Archivo de la categoría: Sociedade

ATRAPADOS NAS REDES

Autora: Sheila Caride Fernández



Un día máis sentada na rúa do Olvido, vexo á xente pasar. Vaia!… outro pegado ao seu teléfono “intelixente”, revisando as súas redes sociais. Quizás algunha vez ouvistes falar da obsolescencia programada. Os produtos electrónicos son fabricados cunha vida útil determinada, calculando de antemán durante canto tempo poden chegar a funcionar, condenados a destrución. Pero en moitos casos, estes aparellos destrúen outros aspectos. Parece que tamén se programou unha decadencia da sociedade, unha obsolescencia social.

Os avances tecnolóxicos e os novos modelos de socialización estannos a converter en prehistóricos emocionais; marabillosos avances que nos permiten conectarnos e comunicarnos en todo momento, pero con calidade? Xa non falamos mentres esperamos na parada do autobús, do frío invernal nos ascensores ou dos refráns co veciño da aldea. Agora facemos selfies, comentamos fotos, compartimos noticias, poñemos filtros … Quizás a parte máis preocupante é porque a xente de a pé nos ocultamos en perfís e conversacións trabadas de emoticonos? Escondémonos detrás dunha imaxe social, ocultando os nosos corazóns e a nosa realidade detrás de polgares azuis buscando aprobación allea, buscando agradar.

O gran Eduardo Galeano falaba da «cultura do envase» onde cobra máis importancia a aparencia que a esencia, a roupa máis que o corpo, o contrato do matrimonio máis que o propio amor… Creo que non nos puido definir mellor; as fotos da internet e os perfís das redes sociais convértennos en escaparates de venta, en vendedores de fume e en compradores de aprobación.

 Pero a vida non ten filtros, non da tempo a recoller todos os momentos.     Xusto no instante antes de saltar a unha nova aventura,cando se colle impulso e case se toca o vento, iso, non se recolle nun fotograma ideal. Non somos todos tan perfectos como parece nas redes, non vos fiedes dos perfís do ego! Non nos enganemos, os estereotipos estiveron e continúan,  pero quizás agora co incremento da influencia das redes sociais e os referentes destes «métodos de socialización»;  a importancia da aparencia cobra máis valor, en algúns casos excede os limites. Na internet, pódense atopar referentes para mellorar a nosa imaxe social; para que ler un libro que nos abra a mente, podendo cambiar a foto de perfil, non?

ATRAPADOS NAS REDES
Atrapados nas Redes // Fotog: Sheila Caride Fernández

Pero de que nos estamos escondendo detrás desta aparencia? que buscamos? aceptación social? recoñecemento? Eu tamén son unha escrava máis da sociedade, sometida a tódolos cánones de beleza, e agora mesmo a uns cánones sociais…se non tes un ou varios perfís nas redes xa non estás socialmente incluído. Unha falsa compañía pero realmente non estamos máis sós ca nunca? Pero realmente tanta xente se preocupa por nós?

Preguiza social! Rexeitemos as actitudes de prexuízos e abandonemos os xuízos da aparencia. Digamos a verdade á cara e deixemos os eloxios nas redes, sexamos coherentes ás 10, ás 12 ou ás catro da maña nunha noite de verán. Continuemos apreciando á xente de verdade a que non  se oculta, que é a mesma persoa dentro e fora, sen disfraces dixitais, sen avalares virtuais, recordando que unha mirada nunca minte.

Volvamos a falar con acento galego, con paixón das paixóns, falemos do tempo, da choiva e do vento, cobremos a débeda da cea pendente, deixemos que a túa compañía se asocie ao olor do café recén feito. Lembra que a sensación cando aparece esa persoa e te quedas sen alento, non se recolle nun estado de Whatapp.

Recoméndovos volver ós charcos a xogar co barro…de vez en cando…, soltemos o lastre da vida seria e artificial. Que segan comezando as relacións cos demais nunha boa verbena, no bar de sempre ou no medio da Ponte Romana, despois de chocar por mirar cara a corrente. Que a nosa felicidade estea nas persoas de verdade, nos grandilocuentes actos de cariño e nun simple, oes hoxe unhas cañas?, e non no número de seguidores.

