Escribín estas frases na festividade de Santa Prisca e San Volusiano:
Si es dos que opinan que Rajoy, presidente do goberno, é medio parvo; non nós obrigues a xulgarte a ti que non te chaman nin para completar a lista de suplentes nas eleccións do túa poboación.
Son moitos os que entraron en crise logo de entrar na Champions League. Sirvan de exemplo o Leicester de Ranieri, o Celta de Lotina ou a España de Zapatero.
Mañá, por quincuaxésimo oitavo día consecutivo, Susanna Griso debaterá longo e tendido sobre o ruín e miserable que resulta valerse dunha menor de idade, enferma e con discapacidade intelectual para conseguir beneficio económico.
Durante a Guerra Civil a moitos dos nosos avós sacáronos das súas casas para abandonalos en cunetas. Por sorte iso xa non sucede, a sociedade avanzou e agora sacámolos das súas casas para abandonalos en residencias.
Recorda que cada vez que empregas bolsas de plástico de 5 ou 10 céntimospara cargar coa compra estás contribuíndo a salvar o planeta, non coma antes cando utilizabas aquelas contaminantes bolsas de plástico gratuítas.
O que esté libre de pecado que enseñe o seu historial de búsquedas por Internet.
Agardo que algún ano, tras o sorteo de Nadal, os periodistas salgan na búsqueda dos verdadeiros protagonistas do día, para facerlle a seguinte pregunta: ¿Que se sinte logo de gastar en lotería o teu soldo, os cartos da extra de Nadal, dos regalos dos nenos e a pensión da sogra, e comprobar que non che tocou nin un triste reintegro?
Os que tan duramente criticastes ó ex-ministro de cultura José Ignacio Wert, parece que sodes de memoria fráxil e obviades que a sua predecesora no cargo foi a guionista dunha das obras culmen do cine patrio como «Mentiras y gordas».
Que pena da ver a xente tan nova, con tanta vida por diante, a rapaces que podían chegar a ser adultos espabilados , escoitando reguetón.
Por moi ateo ou agnóstico que te consideres, por máis que intentes evitalo, por máis que negues escoitar a sua voz, por máis lonxe que te queiras esconder da sua presencia… onde queiras que estes, radio María seguirá tendo cobertura.
Autor: Tomás Fraiz Velázquez
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.