue creciendo, y al final se va conociendo. Esto, como todo en la vida, es hablar todo el rato y se consolidó después de 5 o 6 años que ya lleva allí, se consolidó. Y bueno está mal que yo lo diga, porque al final es mi ciclo, pero yo creo que actualmente está jugando en una liga que hace cinco años no nos podíamos ni imaginar.

D.P. Después, llegó lo de Coimbra. Nosotros queríamos ir a Portugal, conocimos a un agente en Coimbra, una asociación cultural que trabaja muy bien, que iba un poco en la línea artística que nosotros queríamos para el ciclo, y que estaba en el punto del principio, como empezamos nosotros en el Torgal. Allí no nos conocen, al púbico hay que agitarlo, y bueno acabamos de empezar, es el segundo año. El año pasado funcionó bien, esté año también va bien. Y bueno… ¡A ver qué pasa!

_MG_9553
Fotog. Cris Armadanzas

 

Entón, o Café & Pop Torgal, non é só un espazo colaborador onde hai concertos, se non que estades totalmente implicados en todo o proceso de organización do American Autumn, xa sexa en Ourense, Madrid ou Coimbra.

D.P. Sí, sí…  el ciclo, lo llevamos todo nosotros, lo hacemos todo nosotros; nosotros hacemos todas las producciones, nos implicamos, nosotros hacemos la búsqueda de artistas, la contratación, todo. El American nace en el Torgal, y el Torgal siempre será la cuna. Aquí siempre se hará, y buscaremos siempre que aquí sean citas especiales, esto al final ha crecido, pero sí que somos nosotros, al final el Torgal está detrás de todo.

D.P.  Yo creo, que el Torgal, más que lo que es físicamente un local, un café cultural donde hacemos cosas, lo hemos convertido en una pequeña imagen de marca, y con ella vamos haciendo cosas, no solo el American. Voces Femeninas también. Hacemos un montón de cosas.

 

Que cres que supón o American Autumn, e as demais actividades e concertos do Café & Pop Torgal para a oferta cultural da cidade?

D.P. Bueno, yo que sé.  No sé, siempre me hacen esa pregunta, y siempre digo que lo único que intentamos hacer, es ofrecer los conciertos a los que a nosotros nos gustaría ir si alguien los hiciese en la ciudad, y así es un poco como nació todo. Sí que es cierto que después de tantos años y de evolucionar, hay una parte que se te escapa, que es una parte más empresarial, ya que al final acabas también programando cosas de calidad y que crees que son interesantes, pero a las que a lo mejor tu tampoco irías. Sabemos que esto es lo que es, que al final hay que programar cosas para el público porque el público las demanda, y no solo pensando en uno mismo. Creo que aportaba más hace unos años, la ciudad ahora tiene un montón de cosas, ahora hay un montón de propuestas, hay un montón de asociaciones, hay un montón de salas, de gente haciendo cosas, que además a nosotros nos parecen la hostia, cosas muy novedosas.

_MG_9551
Fotog. Cris Armadanzas

Mais o American Autumn ao levar xa varios anos de percorrido, converteuse nunha especie de referente de calidade dentro da variedade cultural ofertada pola cidade.

D.P. Yo siempre digo que la palabra referente es un arma de doble filo, porque bueno, para mí los referente son otros, no nosotros, para mí los referentes son otras cosas. ¿Qué me digan que es un referente el American en el Torgal? Bueno, no …es lo que es, para mí, referentes son otros. Yo siempre digo que nuestro éxito, que el éxito del American, del ciclo, es haber conseguido eso, es haber sabido obtener un perfil de prescriptor, quiero decir, el hecho de que la gente venga a ciegas a ver conciertos del American, ese es el éxito. Que una persona venga a ver una banda solo por qué la haces tú, solo porque lo hace el American, o solo porque toque en el Torgal. Ese es el éxito, más allá de que venga más o menos gente, o vendas más o menos entradas. Referentes son otros, prescriptores, quizás, puede que lo hayamos conseguido, yo creo que sí, sobre todo con American. Con el Torgal es más difícil, porque es un espacio, donde ya se programan muchas cosas diferentes y que a veces son cosas muy conocidas. Si se te pasa por delante hacer a Xoel López, no puedes decir que no, haces dos fechas, y lo montas, lo disfrutas, a la gente le gustará más menos, pero bueno con eso no eres prescriptor de nada. Hay un montón de gente que también lo ha hecho, la gente va al cine y tampoco conoce las películas. El Cineclub Padre Feijoo pone una programación y la gente va, y no conoce al productor etc.

