Trece Anos Sen Fernando Arbex

Lembro aquel día, 5 de xullo de 2003, perfectamente. Foi o penúltimo ano que pasei as vacacións na casa dos meus avós paternos, cando chegando coas bolsas da compra á cociña, a televisión, que se atopaba posta no canle autonómico, anunciaba ó remate do telexornal a morte do exbatería dos Brincos. A imaxe que se sucedía en pantalla, de feito, era dunha actuación destes mesmos na época na que todavía portaban as capas e os cascabeis nos zapatos e a imaxe era en branco e negro.

Casualmente, por aqueles anos eu comezaba a escoitar os seus discos, que tiña grabados en cassettes e que escoitaba polas tardes de agobiante calor no coche do meu avó. En parte foi un fastidio para min, pois xa daquelas taladraba na idea de algún día xuntar a aqueles catro “mozos” que lle deran un xiro radical á industria musical española para preguntarlles cómo e porqué. Hoxe aínda é menos irrealizable, se cabe, pois Antonio Morales morreu tamén no mes de abril de fai dous anos, co que só quedan a metade dos integrantes.

original

Fernando foi unha figura clave no panorama musical nacional. Aquela noticia recordaba a súa época nos Brincos, pero despois de que ese proxecto morrera, alá por 1970/71, e ata o día do seu paramento, fixo moitísimas cousas no eido musical, traballando diversas facetas, compondo e producindo, aparte de tocar.

Nada máis rematar con Brincos, iniciouse en Alacrán, grupo que só grabaría unha tandada de seis temas e que sería o xermolo dun grupo co que pegaría forte, sobre todo a nivel internacional: Barrabás. Con este grupo faría grandes xiras, sobre todo por Latinoamérica, pois o estilo que traballaban ía moi na onda de Santana ou Osibisa. Nestes anos, tamén faría composicións para diversos artistas e produciu a xentes tan dispares cómo Camilo Sesto, Harry Belafonte ou Aviador Dro.

Posteriormente adicaríase a traballar na música sinfónica, colaborando en varias ocasións coa Filarmónica de Londres, sendo a súa primeira obra de 1982, cando graba a suite para ballet “El caballero del Arco Iris”, con poemas de Gloria Fuertes. Como detalle anecdótico neste eido musical, cabe destacar a creación do “Himno de la vida”, por encargo da Autoridade Nacional Palestina.

Arbex foi un home que sempre gustou de experimentar no mundo da música, e impulsou unha auténtica revolución no panorama musical nacional, cando este se atopaba nun letargo que se fixo moi longo para unha xuventude que buscaba, igual que hoxe, unha saída laboral digna facendo aquelo que se quería facer. Un día, con catorce anos, atopou unha guitarra destrozada no trasteiro da súa casa. Arranxouna como puido e comezou a tocala por diversos lugares. Posteriormente, decantaría o seu gusto polas baquetas e as caixas. O seu pai destrozáralle unha guitarra que atopara por casa, o cal conlevou unha discusión. Esta xiraba en torno á idea clara de Fernando de que, ó contrario de moitos mozos da época que integraban grupos, el non ía sacrificar a súa carreira musical, nin polo serivizo militar nin polos estudos. Ó seu proxenitor deixoulle claro que prefería morrer de fame baixo un carromato facendo música antes que vivir nun luxoso palacio adicándose a asuntos de leis, polo que abandonou a carreira de dereito en beneficio da composición.

hqdefault

Deus sabe o que podería seguir facendo este home, dende fai trece anos, e o que pasaría coa música española se non adoptase aquela valente decisión. O primeiro nunca se saberá, pero en canto á segunda cuestión, está claro que todos os grupos que viñeron despois de Brincos, serían moi diferentes se este home seguise o camiño da avogacía. Por sorte, nunca tivo que pasar fame, e o seu legado seguirá vivo mentres exista un oído que queira escoitar todo o que este home foi capaz de crear.

Dende aquel verán, para min tampouco volvería a ser nada igual. A idea de loita por conseguir un ideal, camiñaría dende entón ó meu carón, e ó tempo que estas liñas escribo, unha canción na que el tomou parte de fondo: Emancipación…

David Conde Seoane

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.