Por que as guitarras de luthier sempre parecen mobles casteláns?

Esta frase que titula o artigo, foi unha pregunta que saltou á palestra, típica entre xentes entendidas no mundo da madeira e do luthierismo, despois de que un dos nosos fotógrafos comentara que as guitarras que podíamos contemplar naquel lugar de traballo, tiñan un certo poso, ou polo menos a súa memoria así llo facía ver, a mobles que tiña en casa.

Hai moitas formas de ser partícipes da música. Podemos achegarnos a ela como simples afeccionados a escoitala. Podemos ser o mesmo para executala. E tamén ás veces, porque non, pódenos chegar a interesar coñecer o fondo e forma dos instrumentos que a fan posible. Este é o caso que nos ocupa. A iniciación no mundo da fabricación de guitarras foi “accidental” en palabras de Jesús, despois dun intento de substituír os trastes dunha desas “damas” que sempre responden cando tocas as súas finas cordas, e saír airoso, cun resultado máis que aceptable.

003
Jesús Rodríguez durante a entrevista (fotogr. Andrea Pérez)

Profesionalmente, entendido tal concepto como o que lle da de comer, traballa nunha imprenta, pero xa tivera algún contacto co mundo da ebanistería, e todo o que fose traballar con madeira era unha cousa que lle chamaba moito. É así que, fai dous anos e medio decidiuse a facer a súa primeira guitarra eléctrica, xénero que traballa na actualidade, sobre madeira xa cortada. Esta primeira que realizou era modelo Strato, para aqueles que controlen algo de tipos de guitarra. Posteriormente meteuse cunha Nefru e a Mokingbird, nesa orde, complicando o estilo de execución para pór a proba as súas habilidades e procedendo xa a facer o corte da madeira pola súa conta. Ambicioso, si, pero sabendo en cada momento ata onde pode chegar, sen arriscar nunca o instrumento que se lle encargue, pois é consciente do que os músicos senten pola súa ferramenta.

0145
Guitarra modelo Strato (fotgr.Andrea Pérez)

No que respecta a súa filosofía de traballo, procura facer manufactura con madeiras locais, sempre que cumpran os requisitos de tempo de secado e sexan aptas para o traballo. Isto saíu en referencia a que as madeiras tropicais empregadas teñen máis que probada a súa eficacia e o timbre tan particular que lles dan ós instrumentos, como pode ser a Caoba, mais era preciso intentar racionalizar o proceso de extracción da madeira, ó seu entender, xa que de non ser así, a tentación de abandonar o proxecto sería moi grande, pois finalmente hai un modo de vida detrás deste traballo, cunha idea de ser consecuentes co medio ambiente e de buscar unha certa “armonía” co entorno que nos proporciona toda materia prima que precisamos.

021
Obradoiro do luthier (fotogr.Andrea Pérez)

En canto ó tempo de execución, é variable, pois estamos falando dun traballo que se realiza de forma artesanal, xa que, como el ben dicía, se do que se estaba comentando acontecese na idade media, el estaría nun gremio aprendendo cun mestre de taller, limpándolle a ferramenta ata que o vira seguro para comezar a manipular a madeira. Asegura que cun traballo constante en tres semanas pode ter feita unha Telecaster, sumándolle 15 días se o que se quere é unha Les Paul. O valor que poden adquirir estas pezas superará, evidentemente, o prezo do mercado nunha tenda convencional, pois o traballo e o tempo requiridos son, evidentemente, moito maiores. Non obstante, o músico que acode a un luthier, faino sabendo ó que se enfronta, e ademais é porque sabe o que quere, e é algo específico e concreto, como para darlle unha identidade o seu instrumento.

No que se refire a artistas para os que lle gustaría facer un instrumento, asegurou que, a pesares de xa non ser factible, BB King sería un home ó que non lle importaría incluso regalar unha peza súa. Tamén, a nivel máis local, faría o mesmo con Fernando Calvo (de feito deulle unha Lap Steel), con quen está moi agradecido, pois permitiu que a súa obra figurase no escaparate da academia que o guitarrista dos Suaves ten en Ourense.

As súas guitarras tamén rularon polo Ouren Rock, sendo executadas as mesmas polo grupo local Acid Proyect, o cal tamén significaba un escaparate importante, amén de poder obter de primeira man información sobre a manexabilidade, comodidade e, en definitiva, musicalidade dos seu instrumento. Esta opinión non  carece de relevancia, pois a xente do metal, xunto cos do jazz, son aqueles que teñen quizais uns gustos máis exquisitos e concretos. Os primeiros queren ganancia e todo axustado para unha execución rápida, e os do segundos unha forma máis arpegiada, valorando o timbre e vibración do instrumento.

En definitiva, estamos ante un home que se abre camiño pouco a pouco a pasos axigantados na fabricación de guitarras, algo moi de valorar, sobre todo por ese espírito autenticamente emprendedor e autodidacta, portando como bandeira a idea do “bo facer.” Que nunca se apague esa chama de prosperidade e autorealización na vida, como dixo Jesús coma peche de entrevista: «Se teño que dedicarme a algo o resto da miña vida voume dedicar a esto. Voume dedicar a ser feliz».

Autor: David Conde Seoane

Fotografía: Andrea Pérez Justo;

Iago Rodríguez Cortón (imaxe principal)

Para saber máis:

Rodríguez Guitarras (páxina en facebook)

Un comentario en “Por que as guitarras de luthier sempre parecen mobles casteláns?”

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.