Archivo de la categoría: Poesía

Un poeta é aquel que albisca máis alá do seu crepúsculo e contempla as miúdas pingueiras de átomos solemnes que mudan a dor do contemplativo, a poesía é un refuxio para o antihéroe que entende o mundo mellor que ninguén máis non enturbia as augas para que parezan máis profundas. A algúns póñenselle os pelos de punta no solpor, outros, gardan o vacío existencial no seu corpo e mudan de pel se é necesario.
O poeta recita para sí mesmo a melodía da contracultura neste século que pide a berros unha transformación prudente. El naceu para ser destiño, para debuxalo, para ser o sinxelo interlocutor entre o ego e os atributos estoicos. O poeta non teme ser incomprendido, non pretende o rapsoda actual rimar en estructura metódica se non danzar arredor das palabras e erguer a testa ante a morte, sen medo, sabendo que non significa nada. A contracultura naceu para debuxar nas marxes das libretas, romper as estructuras do arte e elevar a calquera mortal a unha inspiración catártica xa sexa a partir de Rimbaud ou de Kiko Neves.

Pablo Gómez Portas

Agora debuxo todo o que xa non podo chorar

Agora debuxo todo o que xa non podo chorar

Unha parte de min marchou contigo.

Matástesme, pero sigo en pé.

Afogástesme o corazón, pero sigo en pé.

Esquecíchesme, pero sigo en pé.

 

Agora son un alma morta, oxidada e esquecida,

pero a pesares de todo, sigo en pé coma si nada;

a pesares de que xa nada, inspírasme para todo;

a pesares de non chorar nada, debuxo todo o que non choro.

 

Son unha sobrevivinte dos teus nadas,

un náufrago que flota sobre os debuxos que non quero chorar.

Autora: Antía Alberte

2
Ilustración de Antía Alberte

Para saber máis:

https://lachicadelapisa.blogspot.com.es/

Darling bolboreta

Cría na escuridade absurda

que che empapela ata as feridas heroicas,

que nunca cicatrizaron.

Cría na sorte que predicaban pitonisas

moi mal pagadas.

Cría na intelixencia da política,

dos artistas,

e sobretodo,

cría na dos maxistrados.

Pero un día,

sen ser domingo nin luns,

para variar,

decidín deixar de crer na utopía.

Pensei na luz

e saiume claro-oscuro.

Pensei na farsa

e rexeitei a intelixencia astutamente honrada.

Confiei en que o problema

era eu e non o mundo.

E chorando,

saiume rir tanto

que afogaba no delirio

dunha frustante teoría mal formulada.

Non entendo.

Será que a loucura estaba entrando en min,

na miña casa,

tornada en cheiro insán?

E desmaieime.

Que tortura o non saber!

Pero que alegría

saber que inda non sei.

Cuestioneime se realmente existía a fantasía,

zozobrei aventuras de xitanas bonitas

que non sabían nadar,

torturei melodías,

e pequei co mundo no que estaba.

A curiosidade ante o cambio

é como a hedra do edificio pouco adornado,

compleméntanse.

Rétame a osadía dos foráneos

que se cren donos da terra.

Gústame o arte tanto como a mel.

Susurreille a un golfiño

que me mareaba o conflicto,

e sen querer,

asusteino.

Se quero,

podo aparentar que non sei respirar butano

ou que se me rompeu un ril.

Non creo no amor eterno,

mais cando vivía en utopía,

sí sabía namorar(me).

Eu,

chámome aventura,

e ela,

desafiuzoume por aduladora.

Autora: Tamila Alem González

Fotografía: Andrés Baltar Regueira

Para saber máis:

darlingbolboretas.blogspot.com.es (blog da poetisa Tamila Alem)

Tamila Alem González, Darling bolboreta (Libro que podedes adquirir no café cultural El Pueblo, en Ourense).