Derramado coma licor no medio do parque.

Quen se mutilaría o rostro pola arte?
Quen?
Quen diría «aló repousa a miña alma»?
«Vendinme, son un traidor»?

Noxo pola vida enlamada, as vísceras quentes
Noxo polo fracaso e a vitoria ao mesmo tempo
A saudade
O descontento
Ollar atrás e ver anos perdidos
Ollar adiante e non ver o éxito nunca

Deixa de ser lixo, faite home dunha vez!!
A arte non leva a ningures
E ti te chamas poeta?
Noxento
Moi noxento
Con ganas de vomitar no medio da rúa
Querer ser visceral e doce ao mesmo tempo
Naufraxio da mente no copo de alcohol
Dúbidas e desacordos fulminantes
Ao lonxe vese un porto onde nunca chegarás
Porque coma Moisés estás condenado
E nas lagoas da mente navegas perdido
Sen vento, só un sopro fedorento
Só a túa vida, nada máis
Nada máis

Hai un tolo que se mutilaría pola arte
Non son eu
Eu son un vendido noxento

Manuel J. Maside.

Capítulo 63: Na procura da Felicidade

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:

Programa do 11 de xaneiro de 2019:

Faladoiro sobre «A procura da Felicidade»: Neste primeiro programa do ano a nosa mesa de colaboradores debate sobre que é a Felicidade e cal e o camiño que conduce a ela. Inflúe a paisaxe e o clima? É un sentimento que dura un instante ou é algo continuo? Que nos produce ese sentimento? Que mellor forma de falar deste tema que botando unhas risas en boa compaña?!

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18h  no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!