O pasado día 3 de Marzo do 2019 arrincaba a folga feminista en Lugo, un éxito de convocatoria que se repetiu este histórico 8 de Marzo nas cidades galegas e en moitas vilas do país.
Fotografías de Xose Manuel Rodríguez; membro de Radio Fedello
Os datos de participación foron abraiantes; o seguimento da folga en Vigo lembrounos que coma principal cidade industral e de población do país sempre foi exemplo de loita. En Ourense pola súa banda o logro foi dobre xa que pola mañá a praza maior da cidade ateigouse de mulleres na súa maioria que berraron xunto co son de bombos e tambores » Aquí está aquí se ve o feminismo galego en pé» e xa pola noite e partindo da subdelegación de goberno o clima que se viviu foi de absoluto mudar dos tempos: subidas o monumento o anxo caido e por todo o parque de San Lázaro , mulleres de tódalas idades ateigaban os recunchos dunha manifestación que remataría na praza maior berrando o unísono ós cánticos por excelencia:»Mulleres contra a guerra, mulleres contra o capital, mulleres contra o machismo, capitalismo neoliberal» » Agora que estamos todas agora que si nos ven, abaixo o patriarcado que vai caer, arriba o feminismo que vai vencer, que vai vencer»
O pasado día 3 de Marzo do 2019 arrincaba a folga feminista en LUGO?? non debería ser Ourense?
Me gustaMe gusta
Moi boas, o dia 3 fíxose a primeira convocatoria para toda Galicia na cidade de Lugo, no dia 8 de Marzo pola súa banda convocáronse as manifestacións por tódalas cidades e vilas galegas, incluindo Ourense, grazas polo interese 🙂
Me gustaMe gusta