Xornada redonda para o Auriense F.G Campus da Auga

Vitoria dos equipos feminino e masculino en Vigo e Ourense.

Baixo o radiante sol que nos acompañou onte en toda Galicia, os equipos de Fútbol Gaélico da cidade tamén brillaron sobre o campo, tanto as rapazas á mañá en Vigo, coma os rapaces pola tarde na casa.

Auriense F.G feminino

O primeiro encontro de onte desputábano as rapazas máis ben cedo, ao fío das 10:00 da mañá no Campo Federativo de Coia. O equipo feminino do Auriense logrou o desquite contra o Keltoi. Un partido axustado que rematou con 10 puntos (1-7) para o equipo olívico, fronte aos 16 puntos (0-16) que acadaron as rapazas do Auriense F.G.

Estes son os resultados dos dous encontros da xornada

Auriense F.G masculino

Pola súa banda os rapaces xogábanse as súas opcións na liga contra o Estrela Gaels de Santiago de Compostela, mais non defraudaron e demostraron que pretenden loitar ata as últimas polo título de campións. O Auriense F.G abriu o marcador e tras acadar con rapidez a vantaxe sobre o Estrela Gaels, sentenciaba a súa distanza durante a segunda metade. O encontro rematou con 42 puntos (10-12) para o equipo local e 14 puntos (2-8) para os de Santiago.

Resto de resultados da xornada

Clasificación da liga galega

Clasificación Liga Galega de Fútbol Gaélico, fin de semana do 23 e 24 de febreiro de 2019

DE LA ROCA AL METAL

Un proxecto autoxestionado e participativo de recuperación de memoria e dos espazos vencellados a esta.

Autor: Andrés Rodríguez Sobrino


«De la roca al metal» é un colectivo de investigación e didáctica da arqueoloxía. Aínda que afincado no Pirineo aragonés, a nosa familia traballa e colabora en diferentes procesos de recuperación de memoria  en  toda a Península Ibérica, colaborando de redes de apoio como Arqueología a Contracorriente e levando a cabo actividades didácticas en colexios e prazas de Galiza, Aragón, Andalucía, Nafarroa…

Escavacións no Pirineo aragonés

Dende o principio enfrontamos a investigación científica dun xeito directo e autónomo, asumindo a arqueoloxía como unha tarefa de recuperación da memoria a traveso da súa materialidade. Como base a esta percepción  asumindo que  arqueoloxía como unha ciencia e unha ciencia vinculada á materialidade do pasado, materialidade que debe ser socializada e xestionada polas súas herdeiras. Entre os numerosos  proxectos que levamos a cabo (delarocaalmetal.com) hoxe queremos falar do «Proxecto de arqueoloxía para un val do Pirineo, La Guarguera Huesca», un proxecto autoxestionado e participativo de recuperación de memoria e dos espazos vencellados a esta.

DRM6
Traballos no Abrigo del Pascualín

La Guarguera é un val olvidado e despoboado do Pirineo aragonés, un espazo que durante a ditadura franquista sufriu un tremendísimo proceso de despoboación, decenas de pobos foron comprados (non sen presión)  polo aparato franquista coa finalidade de convertir este espazo de vida nun monocultivo de piñeiros. Poucas familias das antigas quedaron no val, e cando non vivimos nos lugares, estes perden a súa memoria.

Foi a partires da década dos 80 cando diferentes colectivos comenzan a reocupar os despoboados desde diferentes posturas e formas xurídicas (dende a okupación ata a configuración de asociacións para a proteccion dos espazos), pero cunha postura común: recuperar e liberar aqueles espazos e redes que a ditadura e o capital racharon durante o século pasado. Froito desta vontade, deuse un proceso de colaboración entre @s antig@s habitantes e @s neorrurais.

É neste espazo de horizontalidade, de rememoria e de apoio mutuo onde se densenrola a nosa investigación. Son as habitantes do val as que contribúen e posibilitan este proxecto dun xeito directo (o pobo de Solanilla cede unha casa ó colectivo, os pobos de Aineto e Molino Villobas aportan material e espazos durante as campañas de escavación…). Nestes momentos, tras anos de excavación e recopilación de información o proxecto adentrase na fase de análise de laboratorio. Ata o de agora rastrexamos os distintos lugares que poideron ser utilizados pol@s  primeir@s pastor@s, así coma os lugares nos que se mantiveron restos de pólenes que nos permitan reconstruir a paisaxe destes momentos. O seguinte paso é realizar unha minuciosa análise destes restos ca fin de extraer a máxima información posible.

Alén de colaboracións puntuais con outras institucións, coma a Universidade de Zaragoza, este proxecto esta financiado grazas ó apoio de centros sociais, colectivos e persoas afíns así coma polo programa de Talleres Didácticos que levamos a cabo en toda a Península. Ca fin de abir aínda máis este proceso de «reapropiación dos lugares de memoria» lazamos unha campaña de micromecenazgo coa plataforma goteo.org. Na nosa páxina web e no enlace ó microcenazgo tedes toda a información sobre as nosas actividades. Estamos construíndo un espazo de emancipación e loita polo común no que podedes participar de diferente xeito, animádevos a participar.

Captura logo
Mostra de Arqueoloxía Experimental de DLRM no Carballiño (2017)