Todas las entradas por ORBALLO

Revista Cultural da cidade de Ourense de contido cultural e social,

II Aniversario (I Parte)

O pasado 7 de abril celebramos no Café-Bar Sociocultural O Renque, na cidade de Ourense, o segundo aniversario de Revista Orballo. Con motivo desa celebración fixemos unha emisión de radio especial nas ondas de Radio Liverdade, radio libre ourensá que nos proporcionou todo o necesario para emitir e cos que esta revista terá unha débeda eterna por todo o traballo que nos fixeron, 8 horas de emisión en directo non se fan tódolos días. Entre hoxe e maña poremos a vosa disposición tódolos podcast grabados durante as celebracións.

Nesta primeira parte:

 

Programa Orballo, «A Atenas Galega»: o noso equipo comentará as anécdotas do inicio do proxecto (aquela idea primixenia da Atenas de Galicia), así coma o panorama en Ourense de grupos culturais alternativos e proxectos xuvenís. Tamén teremos un A Pé de Rúa especial onde lle preguntaremos ó público as súas opinións.

Podcast 1
Imaxes da emisión do programa/fotog: Xose Garrido

 

Recital e exposicións: Neste enlace poderedes escoitar os recitais poéticos de Manuel  Maside , Ori Darko, Antía Balvís e Nuria Paz. Tamén estarán as presentacións das obras da fotógrafa Noemi Cordeiro e o pintor Álex Fidalgo.

 

recital
Instantáneas do recital e presentacións/fotog: Xose Garrido

 

30594942_544818585914046_5734940242802060522_n
Obra de Noemi Cordeiro

Dende Revista Orballo queremos agradecer a tódolos participantes no evento, sen vós non houbera sido posible. Mañá subiremos a segunda parte. Non a perdades!

Fai anos que non bailamos

Soa auga

Corre polas veas

Auga

E nada máis

Soamente

A vida

Lume no cerebro

(O cerebro sempre arde)

As mans tremen

A tebra

Faltan collóns

Para dicir o que se pensa

Sobra viño

E nada máis

Alporizados

Sinalados

Cortan linguas

Suamos

Baixo o sol de mediodía

Suamos Baixo a lúa bébeda

Bailamos o ska

Fai anos que non bailamos

Sobra vento

Falta Ar

Os corazóns en tebra

As olladas frías

Suar e suar

Nos límites da vida

Un suco

Polo que corre o sangue

Chove, mestúrase ca auga

Durmimos por séculos

Agora facémonos os durmidos

Asoballados

Polo gran ollo Iluminados

Pola lámpada brillante

Na esquina o lixo

Na man o noxo

Escurantismo

Dor nos pés

Soamente auga

Soamente auga

E silencio sepulcral

Manuel Maside Salgado

Fotografía: Xose Garrido.