Fai unhas semanas o mundo enteiro escadalizávase ca poxa na que se vende o cadro de Da Vinci, Salvator Mundi, polo arrepiante cifra de 450 millóns de dólares, marcando o record da obra de arte máis cara da historia. No faladoiro especial deste programa faremos un repaso pola historia da arte, en tódolos seus eidos, vendo coma foi a súa evolución dende aquelas pinturas rupestres ata hoxe, tentando responder a pregunta de que futuro ten, e que nos agarda nese tempo vindeiro…
Lembra que podes seguilo programa en directo tódolos venres ás 16h e 22h no 107.2Fm ou na web de Radio Allariz. Non o perdades!
Neste programa especial, no faladoiro, viaxaremos ó continente africano, concretamente ó Golfo de Guinea, na África ecuatorial, a un pequeno país desa rexión moi vencellado a España pola súa historia e cultura: Guinea Ecuatorial. Nesta odisea acompañaranos coma guía o mestre Luis Escudero, colaborador de organizacións que loitan pola salvagarda dos dereitos humanos en Guinea e un «gran amigo das súas xentes», coma el se define. Nas derradeiras semanas Luis está loitando pola liberación do preso político Ramón Esono.
Tutu Alicante (esquerda) e Luis Escudero (dereita)/fotog. Miguel Villar.
O debuxante e activista opositor ecuatoguineano Ramón Esono Ebalé foi detido o sádabo 16 de setembro en Malabo, capital de Guinea Ecuatorial. Acusado falsamente de branqueo de capitais e falsificación de diñeiro foi encadeado na terrorífica prisión de Black Beach. O verdadeiro motivo da detención do ilustrador foi a realización da novela gráfica La Pesadilla de Obi, obra na que é moi crítico co dictador guineano Teodoro Obiang, que leva no poder 40 anos.
Ramón Esono Ebalé
Lembrade que podedes seguir en directo o programa tódolos venres as 16h e 22h en Radio Allariz no 107.2Fm. Non o perdades!
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.