Archivo de la categoría: Artigos

MAYTE DIZ NEIRA, UNHA ARTISTA CERCANA

Nun día indeterminado, un encontro interesante tivo lugar en El Cercano. Un de tantos seguramente, mais nesta ocasión ía ser un algo que deixaría pegada, representada polo feito de que a obra da artista impregnaría o lugar a través da súa exposición pictórica. Existe unha compoñente a maiores, xa que a propietaria da obra queima parte do seu tempo no propio lugar. Unha pequena explicación do que foi o seu traballo, que viría a significar a “inauguración oficial,” daba paso a unha conversa con parte dos integrantes do proxecto para o que aquí se escribe.

thumbnail_rodriguez_iago-1
Mayte Diz Neira

Na súa obra está moi presente a temática musical, xa que é unha cousa que sinte moi viva no seu presente, pois a súa forma de traballar é conceptual, polo que sempre fai unha serie de pinturas que van estar encadeadas por un nexo temático. Unha das súas ideas á hora de representar estes músicos, era baixalos á terra para o gran público, xa que debido á correcta técnica no seu campo de traballo, tiñan a consideración de deuses polos seus fans. A idea principal, por tanto, era que non semellaran seres inalcanzables e que tamén tiñan as súas imperfeccións.

Intereseime por se presentaba gusto polo retrato na pintura, pero asegurou que era un apartado que non lle chamaba demasiado, polo feito de que cando alguén lle solicitaba unha copia do seu ser, quería que fose literalmente iso: unha copia. Para traballar con ese concepto, aquel que pide un retrato pictórico debería ser consciente de que para iso xa existe a fotografía, e polo tanto non ía no carácter do retratista pictórico facer un calco exacto da realidade, senón que se xoga con exteriorizar ou esaxerar certos aspectos, que nunha primeira vista poden ser imperceptibles. Un retrato realista, por outra banda, é unha cousa que esixe perfección de traballo en cada trazo, para representar todos os rasgos con exactitude.

No transcurso da conversa saíu a relucir o feito da falta de unión entre artistas. Ela, como muller que fixo os seus estudos a través da carreira de Belas Artes, non lle daba demasiada importancia ó feito academicista, e por iso non comprendía que non houbese máis intercambios en espazos de reunión e faladoiro. Os anos académicos comentábaos con certa nostalxia, pero sempre moi enteira para comentar que cada época ten a súa cousa.

thumbnail_rodriguez_iago
A autora ca súa obra exposta en El Cercano.

En canto a posibilidade de vivir da pintura, cousa que tamén quixemos sacar a relucir, afirmou que era algo que contemplaba como moi complicado. Hai moita competencia, pois hai xente realmente boa. Poderiamos engadir outra cousa. Quizais en moitos casos, a pintura sexa unha arte desagradecida nese aspecto, porque moitos autores e obras gañan grandeza unha vez finados. Desfrutemos e agradezamos, pois, agora que aínda podemos, desta obra e de poder charlar coa súa autora.

Redacción: David Conde Seoane

Fotografía: Iago Rodríguez Cortón

O Amencer do Poeta ; Marcos Ana.

Onte morreu Marcos Ana, Marcos polo seu pai , Ana pola súa nai , e cando morre un poeta sentimos a memoria dos que observan o mundo na súa forma pausada e na imaxe eternizante . Onte morreu un poeta e hoxe soslaia o ceo unha cor de intensidade suave e un regato de sensacións liberadoras propio de La Belle Verte  fainos cavilar mentres paseamos no amencer ourensán por entre as rúas que son as viñas dos poetas, mentres escoitamos a fonte do parque de San Lázaro e o tempo detense nun instante sonoro de auga , nun torrente de versos con sabor a despedida.

