Capítulo 19: A figura do cantautor na actualidade.

noUnha semana máis xa está aquí un novo Podcast do Programa Orballo. Este capítulo ven cargadiño de temas:

Programa Orballo 19 (para escoitar podcast preme aquí)

Entrevistas á cantautora galega M.J. Pérez que nos falará da súa traxectoria no eido musical; e a Javier López de Guereña cantante, compositor e guitarrista do gran Javier Krahe.

Faladoiro: «A figura do Cantautor», como mudou ó longo do tempo o traballo destes músicos? Que ten máis relevancia a música ou o texto? A estas e moitas outras cuestións tentaremos darlle resposta cos nosos colaboradores.

Doña Melitona: «Joaquín Sabina». A nosa tradiconal sección musical hoxe dedicada a este artista que estivo o pasado 12 de febreiro de aniversario.

joaquin-sabina
Joaquín Sabina

Lembrade que podedes sintonizalo no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz cada venres de 16:30 a 18h. Non o perdades!

Ca vida, mamá, estoume rindo ca vida

E aquel día, sen agardalo, sen pensalo, sentino. Nunca antes probara sabor máis fermoso e alucinante. Nin sequera a pizza o superaba.

Sabía a satisfacción, a bágoas, a medos, á máis profunda escuridade. A rímel corrido, a rizos, a alcohol, moito alcohol, a vómito, a resaca de domingo, e de venres, e de semanas eternas.

Sabía a alma, a asfalto mollado observando o temporal no faro de Corrubedo, a amenceres na praia, ás fogueiras de san Xoán. A abrazos, ás follas que pisas no outono. Sabía a un libro novo, a zapatillas de goma, sabía ao mellor orgasmo, e á peor decepción. Sabía a mar bravo, a gracias, ás máis sinceras gracias… joder, sabía a felicidade!

Cando o saboreei pechei os ollos e deixei que as miñas emocións me invadiran: comecei a brincar, e a rir chorando, e a chorar rindo. Estremecinme, mireime no espello, abraceime, ameime, botei a gritar coma cando Marcos me facía cóxegas… e entón miña nai petou na porta dicindo:

-Antía, pero con quen te estas rindo?!

-Ca vida, mamá, estoume rindo ca vida. -e todo cobrou sentido. Gracias, vida, encantada de coñecerte.

4

 

Autora: Antía Alberte

Para saber máis:

https://lachicadelapisa.blogspot.com.es/