Un día máis, vexo a xente pasar, sentada na escaleira do esquecemento. A ese rapaz non só lle recomendo aparcar o teléfono para non escornar na beirarrúa, senón tamén para ver a cor das cousas. Vamos sé valente, non lle escribas nas redes, que non sexa soamente fume,  fala ca mirada, sé auténtico…un día máis na rúa do Olvido.

El Camino de la Forastera

1294 km.

Esta es la distancia que separa Bilbao, ciudad en la que nací, me crie y estudié, de Lucerna, villa suiza en la que vivo desde hace ya tres años y medio. ¿La razón? Mucha suerte y nada que perder.

IMG_20170418_195452
«Atardecer en Rigi tras la tormenta»

Cuando media juventud española temía ver en otros países las oportunidades laborales que España no les podía ofrecer y paulatinamente dejaban el país para comenzar sus carreras por Europa, yo estaba eufórica por tener mi primera oportunidad laboral en el extranjero…en una ciudad que no sabía ni que existía. Sí, sí, os explico cómo fue la jugada: yo estudié Turismo y después, Periodismo. A punto de terminar la segunda carrera, tenía que buscar prácticas relacionadas con Periodismo, pero, navegando en Twitter, encontré una oferta en el extranjero relacionada con Turismo. Era muy improbable y en ese momento imposible pues no había terminado la Licenciatura, pero apliqué al puesto. 6 meses más tarde, a punto de terminar mi último mes en prácticas en una revista, me llaman y preguntan si estoy interesada aún en el trabajo. Muy confundida (y con un poco de jeta), les pido que me manden de nuevo la oferta: no me acordaba ni de la empresa, ni del puesto y mucho menos en qué ciudad era… ¡Suponía que sería Londres y, ja! También empezaba por L, pero ahí terminan las similitudes.

Lucerna, en el centro de Suiza. Los estereotipos saltaban por mi cabeza: país donde políticos españoles llevaban dinero y turistas traían chocolate. Donde se come fondue y hace un frío alpino. Donde la población domina los deportes de nieve y siempre son puntuales: yo jamás he sido puntual, no me llevo bien con la lactosa y mucho menos con el esquí. Aun así, acepté y 15 días más tarde aterricé en mi actual país de residencia.

CSC_0046
«Pilatus on»
CSC_0045
«Pilatus off»

¿Por qué?

Siempre me he considerado una persona curiosa: todo comenzó con el interés que me provocaban los idiomas. Esto se acentuaba cuando viajaba con mis padres y me sorprendía con las costumbres de niños de otros países. Me resultaba frustrante no poder ser amiga de ellos por no poder descifrar sus lenguajes. Continuó con la aparición de las Spice Girls y la oleada de coreografías creadas por cientos de niñas en el colegio. Me encantaba su música, pero no entendía sus letras…

Años más tarde notaba que la inquietud se convertía en afición: además de los idiomas, también quería conocer las culturas de los países extranjeros: comidas, población, paisajes, folklore…Pero yo no quería ser turista. Aborrecía al turista de la Costa del Sol que aparecía cada inicio de verano en las noticias con la panza al aire y una cerveza en la mano. Yo quería vivir una inmersión en una sociedad ajena a la mía.

CSC_0672
«Besos de vaca»

Así pues, terminé en Lucerna, donde trabajo organizando viajes a jóvenes americanos de mi edad que quieren descubrir Europa. Ahora, estoy orgullosa de formar parte de esta nueva generación que, ya no solo alimenta el turismo de sol y playa tan característica durante los 90, sino que ayuda a otros aventureros a descubrir mundo. Viajar significa hoy en día, afrontar retos que provoquen adrenalina, enriquecerse para ser más independientes y aceptar todo tipo de experiencias, pero, sobre todo, de vivirlas.

CSC_0525
«Amanecer en la cumbre del monte Pilatus»

Autora/Fotografía: Camino Granado