Archivo de la categoría: Música

Noite Krahe no Auriense

IMG_516228
Carlos Blanco                                                                    Fotografía:Andrea Pérez Justo

Non sei onde o lin, non sei onde o escoitei, que nunha conversación que se estaba dando entre Joaquín Sabina e Javier Krahe, sobre cara onde desexaban proxectar as súas respectivas carreiras artísticas. O primeiro falaba de que anhelaba poder tocar un día nun gran recinto para miles de persoas, ao que o segundo lle respostou que o seu maior desexo sería poder tocar en bares con aforo limitado, en contacto directo co público, e poder vivir diso.

Esa idea foi levada á práctica durante toda a súa carreira, e a noite do venres ó sábado pasado, no café cultural Auriense, poidemos vivir unha perfecta representación iconográfica do sentido que el lle daba á interpretación dos seus temas. Esta laboura estivo nas mans de diversos artistas de diferentes puntos xeográficos, coordinados e xuntados nun mesmo espazo polo polifacético artista Carlos Blanco. É interesante citalos  a todos, pois cada un lle deu o seu toque persoal á interpretación: Roberto Sobrado, Leo Arremecághona, Jesús Piñeiro, Xosé Constenla, Uxía Senlle, Josito Porto, Sabela Dacal, Sergio Zarraeta e Pablo Vidal. Destacar a ausencia de Tatán, que aparecía cómo convidado ao evento, mais non puido chegar a tempo.

IMG_50933
Café Cultural Auriense                                                 Fotografía: Andrea Pérez Justo

O concerto estaba maquinado para ser iniciado en torno ás dez da noite, mais agardouse un pouco a que houbese algo máis de afluencia de público, co cal a hora aproximada de comezo foi en torno ás once menos cuarto. Sorprendeu ver que un cantautor con semellante traxectoria, e co elenco de artistas convidados, non tivese unha acollida máis fervorosa, no sentido número de asistentes, pois o que foi o desenrolo da velada, sí que foi moi acalorada, co cantarruxar continuo de varios dos asistentes cómo público, e debido ó ánimo que incitaron algúns para axudar nos coros ós que estaban sobre as táboas, cómo foi o caso de Uxía, que logrou arrancar das gorxas unha fermosa liña melódica de acompañamento, ou Sergio Zarraeta, que cos seus xestos, parodiando a Felipe VI,  conseguiu un acompañamento potente ao berro de “la hoguera”, aparte do esbozo de moitos sorrisos na faciana dos asistentes, que tamén logrou o cantante de Factoría de Subsistencia, Josito Porto, coa súa interpretación de “mi ovejita lucera”.

Non cabe dúbida de que, o público que arrastra a estela deste cantautor, que definiron en moitas ocasións cómo satírico, aínda que el afirmaba máis ben ser irónico, xa que no seu repertorio só contaba con seis ou sete cancións con aroma de sátira. É un público entregado de principio a fin, e como ben comentou o propio Carlos Blanco, cunha certa perspicacia e intelixencia; “co fácil que sería facer cancións que digan nada cun ritmo chin pum de fondo”, verbas de retranca que empregaría Leo, para sentenciar. En “cuervo ingenuo”, canción coa que se iniciou o recital, que foi posta en escea a cargo de Roberto Sobrado, xa daba mostras de que existían certas mentes que non eran do seu agrado.

En definitiva, o espectáculo quixo significar unha sentida homenaxe a Javier Krahe, que nun par de meses fará un ano que nos deixou, tanto dos que se atopaban reinterpretando os seus temas, cómo aqueles que lle ofreceron o seu aplauso aos mesmos, xa que este é o maior aliciente que atopan para seguir xirando con este espectáculo. Quizáis sería aplicable aquí, cómo ben se contaba nunha canción, “descansa en paz que ya escribí tu nombre, junto aquellos de los que jamás me olvido”.

