O PAXARO

 

El bate as ás no chan e sinte a herba mollada

Pingado de auga doce dende o pico ate o ventre

Logo da treboada e das alturas

E do vento hoxe imprevisible.

 

(Vento frío , el abre os ollos)

Escoita o son que se precipita alén, na canteira,

Entre a néboa e o recordo.

 

(Vento e choiva, el abre e pecha os ollos).

 

Recende a lamprea cociñada,

A viño,

Que baixa da gorxa ate o ventre

Picando cos beizos o peixe

que sabe a area doce.

Bicando cos beizos o peixe,

esquécese,

Da choiva, das ás, dos voos, do vento e da herba.

Ogán Domínguez

Fotografía: Laura Blanco

Capítulo 57: Centenario da Asemblea de Lugo de 1918

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:

Programa Orballo do 16-11-2018

Entrevista: Con Lois Losada falamos dos actos de conmemoración da Asemblea de Lugo do 1918 organizados naquela cidade. Así coma que significou aquela histórica reunión das Irmandades da Fala.

mnf_lugo1
Manifesto da Asamblea de Lugo de 1918

Faladoiro: O centeraio do nacionalismo galego,  nosos colaboradores comentarán como foi históricamente a evolución do galeguismo, así coma que significou na nosa historia aquel acto. Tamén tentamos dar resposta a enquisa feita nas nosas redes: É o nacionalismo unha ideoloxía axeitada para o século XXI?

Participantes-Asamblea-noviembre_EDIIMA20131118_0422_13
Fotografía da Asamblea de Lugo de 1918

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18:30h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!