Archivo de la categoría: Música

Manuel Carballo

Como adicar unha vida á música

O sol xa chegou a nosa cidade, parece que xa pasaron eses días interminables de chuvias, as flores aproveitan para alimentarse destes raios e poder prosperar, nos, para a nosa fotosíntese particular asistimos a falar con Manuel Carballo, para que as súas historias nos alimenten e nos fagan crecer. Aínda que no seu local, onde agora ensina música a todo aquel que lle apeteza iniciarse, non entre moita luz natural (dado que está situado nunhas galerías), si que nos iluminará todo o que nos conta.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Manuel é un home que se ilustrou da música dende moi pequeno; así, aos sete anos, e nun contexto no que a xuventude se reunía máis no ámbito eclesiástico, uniuse a un grupo que tocaba na igrexa. Nuns inicios comezaría ca percusión, en concreto cos timbais, e probando diferentes instrumentos coma órgano ou gaita (elemento que se lle atragantou un pouco), chegaría un ano despois a entrar no mundo da guitarra, aproveitando que tiñan unha na casa. Dende os oito anos tocou tanto os fins de semana coma en ocasións puntuais coa súa nova irmá, ca cal compartía tempo ao mesmo tempo que estudaba no conservatorio.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Pero a medida que pasaba o tempo estas actividades non lle chegaban a encher, xa que a súa ilusión no momento era a de tocar outros estilos de música, como a exercida polos Doors ou outros grupos famosos que naquel momento ilusionaban dende a radio. Desta forma, aos 19 anos, comezou a traballar nun pub para conseguir os cartos que lle servirían para mercar a súa primeira guitarra e algo de equipo. A partir desde momento comezaría unha nova etapa na súa vida musical, formaría con outro grupo de amigos La banda del Cruel, cun estilo rockabilly que enchía as inquietudes musicais dos seus membros. Despois desta, e como as inquietudes sempre van crecendo, formaría outra banda chamada Sector Límite, que mezclaría o rock sinfónico co pop. Con esta banda presentase a un concurso a nivel nacional e gañaran no apartado de pop-rock. Como premio, irían a Madrid, ao pavillón de deportes de Majadahonda e gravar unha canción nun dobre vinilo con outros grupos ganadores do concurso a nivel nacional. Alí presentouse unha gran oportunidade, que foi a de entrar nos 40 principales, lugar onde estaban despuntando bandas da sona de Duncan Dhu, Los Ronaldos ou Los Resentidos. Ofrecíanlle un contrato por tres anos co que tiñan a posibilidade de ter xiras durante ese tempo. A sorte quixo que non puidera lograrse este feito, xa que o cantante non puido conseguir os cartos necesarios que a promotora lle pedía.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Pero este escollo non fixo que Manuel se rendese, presentouse a outro concurso e tamén o gañou, e ata chegou a gravar unha maqueta no Lusquiños, que transformaron en casetes que logo foron vendendo, e pasando o tempo foron pasando os grupos e as persoas coas que tocaría, ata que se lle brindou a posibilidade de tocar con Cristina Pato, podendo acudir entre outros lugares ao Festival Intercéltico. Nesta ocasión coñeceu ao promotor da famosa gaiteira, Fasero, que lle ofreceu gravar un disco cas cancións que tivera feitas a nivel persoal. De esta forma, no ano 2007, sairía a luz o seu primeiro disco In your pillow que sería o inicio máis formal do estudio deste artista, que durante todo este tempo atopouse con problemas coma o de atopar músicos de estudio profesionais para as súas obras, como sería David Outomuro, que lle axudaría durante as gravacións das súas obras.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

A partires deste ano 2007, a carreira que tantos anos levou a este artista fíxose material a través da publicación de dous discos mais; no 2011 publicaría un disco en versión trío e no 2013 outro titulado Mediados de abril. Agora xa viu a luz o seu cuarto disco, Canciones desde el viejo café, con sete cancións que veñen gravadas, coma nas outras ocasións, produto dunha autoxestión, sen contar con axudas económicas exteriores, coa diferenza de que nesta ocasión preparouse un crowdfunding no que a xente podía aportar pequenas axudas a cambio de por exemplo unha copia do disco ou produtos exclusivos do mesmo.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Pero a vida de Manuel non soamente se quedou nas xiras e nas gravacións; en decembro do 2013 abriría un bar cultural na cidade, o cal lle permitiu levar a unha cantidade moi grande de músicos e artistas de todos os lugares, e que lle deu a oportunidade de non coñecer soamente ao músico no escenario, se non de saber que hai detrás deste artista cando non expresa o seu ideario na escena, ademais de descubrir que a xente da cidade desfrutaba con todo tipo de culturas, non só a musical, se non tamén co teatro ou ca maxia.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Con toda esta vida musical, non se pode quedar con ningunha persoa en particular coas que tivo ocasión de tocar, xa que segundo el todas elas foron dunha forma ou de outra influenciables, debido a que cada unha delas aportou algo na súa vida. De esta mesma forma, non pode decidir en que ámbito prefire tocar, xa que o directo en escenario grande aporta unha cantidade de xente moi grande, o que da unha motivación extra, mentres que a sala aporta unha cercanía que non da o escenario.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Falando de inspiración, Manuel teno claro, as mulleres son musas totais para el, e gran parte da súa produción está baseada nas historias de amor, aínda que nalgunha ocasión a inspiración ven dada por historias reais, propias ou axenas, que inspiran a elaborar letras que podemos escoitar nos seus discos.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

