Entrevista a Xiana Lastra cantante de «A Banda da Loba» e posterior faladoiro de contidos desta nova tempada que comeza:
Saudos Orballeir@s, estamos de volta o que significa que vimos cargados de sorpresas, como xa sabedes onte publicamos a entrevista a Xiana Lastra e hoxe vai o podcast completo emitido o pasado venres dende Radio Allariz. Convidámosvos a escoitalo e desa maneira teredes unha visión do que vai a significar Orballo nesta nova tempada que comeza con máis gañas que nunca.
Entrevista a Xiana Lastra cantante e compositora de » A Banda da Loba»:
Neste primeiro capítulo da nova tempada de Revista Orballo en Radio Allariz, falamos do grupo que máis entusiasmo está a causar na escea musical galega: » A Banda da Loba». Repasamos os premios recibidos, entre eles o gañado recentemente pola deputación da Coruña e por Fademur ( Mulleres rurais) e do premio tamén levado no certamen Aritmar de música galega e portuguesa e onde «A Banda da Loba» gañaría o premio de mellor canción en galego con » Bailando as Rúas» canción que é título do seu derradeiro traballo. Falamos tamén de Pepa a Loba, da súa historia e do seu imaxinario, da canción » Afogadas» e do pobo de Aceredo, de Celso Emilio Ferreiro e da súa importancia tanto no proxecto de » A Banda da Loba» como na carreira persoal de Xiana Lastra no mundo da música e mesmo da Poesía.
Promoción Xira » Bailando ás Rúas» o seu último disco .
Forman a Banda: Andrea Porto, Estela Rodríguez, Inés Mirás, Marcela Porto e Xiana Lastra.
Canción «Pepa» adicada a bandoleira galega Pepa a Loba.
Unha entrevista de Pablo Gómez Portas.
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.