Arrinca a segunda fase da liga galega de Fútbol Gaélico

O Auriense F.G. e Afiadoras volven á competición nunha fin de semana moi intensa.

Autor: Roberto Nespereira Pereira


Antes de entrar na crónica desta pasada fin de semana vouvos explicar unha particularidade do fútbol gaélico: a liga oficial, a federada, só permite equipos segregados, é dicir, femininos ou masculinos. Sen embargo Galicia é escenario dunha fermosa particularidade, a Liga Gallaecia, unha liga mixta onde xogan equipos formados por homes e mulleres.

“A @LigaGallaecia é única como liga que integra equipos formados por homes e mulleres.”

Liga Gallaecia

Afiadoras e Cascarilha durante o encontro.

Afiadoras de Ourense enfrontouse ao equipo coruñés de Cascarilha. O equipo local venceu por 29 puntos (6-11) a 1 (0-01).

Liga Feminina – Xornada 10

As rapazas desputaron en Lalín un partido moi axustado contra Herdeirxs de Dhais, campionas de inverno que manteñen a súa posición de imbatibles sen ningún partido perdido no que vai de liga. O marcador remataba con 26 puntos para Herdeiras e 24 para o Auriense. Quenes se achegan de público aos partidos poden dar conta do alto nivel no que están a xogar os equipos femininos esta tempada.

Resultados da Xoranda 10 da liga feminina de Fútbol Gaélico 2018 – 2019

Liga Masculina – Xornada 14

Pola súa banda o equipo masculino non deu opcións ao Pontevedra F.G. O campo da Xunqueira foi testemuña do alto rendemento no aque se atopan os rapaces. Aínda quedan opcións para clasificarse ao Campionato Ibérico, veremos qué acontece nas seguintes xornadas.

Resultados da Xornada 14 da liga masculina de Fútbol Gaélico 2018 – 2019

A clasificación a día de hoxe atópase da seguinte maneira:

Se tendes curiosidade e queredes saber o que se vive nun partido de Fútbol Gaélico, sabede que despois do parón da semana que ven (no que non haberá ningún encontro), a maioría de partidos restantes, desputaranse aquí na casa, en Ourense.

Semanal Orballo : Semana 1 de febreiro.

🎥#NovasOrballo: Abrimos en Orballo TV unha crónica semanal levado a cabo polo integrante de Orballo Roberto Nespereira Pereira onde repasará as novas que afectan a Galicia máis importantes tanto a nivel cultural coma político. Esta semana tanto a resolución dos premios do audiovisual galego coma a manifestación pola sanidade pública en Santiago de Compostela foron algunhas das máis destacadas.