O futuro, desta volta, decídese ver coma un presente cercano, xa que ao músico non lle gusta ver moi lonxe dos nosos días, polo que a única cousa que ten en mente é o hoxe, ou como moito, o maña, polo que se centrará en presentar o seu novo disco e irse movendo como folla que arrastra o vento, ou polos distintos lugares que o vaian chamando, que, sen dúbida, non serán poucos. De momento podemos ter segura unha data, o 29 deste mes en Ourense, na Praza Maior, así que agardemos.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Noite Krahe no Auriense

IMG_516228
Carlos Blanco                                                                    Fotografía:Andrea Pérez Justo

Non sei onde o lin, non sei onde o escoitei, que nunha conversación que se estaba dando entre Joaquín Sabina e Javier Krahe, sobre cara onde desexaban proxectar as súas respectivas carreiras artísticas. O primeiro falaba de que anhelaba poder tocar un día nun gran recinto para miles de persoas, ao que o segundo lle respostou que o seu maior desexo sería poder tocar en bares con aforo limitado, en contacto directo co público, e poder vivir diso.

Esa idea foi levada á práctica durante toda a súa carreira, e a noite do venres ó sábado pasado, no café cultural Auriense, poidemos vivir unha perfecta representación iconográfica do sentido que el lle daba á interpretación dos seus temas. Esta laboura estivo nas mans de diversos artistas de diferentes puntos xeográficos, coordinados e xuntados nun mesmo espazo polo polifacético artista Carlos Blanco. É interesante citalos  a todos, pois cada un lle deu o seu toque persoal á interpretación: Roberto Sobrado, Leo Arremecághona, Jesús Piñeiro, Xosé Constenla, Uxía Senlle, Josito Porto, Sabela Dacal, Sergio Zarraeta e Pablo Vidal. Destacar a ausencia de Tatán, que aparecía cómo convidado ao evento, mais non puido chegar a tempo.

IMG_50933
Café Cultural Auriense                                                 Fotografía: Andrea Pérez Justo

O concerto estaba maquinado para ser iniciado en torno ás dez da noite, mais agardouse un pouco a que houbese algo máis de afluencia de público, co cal a hora aproximada de comezo foi en torno ás once menos cuarto. Sorprendeu ver que un cantautor con semellante traxectoria, e co elenco de artistas convidados, non tivese unha acollida máis fervorosa, no sentido número de asistentes, pois o que foi o desenrolo da velada, sí que foi moi acalorada, co cantarruxar continuo de varios dos asistentes cómo público, e debido ó ánimo que incitaron algúns para axudar nos coros ós que estaban sobre as táboas, cómo foi o caso de Uxía, que logrou arrancar das gorxas unha fermosa liña melódica de acompañamento, ou Sergio Zarraeta, que cos seus xestos, parodiando a Felipe VI,  conseguiu un acompañamento potente ao berro de “la hoguera”, aparte do esbozo de moitos sorrisos na faciana dos asistentes, que tamén logrou o cantante de Factoría de Subsistencia, Josito Porto, coa súa interpretación de “mi ovejita lucera”.

Non cabe dúbida de que, o público que arrastra a estela deste cantautor, que definiron en moitas ocasións cómo satírico, aínda que el afirmaba máis ben ser irónico, xa que no seu repertorio só contaba con seis ou sete cancións con aroma de sátira. É un público entregado de principio a fin, e como ben comentou o propio Carlos Blanco, cunha certa perspicacia e intelixencia; “co fácil que sería facer cancións que digan nada cun ritmo chin pum de fondo”, verbas de retranca que empregaría Leo, para sentenciar. En “cuervo ingenuo”, canción coa que se iniciou o recital, que foi posta en escea a cargo de Roberto Sobrado, xa daba mostras de que existían certas mentes que non eran do seu agrado.

En definitiva, o espectáculo quixo significar unha sentida homenaxe a Javier Krahe, que nun par de meses fará un ano que nos deixou, tanto dos que se atopaban reinterpretando os seus temas, cómo aqueles que lle ofreceron o seu aplauso aos mesmos, xa que este é o maior aliciente que atopan para seguir xirando con este espectáculo. Quizáis sería aplicable aquí, cómo ben se contaba nunha canción, “descansa en paz que ya escribí tu nombre, junto aquellos de los que jamás me olvido”.

David Conde Seoane

IMG_50842
Roberto Sobrado e Pablo Vidal                                                Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_51206
Leo Arremecághona                                                 Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_517529
Jesús Piñeiro                                                    Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_5132
Josito Porto                                                    Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_513310
Sabela Dacal                                                   Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_5110
Xosé Constela                                                        Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_521233
Uxía Senlle                                                                    Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_519130
Sergio Zarraeta                                                     Fotografía: Andrea Pérez Justo
IMG_514914
David Conde e Carlos Blanco                                             Fotografía: Andrea Pérez Justo
IMG_520632
Pablo Vidal                                        Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_51308
Uxía Senlle                                           Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_527936
Cerre final: Homenaxe a Javier Krahe.                           Fotografía:Andrea Pérez Justo