Nos tocan vivir tempos difíciles…
Estamos atravesando unha época onda o pesimismo invádeo todo, ou case todo, mais cando semella que estamos nunha calella sen saída e os problemas nos rodean sempre atopamos «algo» que nos recorde o bonito da vida e fáganos desfrutar do momento, coido que á cultura é ese «algo». Xa sexa na literatura, na arte, na música, etc. podemos atopar o camiño que nos evada das nosas preocupacións mundanas e facer sentirnos vivos, poida que por iso as máis graves crises da historia trouxeran tamén da man as épocas culturais máis gloriosas.
En relación a este tema atopei este conto budista que agora quero compartir con vós:
Un home que cruzaba un campo atopouse cun tigre. Fuxiu e o tigre correu tras del. Ao chegar a un precipicio agarrouse a unha raíz dunha vide silvestre e quedou pendurado da beira. O tigre cheirábao dende enriba. O home, medoñento, baixou a vista e viu moi embaixo, ao pé do precipicio, outro tigre que agardaba para devoralo. Só a vide sostíñao.
Dous ratos, un branco e outro negro, puxéronse a roer pouco a pouco a vide. O home viu unha suculenta fresa preto del. Aferrouse á vide cunha man, arrincou a fresa ca outro. Que sabor tan doce tiña!
Redacción e tradución: David Sabucedo Cardero.
Para saber máis:
Nyogen Senzaki, Paul Reps. 101 cuentos zen. Ed. Galaxia Gutenberg, Barcelona 2012.