Archivo de la categoría: Poesía

Un poeta é aquel que albisca máis alá do seu crepúsculo e contempla as miúdas pingueiras de átomos solemnes que mudan a dor do contemplativo, a poesía é un refuxio para o antihéroe que entende o mundo mellor que ninguén máis non enturbia as augas para que parezan máis profundas. A algúns póñenselle os pelos de punta no solpor, outros, gardan o vacío existencial no seu corpo e mudan de pel se é necesario.
O poeta recita para sí mesmo a melodía da contracultura neste século que pide a berros unha transformación prudente. El naceu para ser destiño, para debuxalo, para ser o sinxelo interlocutor entre o ego e os atributos estoicos. O poeta non teme ser incomprendido, non pretende o rapsoda actual rimar en estructura metódica se non danzar arredor das palabras e erguer a testa ante a morte, sen medo, sabendo que non significa nada. A contracultura naceu para debuxar nas marxes das libretas, romper as estructuras do arte e elevar a calquera mortal a unha inspiración catártica xa sexa a partir de Rimbaud ou de Kiko Neves.

Pablo Gómez Portas

A casa das Areas

Da poeta Mónica Pérez Rivera autora do Blogue O Axexo

Microscópicamente esporeada coma [se]milleiros de agullas a loitar para se afacer cun nano espazo da dermis.

Acupuntura de microplastos sobre este espido magno.

Humedecer cos bafos das mareas para prender nelas:

Tensionar,
intensificar,
na temporalidade punzante de horas mortas,

correntes,

alternas…

Ser produto máis non venda.

Desentumecer o sentir das partes
e en conxunto, adormecer nas beiras.

Soñar esperta e espertar con ela
no espido magno,
ao abeiro da casa das areas.

Ilustración de
Christina Mrozik

O Axexo: Blogue da autora

Poemas en Atenas. Kléo

De Alicia Piñeiro:


Chórote
mai, irmá, abuela
Terra
miña Terra.
Chórote
dende lonxe, dende o meu camiño
cara Ítaca,
Terra,
miña Terra.
Chórote vendo
como te ardes
como te queiman,
Terra,
miña Terra.
Chórote,
mai, abuela, irmá,
Terra,
miña Terra.
Chórote
porque me afastan
e de ti me afasto,
Terra,
miña Terra:
irmá, mai, abuela.
Odio a Ítaca por terme aquí, sen ti,
mais terás que perdoarme,
porque Ítaca,
Terra,
Miña terra,
son eu.
Eu son Ítaca.
Eu en busca de min mesma en manía persecutoria.
Terra,
miña Terra
E me levo,
con “vento en popa a toda vela”,
lonxe, lonxe me levo de ti,
Terra,
miña Terra.
“Bicos, bicos, moitos bicos. Que os bicos tamén alimentan.”

Ilustración Mar Ocampo