O VALOR DAS PEQUENAS COUSAS

Nos tocan vivir tempos difíciles…

Estamos atravesando unha época onda o pesimismo invádeo todo, ou case todo, mais cando semella que estamos nunha calella sen saída e os problemas nos rodean sempre atopamos «algo» que nos recorde o bonito da vida e fáganos desfrutar do momento, coido que á cultura é ese «algo». Xa sexa na literatura, na arte, na  música, etc. podemos atopar o camiño que nos evada das nosas preocupacións mundanas e facer sentirnos vivos, poida que por iso as máis graves crises da historia trouxeran tamén da man as épocas culturais máis gloriosas.

En relación a este tema atopei este conto budista que agora quero compartir con vós:

Un home que cruzaba un campo atopouse cun tigre. Fuxiu e o tigre correu tras del. Ao chegar a un precipicio agarrouse a unha raíz dunha vide silvestre e quedou pendurado da beira. O tigre cheirábao dende enriba. O home, medoñento, baixou a vista e viu moi embaixo, ao pé do precipicio, outro tigre que agardaba para devoralo. Só a vide sostíñao.

Dous ratos, un branco e outro negro, puxéronse a roer pouco a pouco a vide. O home viu unha suculenta fresa preto del.  Aferrouse á vide cunha man, arrincou a fresa ca outro. Que sabor tan doce tiña!

Redacción e tradución: David Sabucedo Cardero.

Para saber máis:

Nyogen Senzaki, Paul Reps. 101 cuentos zen. Ed. Galaxia Gutenberg, Barcelona 2012.

Deja un comentario

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.