Non era sinxelo, mais
eles prenderon a faisca
Do orgullo de pobo
Da língua viva
De todo aquilo que hoxe somos
Ca súa loita en tempos difíciles
Pais da patria
Orgullo da nosa memoria
Loitemos hoxe coma eles loitaron onte
Para rexurdir unha vez máis
Ollémonos neles
Para ter a forza de botar ós caciques
Aos inimigos da patria
Vivan as irmandades da fala!!
Viva Galiza ceibe!!
Manuel J.Maside
Que na hora do ciprés non me persigan lobos
e faledes amodo como existindo calados.
Que na hora do ciprés fechedes os ollos de min para curarme
e unha laxe poña firmeza aos anos poucos
que levaron esta luz fría.
Que na hora do ciprés percorra eu todo o nacido
e nunha lagoa preta
descanse dos días sen certeza
Amauta Castro
Fotografía: Xose Garrido
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.