 

 Marcos Ana  naceu en Ventosa del Rio Almar , unha pequena aldea salmantina onde  xa dende cativo adicouse a terra coma tantos outros nenos labregos ,mencionando a obra doutro escritor coetáneo coma Xosé Neira Vilas, e unha frase que asombra na compoñente nostálxica e verdadeira dos homes que son homes e que tamén son poetas, un seudónimo de Neira Vilas alter-ego inocente, o Balbino, que xa de cativo reflexiona:   «Xurei para min que cando chegue a grande farei cousas de valemento para non morrer de todo cando morra». E isto pensou o poeta salmantino que sentía a inxustiza no seu peito galopar e non deterse e sen temor a ideoloxía ,formará parte das Xuventudes Socialistas Unificadas con tan só quince anos , logo estalará a guerra civil e Fernando Macarro Castillo , nome verdadeiro de Marcos Ana, vaise a loitar o frente ingresando no Partido Comunista onde coñecerá a Alberti e a María Teresa León , máis muda a súa sorte ó entrar na cadea no remate da Guerra Civil cando é detido a mans da División Littorio en Alacante e é recluido no campo de concentración de Albatera.

Muros hirsutos. Ásperas cortezas

 donde el hombre se duele cada día.

Apretada oquedad de llaga y fosa.

 Socavón de Castilla. Lento espanto.

 Catedral invertida hacia la tumba,

 bajo una piel de piedra cancerosa.

 Hay un árbol, aquí, pleno, enterrado,

 de corazones vivos, que semejan

 tréboles rojos en la luz borrosa:

muchas hojas, sin sangre, van cayendo;

 mas su raíz fosfórica florece

una bandera abierta en cada losa.

 Y en esta pena oscura donde habita

 mi corazón en sombras, ya tan sólo.

                                       Marcos Ana.

 

Marcos relatará nas súas memorias o calvario sufrido en dito campo de concentración franquista e no cárcere de Porlier como unha experiencia inhumana, coma tantos outros presos que sufriron a voracidade dun réxime que calou as voces  dos sedentos por mudar a situación:  “Para beber un vaso de agua había que guardar cola ante una cisterna, a veces durante veinticuatro horas. Pude fugarme de este campo, pero a los pocos días fui entregado por un confidente a la policía. Ingresé en la cárcel de Porlier y en mi expediente personal consta que tuve que ser hospitalizado durante tres meses para curarme de “ciertas heridas”. Esas “ciertas heridas” fueron los malos tratos sufridos en la comisaría de la calle Almagro nº 39, uno de los centros de tortura más famosos de Madrid” No cárcere marcos entaboa unha  amizade con Alberti e Maria Teresa  León, e a súa poesía que fluctúa nun ambiente hostil, agudiza o seu inxeñio e aproveita un bote de pasta onde itroduce os seus versos en papeliños de liar que comparte co poeta gaditano e coa escritora logroñesa , no cárcere sorpréndenos cunha estrofa esencial para entender a súa poesía, un verso que se mete no lector e fire a súa pel facendo esquecer por un segundo o presente temporal : Mi vida/ os la puedo contar en dos palabras/ Un patio..  Y un trocito de cielo por donde a veces pasan /una nube perdida y algún pájaro/ huyendo de sus alas . Na inmensidade da mente humana atopou Marcos un lugar para a imaxinación e o recordo, un descanso estoico , unha resiliencia que superou a morte e levou a un home a ser poeta, o abrigo da súa gloria na intensidade rochosa dun salto nun mundo que como dicía Heamingway ; rompe para todos máis fanse algúns fortes en lugares rotos.

 

Si salgo un día a la vida

 mi casa no tendrá llaves:

 abierta siempre a los hombres,

 al sol y al aire.

 Que entren la noche y el día.

 Y la lluvia azul. La tarde.

 El rojo pan de la aurora.

 El campo: sus verdes mástiles.

Que la amistad no detenga

 sus pasos en mis umbrales.

 Ni la golondrina, el vuelo.

 Ni el amor, sus labios. Nadie.

 La casa y el corazón

 nunca cerrados: que pasen

 los pájaros, los amigos,

 el sol y el aire.

                                               Marcos Ana

    Redacción: Pablo Gómez Portas.