Na comarca do Baixo Miño, alá por perto de onde o Miño divide Galicia con Portugal, existe un unha aldea que recibe o nome de Goián, pertencente ó concello de Tomiño. Este é un sitio que a min me retrotrae a unha aventura peculiar xurdida, a nivel persoal, no mes de xaneiro, no cal vivín momentos entrañables, pero esta historia que a continuación se relata dista un pouco no tempo e na temática, algo máis do que ven sendo este xaneiro que pasou e o que alí aconteceu.
Existen polo menos un par de teorías que explican a toponimia das Trincadeiras.; unha delas está relacionada cunha uva que se cultiva no Alentejo, pero que non se deu nunca nesa zona, polo que esta teoría ten un peso mais ben baixo e non é moi factible. A máis acertada semella aquela que se refire a unha palabra composta, derivada logo de trincar, que significa amarrar, e eira, que viría a ser o lugar no que se facía a malla. Neste caso, escapando un pouco á traducción literal, debido a que era unha zona de tránsito de barcos, posiblemente fixese referencia ó amarre dos mesmos na beira do río.
Parece ser que a empresa Corviam, da cal un dos xefes era nativo de Goián, tiña un proxecto de extracción de “grava” na zona, cousa que os veciños non estaban dispostos a permitir, xa que temían a destrucción dun entorno natural que contaba, por asimilar a súa riqueza faunística, con 30 tipos de aves diferentes rondando pola contorna.
É desta maneira que os veciños decidiron organizarse para evitar a entrada das máquinas a traballar. Para elo, acometían reunións tódolos días, para saber cómo proceder ante o intento reiterado de pasar a maquinaria para levar a cabo as obras.
Empregaron procedementos tácticos tan curiosos cómo o control da chegada das mesmas subidos ós campanarios, procedendo incluso a lanzar pedras en caso de necesidade nalgún dos típicos momentos de tensión que se xeran nestas situacións (aínda moi recente está o caso de Bemposta, por exemplo).
Tamén intentaron darlle visibilidade ó conflicto , cómo parte da estratexia a levar a cabo, intentando contactar cos medios de comunicación, denunciando o desastre ecolóxico que se produciría, pois xa tiñan antecedentes nos que apoiarse non moi lonxe de alí. A historia quedou reflectida nalgunha reportaxe de TVE, a pesares de que hoxe estea moi esquecida.
Semella que o achegamento de posturas se produciu, en parte, precisamente pola relación comentada arriba por parte dun dos integrantes da empresa concesionaria, que finalmente desistiu do seu proxecto, que a súa vez os veciños nunca entenderan, pois descoñecían cales podían ser os beneficios daquelas extraccións. Documentarse sobre o tema é complicado, e ata o que puiden chegar, quedan moitos ocos por completar, pero finalmente a cuestión é que Trincadeiras quedou cómo estaba, organizándose unha gran festa que desexaban reproducir anualmente, e gozando a día de hoxe de recoñecemento e protección a nivel ambiental.
Os veciños, entrevistados nun documental dirixido por Seném Outeiro sobre o tema, que leva por título “O espírito das Trincadeiras,” comparaban o contexto de unión entre as persoas que logrou o seu obxetivo, co tempo actual, apenándose porque supuñan que tal acontecemento a día de hoxe, tería un final diferente. Unha cousa está clara pois. Ese espírito que figuraba no título do documental, é algo que debería perdurar por sempre, pois ben é sabido que o espiritual trascende máis alá do terreal…
David Conde Seoane
Trailer do documental «O Espírito das Trincadeiras»: https://www.youtube.com/watch?v=qyoPMThOkqM