Archivo de la categoría: Poesía

Un poeta é aquel que albisca máis alá do seu crepúsculo e contempla as miúdas pingueiras de átomos solemnes que mudan a dor do contemplativo, a poesía é un refuxio para o antihéroe que entende o mundo mellor que ninguén máis non enturbia as augas para que parezan máis profundas. A algúns póñenselle os pelos de punta no solpor, outros, gardan o vacío existencial no seu corpo e mudan de pel se é necesario.
O poeta recita para sí mesmo a melodía da contracultura neste século que pide a berros unha transformación prudente. El naceu para ser destiño, para debuxalo, para ser o sinxelo interlocutor entre o ego e os atributos estoicos. O poeta non teme ser incomprendido, non pretende o rapsoda actual rimar en estructura metódica se non danzar arredor das palabras e erguer a testa ante a morte, sen medo, sabendo que non significa nada. A contracultura naceu para debuxar nas marxes das libretas, romper as estructuras do arte e elevar a calquera mortal a unha inspiración catártica xa sexa a partir de Rimbaud ou de Kiko Neves.

Pablo Gómez Portas

Segundo Edicto de Manuel J. Maside

Era doutro tempo
Fíxose estatua de sal para non sufrir
Degolado
Fume espeso

Tantos pasos sen camiñar
A tolemia doutro tempo
Fica escuro
Sangra
Deitado na área cavila
Dun xeito ceremonioso e marabilloso

Albisca a noite no peito
Fuga e danza/baleiro
Era un home intelixente
Fuxíu coma fuxen os ratos
Dulcemente/cun sorriso

Quedan os adoutrinamentos
Queda a sensación de vómito
Ardendo
Coma arden as follas dos libros
Déixao todo
Está a bulir

Edicto doutro tempo

Manuel J. Maside


Dicían ter a palabra con sosego

baixo as plumas das ás que levaban como adorno,

que usaban pra fuxir e voltar

cando todo volvía estar quedo

usurpaban os ceos e maldicían no nome de deus,

eles eran lei e xulgaban canto querían,

só os seus estaban a salvo

dicían ter as verbas consigo,

máis xamáis voltaron,

pra a nosa ledicia,

desa expedición que os levou a unha irrealidade funesta,

negra coma chumbo deberon atopar o seu inferno,

devezo porque fora así

porque na noite hai agora un lume que quece,

alumea e non se apaga,

un lume que arrecende a bendición

todo tempo ha de pasar entre os nosos dedos.