Un artista de corazón reflexivo: Manuel Penín.

 

 Vaian onde vaian e fagan o que fagan,

os homes debuxan liñas camiñando,

facendo xestos.

 Tim Ingold

 


 

_MG_7123
David Conde, Manuel Penín, Pablo Gómez.                        Fotografía: Lucía Camba

 

A figura de Penín é a dun pintor que adica o seu tempo a reflexión. Non se conciben as súas obras sen falar sobre a filosofía e as correntes espirituais de persoaxes coma  Emilio Carrillo, Jaume Campos ou o mesmo Krishnamurti, e desa forma unir a obra co compoñente metafísico; zecais nun intento de plasmar o mundo das ideas na actividade plástica de claras connotacións que parten do subconsciente. Manuel Penín é unha persoa que sentiu a necesidade de comprender o cosmos e de recoñecerse a sí mesmo no mundo como individuo tentando superar prexuízos e asimilando cada sentimento, cada comportamento como un máis, como o triunfo por fin do mundo máis atávico da mente que se convirte en suxeito e pon os pés na terra. Depurado de connotacións que poidan interrumpir o fluir constante da vida , debuxa Penín o seu propio “Ir consciente.” que é a definición Taoísta de aquel suxeito que é capaz de deixar o camiño atrás e que non lle pesen os recordos sobre as costas coma un símil coa traxedia do camelo de Nietzsche.

En relación ós recordos ou malos recordos que afectan a depresión e ansiedade do mundo occidental; Jaume Campos, persoaxe de gran influencia para o artista ourensán,  explica o atasco emocional nun artigo titulado “Aprender a vivir – Dejar de sobrevivir” onde analiza o porqué das nosas ansiedades sociais afirmando: “Es como despertar en una ciudad que no conoces sin mapas ni GPS, no tienes puntos de referencia, porque nadie te ha enseñado y vas aprendiendo a través de ensayo y error, con lo cuál la cantidad de sentimientos y pensamientos en tu interior es en ciertos momentos agotadora y muy frustrante. Esto crea un atasco emocional de interpretación y de entendimiento interno que puede llevarnos a encerrarnos más en nosotros mismos perdiendo la mínima conexión con el exterior”. Penín seguindo as pautas do mestre Jaume Campos establece unha explicación corrente sobre o feito, indicando que a un cativo se o reprimes xa dende neno este gardará ese potencial no interior, no cuarto escuro, máis o noso artista que cree na vontade de cambio e transmutación do home, pensa que todo se recicla, que todo pode volver a emerxer e de ahí o seu carácter marcado polo establecemento da reflexión interior para logo  vertela na súa obra persoal, que como puiden atinar non só se basa no sentido plástico, se non que tamén, con dotes de mestre, no seu mundo interior reflexivo.

_MG_7146
Vivenda-taller de Manuel Penín.         Fotografía: Lucía Camba

Penín esquécese da súa existencia cando se somerxe nas súas pinturas, na súa obra e no seu xeito de comprender o espíritu,  marcadas case totalmente por un acento colorido e vitalista máis sen esquecer esa ventá que para el é crucial, que define como sombra. O mundo das sombras será elemental para o receptor que tenta comprender o maxín do artista xa que  considera as tebras substancia vital como a vida mesma.

_MG_7128
Material de Manuel Penín.                     Fotografía: Lucía Camba

Fernando Pessoa diferenza na poesía de Alberto Caeiro (o máis sinxelo dos seus seudónimos) o seu estado emocional, sabe atopar na enfermidade  o camiño para analizar o seu propio pensamento e definir o seus versos como plantexamentos equívocos que levan sempre a un engano de sí mesmo, para rematar asimilando ese verso e depuralo  como prescindible. “Há metafísica bastante em não pensar em nada” afirma o poeta portugués. Co mesmo eixo substancial Penín traza a súa obra e completa a visión onírica con pinturas en tons máis escuros na fase das sombras, escuridades que poden aparacer en pleno xullo cando o verde aparece máis vivo e o verán apéase no olfato; tamén triunfan as cores vivas (vitais) no inverno, que florecen alardeando de mundo interior.

A obra na que traballa na actualidade parte dunha iniciativa do pintor galego Xesús Vázquez e onde se presenta a iniciativa de mudar o estilo da súa obra  pictórica para transformala radicalmente. Para Penín,  pintor que enxalza o poder da cor para trasportar ao individuo a unha atmosfera na que se sinta máis a gusto. Este estilo será canalizado cara un debuxo de trazo , dunha soa liña coa que compón o rostro humán e perfila desa forma a súa análise,  chegando a debuxar na propia sala expositiva ás persoas que visitan o lugar.

_MG_7115
Human Matter.                                                                                 Fotografía: Lucía Camba

Ás súas obras expostas no Centro Cultural Marcos Valcárcel e na Casa da Parra están recollidas nun catálogo onde aparecen estas liñas que compoñen os rostros apócrifos e os rostros reais. Human Matter é o título da obra de recoplicación artística que comparte con Rosendo Cid.O camiño das liñas aparece en forma de prosa poética, onde anuncia o seu valor , a súa  peculiaridade e o eixo fundamental da obra actual “Retratos dunha hora”.

Pablo Gómez Portas

_MG_7185
Pablo Gómez Portas.                                 Fotografía: Lucía Camba

 

_MG_7166
Materia Animal.                                        Fotografía: Lucía Camba

 

HUMANA MATERIA

Aparece o punto, inicial, e a liña comeza a fluír.Ás

cegas, sen historia nin futuro, só agora. Avanzo sen

camiño. A intensidade en aumento, a concentración

multiplícase. A ollada, mansa e forte, crávase. Non

me desprendo nin un instante. Adiante firme e suave.

