TODO TOXO GARDA UNHA HISTORIA BAIXO AS SÚAS ESPIÑAS

Todos temos unha historia que carece de folgos para ser contada.
Aló no máis profundo desa muller con carácter, ese toxo, que bota unha risada e bebe estrelas.
Detrás desa impulsividade ao falar, eses xestos.
Tra-los monólogos dunha noite calquera.
Tra-la pisa.

Atópase unha muller que non quere ser contada, a cara da lúa que non quere mostrar,
por mor de que os demáis fuxan ao ver os grandes cráteres incrustados na súa alma,
por mor de mostrarse espida, por mor de falar máis da conta cun silencio.

A ti che fago un chamamento, muller brava,
para que conquistes a túa cara oculta
e lla ensines aos demais.

A ti, muller con carácter,
que se agocha no pracer
dos sabores,
e do falar,
e non se decata de que está afogando.

A ti, muller valente,
busca a coraxe perdida
no máis profundo do teu ser.
Porque todos temos una historia,
e todos temos dereito a contala,
e a sufrila,
e a chorala,
e a desfrutala,
e a aprendela.

E só os que che ispan a alma cunha mirada, son quen de ser sabedores dela.

Porque non todos se decatan, que baixo as espiñas dun toxo,
existe unha punzante historia,
que da como froito
as máis fermosas flores.

6-1

Redacción e ilustración: Antía Alberte

Para saber máis:

https://lachicadelapisa.blogspot.com.es/

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s