Un ano máis, e van cinco, a música e a solidariedade xeran unha enerxía lumínica que se manifesta, nun festival que como indica o seu nome, ilumina poderosamente a paisaxe lúdica galega, cunha potencia que o fai visible en toda España.
E o «Festival de la Luz» que se celebrará o 9, 10 e 11 de setembro na aldea de Andabao- Boimorto (A Coruña), na casa natal de Luz Casal, a súa anfitrioa. “Queremos que la cultura entre en el rural de forma a través de un festival marabilloso, singular y único” dixo na presentación Luz Casal, e esa pretensión converteuse en realidade, posto que o «Festival de la Luz» é por dereito propio un festival único, para todas as idades, que en edicións anteriores colleitou un éxito de público que así o demostra.
A música é sen dúbida o «cultivo» con maior poder atractivo e por elo nesta edición, durante os tres días que dura o Festival , máis de 40 artistas e grupos subiranse ó escenario instalado nunha parcela de 3 hectáreas.
O día 9 farano, Heredeiros da Crus, Riff Raff, Superoito, Agoraphobia e Mayor Tom. O día 10 farano Luis Eduardo Aute, Asfalto, Vanessa Martín,Miguel Costas, The Pink Tones (Homenaxe a Pink Floyd), Susana Seyvane, Sober, Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Gúzman, Guadi Galego, Anaut, Chris Barron, Pedro Guerra, Monouliousdop, Soledad Vélez, Fredi Leis, Adrían Costas, Zoar, Banda de Gaitas de Boimorto, Los Vinagres e Rafa Morcego Dj. O 11 é a quenda para Hombres G, José Mercé, Elefantes, Rosa Cedrón, Willie Nile, Cosmosoul, Triángulo de Amor Bizarro, Malvela, Los Cigarros, Jackson Brownie& Raúl Rodríguez, Cuarteto Caramuxo, The Lakazans, Manuel Malou, The Family Folks y Samba.
A estes artistas hai que engadir os gañadores do Concurso de Maquetas «Cultivando Música» organizado por Estudios Mans e a Asociación Cultural Festival de la Luz, que este ano inclúe unha categoría infantil.
O festival quere potenciar alternativas económicas e sociais para o medio rural. O “Mercado de la Cosecha” será o espazo dentro do recinto do festival destinado a mostrar servicios e iniciativas que xeran novos recursos pensados para mellorar a calidade de vida no rural. O público poderá desfrutar da mellor gastronomía de Galicia, cunha ampla oferta de restauración, que abarca dende a cociña máis tradicional ás propostas máis sorprendentes. A Zona Infantil dará cabida a todos os que queiran divertirse nesta área dinámica, lúdica e de tradición.
O “Festival de la Luz” doará a súa recadación en taquilla a Oxfam Intermón en beneficio dos afectados polo actual conflito en Siria. O prezo do abono para os 3 dias é de 15 euros + gastos de distribución e 10 euros as entradas dun día, e pódense conseguir en A Coruña en Viajes Galitur, Rúa de Juan Flórez, 40. 1500.
NONITO PEREIRA REVUELTA