Non son amigo. Non son artista. Non son eu. Só existe

 o agora. Ás miradas en sintonía. Quero aprenheder o

 total e prescindir do accesorio. A trampa está tendida…

toco, albisco, atraveso. Oso, carne, pel… alma. O trazo

único e constante. Non hai dúbida, non hai necesidade

nin ansia. O camiño aparece de seu, sen esforzo. Como

un arrauto de lucidez xorde un novo rostro entre dous…

afondando na materia humana.

Manuel Penín
_MG_7140
Fotografía: Lucía Camba

Obras:

Captura
Retratos apócrifos.
RETRATOS DUNHA LINEA
Retratos dunha liña.

_MG_7097

_MG_7099

_MG_7094

Sáhara

Resulta un tanto pretencioso escribir sobre un espazo que nunca pisei fisicamente, mais intentarei achegarme a facer un contido o máis verídico e realista posible, xa que os meus pés non pisaron esa terra, pero sí a miña mente a través da lectura de diversas obras alí ambientadas. Dito isto, podemos continuar.

Hai quen verá no Sáhara unha terra que, cómo o seu propio nome indica, para propios e estraños, só serve para ser cruzada. Os habitantes que poboan dito espazo areoso, soen ser moi escasos, e pertencen a razas con nomes que, non é que sexan impronunciables, pero dende logo gardan certa distancia co pronunciable na nosa lingua cotiá, sexa esta o castelán ou o galego. Si é euskera, aínda poden ter un aquel. Eu animome incluso a aventurar que, polo menos co turco, pode ter unha certa empatía, ou eu vinlle un certo vínculo, sen ser moi coñecedor, todo hai que dicilo, de ambas linguas.

En canto a especies animais, a cousa está moi limitada. Ao longo da súa basta extensión, é posible atoparse con especies cómo os escorpións, algún tipo de serpes, grupos de gacelas, ou algo moi similar a raposos. Tamén é posible atoparse con animais de tracción, cómo é o caso dos dromedarios ou os camellos, ou incluso con elementos de tracción ás dúas ou catro rodas, segundo a preferencia do conductor. Os que se atopan a bordo destes últimos, son bastante animais ás veces, e foron criticados de certa maneira no libro de Alberto Vázquez-Figueroa, que levaba por título “Los ojos del Tuareg” debido á problemática que plantexaba a súa intromisión na tranquila vida dos escasos poboadores do lugar. Sobre eles, sería interesante igual falar noutro apartado.

Neste lugar completamente seco, tamén se pode tropezar un no seu camiño con pegotes de auga seca. Explícome, cunha Sebkha. Este termo árabe, ven a designar o que ven sendo unha costra salina, que aparece no medio da nada, e que se supón que é un sitio no que algunha vez puido chegar o mar, ou tamén que hai un depósito de auga salina estacional, que na época estival forma esa capa dura. Para o aventureiro que se anime a pasear por eses lares, comentar que igual non é excesivamente recomendable cruzalas, sendo quizáis mellor opción rodealas, xa que cabe a posibilidade de quebrar a corteza e quedar atrapado. Ese risco é sobre todo patente si se vai en vehículo de motor, cousa que polo xeral tampouco é moi recomendable, a non ser que se leve un gran número de rodas, xa que é raro que non se pinche unha ao rodar un mínimo de kilómetros. Tamén ten o inconvinte do gran número de mosquitos que soen rondar polas Sebkhas, que se xa nos nosos montes na primavera e no verán se fan insoportables, non me quero imaxinar cómo pode ser o choio cun sol de xustiza sobre a cabeza e unha temperatura que rondará tranquilamente os 50 graos.

O Sáhara, tamén coñecido cómo deserto, polo tanto, non semella ser o destino típico reclamado por aqueles que organizan as súas viaxes en Marsans, ou ese tipo de típicas axencias de viaxes. Unha mágoa, xa que o auténtico potencial do deserto queda opacado por uns estados inventados aos que se lles endosou ese territorio, e quizáis tamén por unha especie de pasividade dos seus habitantes. E ese potencial non é soamente referido ó turístico, senón ao potencial de cultivo que podería chegar a ter.

Parece ser que o composto do solo tan só é de area entre un 6 e un 10%. O resto son nutrintes que poderían ser aproveitados para facer cultivos, os cales igual poderían chegar ás tres colleitas anuais. Non hai que esquecer que este territorio, noutro tempo, foi un auténtico verxel, ao estilo do Amazonas, mais cunha grande vantaxe, xa que o Amazonas en realidade ten uns solos moi pobres, cousa que queda patente trala deforestación para realizar os cultivos, moitos dos cales non chegan a un aproveitamento de máis de 10 ou 15 anos.

¿Cal é o problema do Sáhara? A obtención de auga. Esa é a única traba que ten. Non abunda a auga. Triste que un territorio rodeado de auga por todos os seus flancos, non poida recibir nin unha gota do preciado elemento. E non é cuestión de enredar con cuestións técnicas, mais, ¿cómo sería ese deserto regado con toda esa auga que o rodea? ¿Sería tan complicado empregar plantas desalinizadoras para irlle comendo terreo ao deserto? Con esta serie de cuestións, colorín colorado, este cuento se ha acado…pero só de momento.

David Conde Seoane