Capítulo 51: O conflito máis antigo

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:

Programa Orballo do 27-04-2018:

Faladoiro:

No anterior programa falamos das  elecións ó claustro da UVIGO do 23 de abril, unha semana despois dos comicios comentaremos con Raquel, candidata por Rede Estudantes, o resultado dos mesmos.

31131019_171162883589883_1684355421801807872_n

Comentamos a actulidade social falando sobre a sentencia da violación en San Fermín perpetrada polo grupo coñecido coma «La Manada«.

Nunha semana coma esta que veu tan cargada de festividades non podiamos pasalas por alto. Destacaremos o aniversario da Revolución dos Cravos e a festa do Día do Libro falando sobre o acto da asociación universitaria AUCE, o Día do Libro Feminista celebrado no Campus de Ourense o pasado 25 de abril.

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 16h e 22h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!

 

RENACER

Respira, tornaron raíces.

 
Nos ollos só cinza,
imposible pechalos.

 
Caigo ao baleiro
inundandoo de luz,

recordo
espertar.

 

De pronto agromar,
chorar,
ate soamente rir
apertando un ronroneo
e unha sonada
de inocencia.

 
Paseniño
vou roendo
a venda dos ollos,
comezo a rodar
nun manto de seda
pedra
e agulla.

 
Deslízome
comigo,
cara onde non
non se volta.
Sigue respirando, vexo o primeiro raio de sol.

 

 

Antía Balvís Moreiras

 

30849247_10215717195594097_1074455203_o
Fotografía : Xose Garrido