Archivo de la categoría: Poesía

Un poeta é aquel que albisca máis alá do seu crepúsculo e contempla as miúdas pingueiras de átomos solemnes que mudan a dor do contemplativo, a poesía é un refuxio para o antihéroe que entende o mundo mellor que ninguén máis non enturbia as augas para que parezan máis profundas. A algúns póñenselle os pelos de punta no solpor, outros, gardan o vacío existencial no seu corpo e mudan de pel se é necesario.
O poeta recita para sí mesmo a melodía da contracultura neste século que pide a berros unha transformación prudente. El naceu para ser destiño, para debuxalo, para ser o sinxelo interlocutor entre o ego e os atributos estoicos. O poeta non teme ser incomprendido, non pretende o rapsoda actual rimar en estructura metódica se non danzar arredor das palabras e erguer a testa ante a morte, sen medo, sabendo que non significa nada. A contracultura naceu para debuxar nas marxes das libretas, romper as estructuras do arte e elevar a calquera mortal a unha inspiración catártica xa sexa a partir de Rimbaud ou de Kiko Neves.

Pablo Gómez Portas

Take me out

Autor: Manuel Jorge Maside Salgado

Fotografía: David Nóvoa Sequeiros



De nome impronunciable
Que sei eu
Un cheiro á bravío, una cor coma o solpor máis belo
E os ollos
Que ollos
Inxectados en sangue, máis escuros
Coma a pel do carballo

Así era o amor, penso eu
Que xamáis quixen ferilo
Que ninguén veume nunca
Navegar sobre el
Pero sonoramente estreleime
Un violín non deixa de soar en min
E as verbas?
As verbas sobran
Este poema sobra
Os meus ollos rabúñanlle ao ceo
Pola perna rube un sentir vermello
E xa nada semella o que era antes

Tardei o infindo en entender as miñas verbas
Afogado no cotío
E saír a procurarte
Sempre será unha lembranza
Que tatexo en soños

 

 

Burbullas de sentimento

Calma, colle aire, sopra,

polo que queres, loita

polo que máis queiras, sopra,

non deixes que se rompan.

Mantén as burbullas voando, tolas.

Sopra, todo o aire, fóra dos pulmóns,

que se caen, colapsa o corazón,

québrase a alma, outra vez,

e  nós deixamos de ser

nexo común do verbo querer.

 

– “Mais, miña meniña, ¿non o ves?

Arritmias descontroladas,

bágoas derramadas na almofada,

pola morte das bolboretas, envelenadas,

polas súas voltas na cama,

polas súas falas aloucadas,

nas que te chama amor, sen cho facer.

Insidioso proverbio o do seu later,

que con data de caducidade,

na túa desexada eternidade,

faite escoller entre a fin e morrer.”

 

Claras burbullas de sentimentos,

¿Non escoitas os seus berros?

pouco a pouco, caendo,

deixándose enterrar no chan

buscando, esperando as túas mans

para poder volver, e voar,

e romperse en mil pedazos polo vento,

que nos cubran enteiros,

que nos devolvan  o “nós” verdadeiro.

 

-E… si,  vexo.

Folga da enrabechada paixón,

que morre de fame de ti,

culpándome a min,

de non ter un fogar digno no teu peito

de perder os seus dereitos sobre  teus beizos

 

E si… véxome, reflectida no  teu espello,

e non quero,.

Verme en ti é ser cero,

é ser obsoleto, antigo pasatempo,

é ser outra máis, morrer polo medo,

de ser eu a muller da que escapas sen tento.

 

Calma, colle aire, sopra,

burbullas de illamento,

sentimentos caendo.

Sente o poder da cólera,

dos “Quérotes”  engaiolados,

sen o seu significado.

Coitelo en man, “Nós” agonizando,

levanto o puño, movemento ríxido,

 

Pola nosa liberdade, polo noso futuro,

repitamos xuntos: “Fin do espectáculo”.

 

Autora: Uxía Rodríguez Negreira

Ilustración: Laura López López

unnamed