Archivo de la categoría: Poesía

Un poeta é aquel que albisca máis alá do seu crepúsculo e contempla as miúdas pingueiras de átomos solemnes que mudan a dor do contemplativo, a poesía é un refuxio para o antihéroe que entende o mundo mellor que ninguén máis non enturbia as augas para que parezan máis profundas. A algúns póñenselle os pelos de punta no solpor, outros, gardan o vacío existencial no seu corpo e mudan de pel se é necesario.
O poeta recita para sí mesmo a melodía da contracultura neste século que pide a berros unha transformación prudente. El naceu para ser destiño, para debuxalo, para ser o sinxelo interlocutor entre o ego e os atributos estoicos. O poeta non teme ser incomprendido, non pretende o rapsoda actual rimar en estructura metódica se non danzar arredor das palabras e erguer a testa ante a morte, sen medo, sabendo que non significa nada. A contracultura naceu para debuxar nas marxes das libretas, romper as estructuras do arte e elevar a calquera mortal a unha inspiración catártica xa sexa a partir de Rimbaud ou de Kiko Neves.

Pablo Gómez Portas

El reflejo de mis ojos cuando miras.

O video-poema de Uxía Rodriguez «El reflejo de mis ojos cuando miras» esconde moito de introspectivo e sustancial en canto a relación do verso e imaxe así como que pretende ser un alegato o mundo interior; o iceberg que todos escondemos nos adentros, unha ansia por entrar no corpo doutra persoa para sentir o que sinte, para ensinarnos as razóns da existencia e do amor como unha mostra de desexo entrelazado cun parentesco cos reflexos nos ollos e onde cecais a autora quere  atopar a verdade. Un mundo branco onde os dous, ela máis el ou a súa poética corpórea atópanse unidos por unha mesma cor e onde o tempo logra deterse nunha imaxe, nun intre concreto, nunha causa vital común; a mirada coma desexo e desafio. Brais Sánchez foi o encargado de interpretar o verbo e dirixilo cara a imaxe , sendo o editor dunha obra completa e conxunta , un traballo o que temos moita estima dende Revista Orballo tanto pola súa calidade así coma polas figuras que nel participan que tan importantes son para nós.


Por Pablo G.Portas

 

 

XERACIÓN ORBALLO (Parte II)

Por Pablo Gómez Portas


A Xeración Orballo é xa unha realidade, unha forma de ver o mundo actual que divaga entre feitos pasados e presentes sen o esquezo do idioma, das xentes que habitarion este país antes ca nós, das xa mencionadas “Nais do noso século” .A Xeración Orballo e o pulso que mantén a prosa e a imaxe , a estética e a palabra cada vez máis depurada, cada vez máis letal. Os que xa escoitaron o programa vía web ou ben asistiron o recital-exposición aniversario tiveron a oportunidade ese sábado 7 de abril de recoñecerse na  diversidade en canto a visión poética , do pulso que mantemos contra a mediocridade nun século onde a tecnoloxía e a rapidez son os piares, e contra el a poesía, a imaxe , as pausas e os silencios ,os  recitais longos e longos programas de radio sen ter en conta a efectividade e o instantáneo , máis ben deixando cabalgar os versos e as expresións, atentos e en silencio , falando coa pausa necesaria e coa actitude dunha revista cultural que pretende cada vez chegar máis lonxe.

Sin título 1
De esquerda a dereita Nuria Paz, Noemí Cordeiro e Manuel Maside

Manuel Maside espera a súa quenda fora, inquedo pola necesidade de mostar o que sinte , de ensinarlle o público cales son as súas inquedanzas cales as pausas e tamén as palabras precisas para recitar o sublime das súas verbas. Unha poesía que xa forma parte da nosa idiosincrasia. Nos cremos Manuel Maside coma el cree en nós. O autor de “ O inimigo” ou “ Relato contemporáneo de tempo perdido” atrévese de novo a ensinar os seus poemas. Ten gañas de ensinalos, ten ganas de que o público coñeza o seu carácter, ten gañas de ser e de existir, de dar a cara con sinceridade. Hoxe publicamos nesta crónica un poema inédito para todos aqueles seguidores que xa desfrutan dos seus versos en Poesía Orballo:

ATMOSFERA

Soa a radio de fondo

Castelos nese ar espeso

O fume das estrelas que fuman

O lugar que xorde da nugalla

 

Seremos insolencia no primitivo

Ausencia no lume que nos garda

Seremos pelexa no dominio

E máis escravos taciturnos na tolemia

 

Podrece a flor de outono

Para ela só hai sol na madrugada

O vaso medio baleiro

Os ollos chantados na lúa

Divididos na calma

Ollando o serán que infunde calma

Sobre as mans tendidos na area

Posta a tilde sobre o veleno

 

Loitaremos pola vergoña

Suaremos polo movemento

Deitarémonos nas soidades

E cortaremos o colo do sono

 

Déixame calmo, déixame

Sobre a terra que me mandou ó mundo

E na que podrecerei, deus queira

Alimento para o soño eterno.

 

 

Nuria Paz, móstrase segura , capaz de engaiolar o público co seu vocabulario audaz, que alza a visión poética das vangardas que tanto recordarán o lector de Orballo a figura de Manuel Antonio coa súa violación das regras da sintaxe, os caligramas e a súa interpretación do cubismo que bebe da retórica literaria de Apollinaire. Unha Poeta que escrebe en galego por convicción que roe as tempestades con verbas elocuentes, violentas e cun grado de humor que fala moito da dor interior que eu , humilde servidor, atina a descubrir na súa personalidade inqueda e sobre todo inspirada e inxeniosa. Velaquí unha mostra da súa capacidade de unir e enlazar composición e verba, unha mostra que non rematará aquí se non que teredes a oportunidade de leer e captar as súa obra en vindeiras edicións de Poesía Orballo.

 

Son oitenta días.

Son ointenta,

nada máis.

De camiño,

virá Julio a Verme.

Din que arde a 6000º Celsius.

E aí dentro,

xusto no centro,

onde combustiona a historia de maneira sincrónica,

nin

Jack porde ir por

P

A

R

T

E

S.

 

_____Nuria Paz

 

 

Para rematar mostramos como en Xeración Obrallo Parte I a obra artística en imaxes, desta volta a protagonista foi Noemí Cordeiro quen con moito atino en canto a filosofía de Orballo mostrounos os seus segredos de infancia, o seu retorno a nenez en fotografías cuxos recunchos cargados de vida e recordos soubo interpretar a de Moaña coa habilidade e a sensibilidade necesarias, feito que volta a recordarnos a memoria que tanto alenta a preservar o mestre Araúxo en fotografías lícitas e licencias fotográficas en forma de galería.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Crónica Xeración Obrallo I e II : Pablo G.Portas



El pase de diapositivas requiere JavaScript.