David Conde Seoane

IMG_50842
Roberto Sobrado e Pablo Vidal                                                Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_51206
Leo Arremecághona                                                 Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_517529
Jesús Piñeiro                                                    Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_5132
Josito Porto                                                    Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_513310
Sabela Dacal                                                   Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_5110
Xosé Constela                                                        Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_521233
Uxía Senlle                                                                    Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_519130
Sergio Zarraeta                                                     Fotografía: Andrea Pérez Justo
IMG_514914
David Conde e Carlos Blanco                                             Fotografía: Andrea Pérez Justo
IMG_520632
Pablo Vidal                                        Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_51308
Uxía Senlle                                           Fotografía:Andrea Pérez Justo
IMG_527936
Cerre final: Homenaxe a Javier Krahe.                           Fotografía:Andrea Pérez Justo

El Dub de los muchachos, as funcións rematan en Bemposta.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Sábado, 7 de maio, o arume a incenso comeza a invadir a sala do antigo ximnasio da “cidade dos muchachos” e o reggae soa con forza no seu interior, os vidros retumban cos graves. Chegamos xa comezado o espectáculo, Micelio xa rematara e nos equipos artesanais xa soan os Bababoom, a xente comeza a ser invadida polo ritmo a medida que avanzan os minutos. Pouco despois podemos falar con un dos organizadores do festival, Toni, o cal nos leva a carpa onde trapecistas e demais artistas ensaiaban os seus números día tras día. Alí, nun día máis acostumado a invernía e non á primaveira calurosa que nos ofrece a cidade habitualmente podemos falar con tranquilidade. Segundo nos conta, todo comeza por uns aniversarios que varios dos socios tiñan en común, que ao principio pinchaban nun garaxe, cos seus amigos. Un día decídese pasar a máis e lévase a festa ao Pueblo, éxito inesperado para os amigos. Debido a este, o que nun principio fóra algo esporádico convértese en habitual e se pasa a traer bandas e cantantes doutros lugares, cobrando unha entrada simbólica que servirá para unha posterior mellora de equipo, sempre a paseniño, coma teñen que ser as cousas. Non contentos con esa “claustrofobia” que dan os espazos cerrados decídese organizar algo ao aire libre, e ante a dúbida do lugar, e a través de diversos contactos, chégase a un acordo para organizalo na zona de Bemposta. Ao principio os organizadores estaban reticentes, xa que en  experiencias pasadas as cousas non saíron ben; pero foise outorgado un voto de confianza e non habería nada do que arrepentirse; 350 persoas animáronse nunha festa na que habería artistas galegos e na que o tempo si axudaría.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Debido a este éxito, e con aforros que se van gañando de forma tanto conxunta como individual, faise un segundo evento. O curioso deste festival radica en dúas cousas: a primeira, que o dub reggae sirve coma punto de unión entre os organizadores e os asistentes, de gustos diferentes, o que fai de cuna para crear un novo movemento no xénero; segundo, o “soundsistem” que radica en que os equipos de música que escoitamos son feitos de maneira artesanal, cada grupo fai o seu, e podemos atopar equipos de miles de vatios feitos cas mans dos artistas.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

Falando de presente e de futuro, podemos ver que na actual edición a variedade e maior, xa que contase con artistas de diversos puntos da península e incluso de Bristol, Inglaterra, e contábase cunha asistencia similar a da primeira edición. O día de maña, o obxectivo é facer un festival máis grande no tempo, abarcando dous días, nun lugar que en principio non será o mesmo que o destas dúas edicións, e esperando recibir algunha axuda por parte do exterior, xa que todo ata o momento ven do froito da autoxestión, e algunha pequena axuda de pequenos locais. Agora o que toca é agardar.

David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa

 Voltamos despois dun rato ao ximnasio, o arume a incenso xa invadiu o local e comeza a entrar na xente que cada vez sinte máis a música, cos seus van e ven. Os Bababoom remataron xa, pero o espectáculo non comezara aínda: Koko Vega, Kobo Dadda, Dubiuggler & Pato Ranking, Ras Tanzanite e Nyahbinghidub non falaran no momento, por diante quedaban horas de música, bo ambiente e moita noite para o disfrute.

            Daniel Luís Otero