OurenRock Sound 2016

 

Xa que non se publicou de forma rápida un artigo do festival Ourenrock por culpa unicamente do que suscribe, aproveitamos que xa pasou un mes para facer a crónica do mesmo a modo de disculpas para todos aqueles que puideran agardar por estas palabras dende fai xa algún tempo.

David Nóvoa Sequeiros

Durante os días 3 e 4 de xuño o recinto de Bemposta vestiuse con cores musicais, desta volta para recibir a primeira edición do Ourenrock, un festival de música rock que apostou pola festa e música galegas.

David Nóvoa Sequeiros

 

O espectáculo comezaría as 9 da noite do venres para que 80 voltios transmitiran toda a súa enerxía a un publico que pouco a pouco iría chegando ao recinto, o grupo, que leva pouco mais dun ano e medio en activo, xa puido ver a oportunidade de abrir un festival destas magnitudes. A medida que a noite avanza o espazo comezaría a encherse mais, deixando espazo para que Acidproyect (cos que teríamos ocasión de falar largo e tendido durante un tempo que sen dúbida daría para outro artigo enteiro) seguira quentando o ambiente, para deixar paso a un Costas que faría tolear aos asistentes bailando sobre as tumbas, na nosa terra, a galega. Non acabaría aquí a xornada do venres, xa que quedaría tempo para a actuación dos rapaces de Bergallazo e a particular festa que a banda dos Festicultores nos teñen acostumados desde fai xa once anos que se formou o grupo. Por último, e para cerrar a troula deste día, os BBB Sound System, que xa amenizaran os descansos entre grupos o ambiente, aportaron co seu soundsystem o postre aos que, aínda con ganas de mais, decidiran quedarse.

David Nóvoa Sequeiros

O día do sábado foi moito máis largo, xa que as actividades tiveron constancia dende as 13 horas coa sesión vermouth ao cargo de Xituma Batuke, que terían ocasión tamén de facer un espectáculo dende as 17.30, ata as 19.00 para dar paso ao resto de grupos. Entre medias, taller de barro, charlas e a aportación dos actores de Produto Interior Bruto (PIB), que van colleitando éxitos aló por onde pasan.

David Nóvoa Sequeiros

A partir da apertura de portas no recinto onde agardaban os escenarios, a cantidade de xente medraría de xeito exponencial durante o paso das horas, quedando unha zona bastante mais abarrotada co día anterior. O primeiro concerto correría a cargo de Superoito, para dar paso a Arrhythmia, que co seu estilo que nos recordará a algúns aos acordes despregados nos concertos de Berri Txarrak, nos ían a deixar con un gran sabor de boca para o que quedaba por diante, que non é menos que os Konflikto, e os que serían considerados coma os pratos fortes do festival, Dakidarria co seu ska e punk-rock, Heredeiros da Crus co seu galiñeiro particular e Terbutalina, grupo cun punk galego que xa temos mais que coñecido, e que serviría para pechar o cartel deste festival que, aínda que non durara moito tempo ao contar soamente con dous días, deixou a mais de un satisfeito a nivel tanto musical, gastronómico e de troula en xeral.

Autor: Daniel Luis Otero

Fotografía: David Nóvoa Sequeiros

David Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa SequeirosDavid Nóvoa Sequeiros

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s