Un poeta é aquel que albisca máis alá do seu crepúsculo e contempla as miúdas pingueiras de átomos solemnes que mudan a dor do contemplativo, a poesía é un refuxio para o antihéroe que entende o mundo mellor que ninguén máis non enturbia as augas para que parezan máis profundas. A algúns póñenselle os pelos de punta no solpor, outros, gardan o vacío existencial no seu corpo e mudan de pel se é necesario.
O poeta recita para sí mesmo a melodía da contracultura neste século que pide a berros unha transformación prudente. El naceu para ser destiño, para debuxalo, para ser o sinxelo interlocutor entre o ego e os atributos estoicos. O poeta non teme ser incomprendido, non pretende o rapsoda actual rimar en estructura metódica se non danzar arredor das palabras e erguer a testa ante a morte, sen medo, sabendo que non significa nada. A contracultura naceu para debuxar nas marxes das libretas, romper as estructuras do arte e elevar a calquera mortal a unha inspiración catártica xa sexa a partir de Rimbaud ou de Kiko Neves.
Quen se mutilaría o rostro pola arte? Quen? Quen diría «aló repousa a miña alma»? «Vendinme, son un traidor»?
Noxo pola vida enlamada, as vísceras quentes Noxo polo fracaso e a vitoria ao mesmo tempo A saudade O descontento Ollar atrás e ver anos perdidos Ollar adiante e non ver o éxito nunca
Deixa de ser lixo, faite home dunha vez!! A arte non leva a ningures E ti te chamas poeta? Noxento Moi noxento Con ganas de vomitar no medio da rúa Querer ser visceral e doce ao mesmo tempo Naufraxio da mente no copo de alcohol Dúbidas e desacordos fulminantes Ao lonxe vese un porto onde nunca chegarás Porque coma Moisés estás condenado E nas lagoas da mente navegas perdido Sen vento, só un sopro fedorento Só a túa vida, nada máis Nada máis
Hai un tolo que se mutilaría pola arte Non son eu Eu son un vendido noxento
Te despiertas, y otro día más pasas a ser una marioneta de las circunstancias. Los vicios que alimentan tus pesadillas son lo único real, y mientras te juras que mañana romperás la rueda la herida crece y crece, tanto que ya te define más de lo que tu mismo estás dispuesto a aceptar.
Como el que intenta curar una adicción con otra, nos acabamos volviendo adictos a las emociones, la vida pasa a ser una completa improvisación con la que nunca estás del todo satisfecho. Buscas consuelo en el pasado, en el futuro o en los demás, pero nunca en ti mismo porque ya no estás seguro ni de quien eres.
Denuncias a los demás, denuncias a un mundo lleno de personas vacías, pero al menos ellos no son conscientes de que lo son. Y mientras tanto tu sigues refugiandote en una realidad ficticia, sin atreverte a dirigir tu mirada hacía el único lugar al que nunca queremos mirar, hacía unos mismos.
Y un día te mirarás al espejo y con asombro verás tu imagen reflejada en los ojos de un completo desconocido. Y puede que entonces puedas decidir en que lado del reflejo quieres vivir.
Luis Ruanova
Fotografía: Xosé Garrido
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.