Mais iso ocorre porque tamén se asocia á calidade que fostes construíndo co paso do tempo.

D.P. A la calidad y al trabajo. Aunque a veces nos parezca que la gente no premia… y los promotores y los gestores culturales, los hosteleros, tendemos a quejarnos del no reconocimiento. Pero en realidad no es cierto, el reconocimiento está cuando la gente va, cuando la gente compra las entradas, cuando la gente va un concierto, ahí está el reconocimiento, eso es que se están fiando de ti. Parece que todo el mundo tiene que venir y decirte ¡Joder tío, que bien lo haces!  Eso al final es paja, lo que cuenta es lo otro, es ver a la gente. Yo he hecho cosas que he llenado y dices ¡Ostias! Es lo que te decía, yo creo que es la marca, creo que hemos trabajado mucho y muy duro para poder crear una marca, más allá de que luego haya temporadas mejores o peores, vendas más entradas o menos, o en el bar allá más gente o menos gente, porque al final, la ciudad en la que estamos es un poco jodida para eso. Hay oleadas, hay temporadas en las que curra mejor un tipo de eventos, temporadas que curra más un bar, temporadas que curra más otro.

 

Podes falarnos un pouco dos artistas que teñen actuado e actuarán nesta edición do American Autumn. Que é o que podemos agardar do ciclo deste ano?

_MG_9544
Fotog, Cris Armadanzas

D.P. Bueno, la edición de este año es la más rara, porque hay mucha diferencia entre los artistas, son todos muy diferentes, los formatos son muy diferentes, hacemos conciertos en el auditorio también este año. El American sale del Torgal en la ciudad.

 D.P. Molly Burch (22 de setembro no Café &Pop Torgal) es una formación clásica de jazz, una chica que acaba de sacar un disco con Captured Tracks (casa de discos de artistas como Mac Demarco, Beach Fossils ou Mourn) Llenamos, fue un concierto mejor de lo que esperamos, en los dos ámbitos, artísticamente y en público.

D.P. Will Johnsons (12 de outubro no Café & Pop Torgal) es muy conocido, es un tío que ha tocado a Madrid varias veces en ciclos anteriores, es folk americano puro y duro, es lo más cercano a lo que era en principio el American, ese rollo de guitarra de cantautor americano, es el único que vamos a hacer este año en ese formato de solo-show.

D.P. Mark Eitzel (30 de outubro no Auditorio Municipal de Ourense), es el líder de American Music Club, viene con banda. Es otro clásico de la americana como tal.

D.P. Dorian Wood (5 de Novembro no Auditorio Municipal de Ourense) es un tío que ha nacido en Los Angeles, es mitad de Costa Rica, mitad norteamericano, viene del arte, del arte contemporáneo, ya que además de ser artista, ilustrador y escultor, es cantante, tiene un proyecto que es brutal. Es como una mezcla rara entre Nick Cave y Violeta Parra. Sobre el escenario es un torbellino, además es un tío muy grande, canta en castellano e inglés, y viene con una formación de piano, contrabajo, batería… Es lo más arriesgado junto con Swans. (Swans actuaron o 7 de outubro na Sala Capitol en Santiago de Compostela, sendo este o primeiro é único concerto do American Autumn na capital galega, até o momento).

D.P. Y después vienen los Hijos de la Montaña (29 de novembro no Café & Pop Torgal) que hacen ni más ni menos que cumbias, es un proyecto de Luz Mendoza, y Sergio Mendoza. Sergio Mendoza es el líder de una banda que se llama Orquesta Mendoza, que hacen un rollo como Tex Mex, él gira con Calexico también.  Luz Mendoza tiene otra banda que se llama Y La Bamba, que hacen también una especie de mezcla de música latinoamericana, con sonidos americanos puros. Hacen una especie de cumbia Tex Mex, una cosa un poco rara dónde la base es la cumbia. Los dos viven en Portland, por eso de repente tiene sentido que formen parte de este ciclo. Los dos nacieron en México, se mudan a Portland y montan sus bandas, y ahora se juntan y hacen esto. Es la primera vez en American que hay sonidos latinoamericanos.

E ademais disto (que non é pouco), Podemos agardar algunha sorpresa máis?

D.P. Nos queda aún en Ourense por anunciar el que será un poco el que cierre el ciclo en el Teatro Principal, pero lo vamos a hacer, como hicimos el año pasado con Cass McCombs. Lo vamos a hacer en invierno, y será en principio en enero o febrero, pero lo anunciaremos antes de navidad.