Archivo de la categoría: Sociedade

Un encontro con Xosé Touriñán

“Os galegos temos superpoderes, sobre todo para facer comedia, e temos que aproveitalo.”

Esta fin de semana un ateigado Auditorio Municipal do Carballiño recibiu ó actor e humorista Xosé Antonio Touriñán, que acudiu á vila ourensá a representar o seu monólogo Manolo Lojo, unha actuación que se enmarca dentro do ciclo de humor Carballiño Comedy2. Tan boa foi a acollida por parte do público que tívose que programar outro pase para o domingo, xa que o día propio do espectáculo, o sábado 14, quedábase corto para acoller a tanta xente que quixo acudir a botar unhas risas co humorista de Culleredo. As desventuras da vida de Manolo (personaxe que representaba Touriñán) foron acompañadas durante a hora e media que durou o monólogo ca música que producían as gargalladas do público. Risas e bo ambiente para combater o frío daquela noite no Carballiño.

rodriguez_iag-3
Touriñán durante o espectáculo.          Fotografía: Iago R.Cortón

Revista Orballo acudiu ó evento e tras rematalo pase do sábado puidemos falar con Xosé:

Cales son as sensacións que che deixou o espectáculo desta noite?

Espectacular, que che digan ó remate dunha función: podemos abrir outra? Pois dálle, acabouse unha función abrimos outra? Home, pero non ma poñades ás 12 da noite que haberá que ir tomar algo polo Carballiño (risas). Por iso puxémola o domingo pola mañá tamén. Foron dúas funcións moi chulas e eu a verdade paseino moi ben.

Fálanos un pouquiño deste espectáculo que hoxe representaches. É parte dunha xira por Galicia?

Este espectáculo ten xa doce anos, xa case podémolo considerar unha xira vital pois levo un terzo da miña vida facendo Manolo Lojo. Este personaxe naceu dun concurso de monólogos, daqueles que facíanse na nosa zona da Coruña e da que saíron xente coma Rober Bodegas, David Perdomo, Osvaldo, etc. Eu naquel tempo traballaba co meu compañeiro Marcos Pereiro e presenteime a un deses concursos no que fun pasando fases e facendo anacos de textos, mais cando tivemos todo o boom de Mucha e Nucha deixeino aparcado e recupereino fai tres ou catro anos, con algunha cousiña nova xa que monólogos de Xosé Touriñán non teño, agás o do Club da Comedia, que por certo parte del é herdanza de Manolo Lojo. Xira non fago, cando teño un tempo libre fago catro ou cinco bolos por Galicia. Xa poucos sitios da nosa terra quédanme por percorrer con Manolo Lojo.

Veste cruzando os Ancares cos teus monólogos? Xa deuche un pasiño acudindo o Club da Comedia.

Vós como veriades se levo a Manolo Lojo en castelán por España adiante? Pensades que funcionaría? A verdade é que estou moi contento ca reacción da xente tralo paso polo programa.

Quixeches rebater eses tópicos que temos os galegos no resto de España, como por exemplo ese sentimento de inferioridade que disque temos cos respectos os outros pobos?

Non, eu fun o Club da Comedia para presentarme. Son galego e estou moi orgulloso, temos que esquecernos, nós os primeiros, dese tópico de que somos menos cos outros, no momento no que esteamos orgullosos nós e saquemos peito do que temos o que digan os demais vainos importar pouco. É unha lousa que temos nós propia, e estou moi contento do que pasou no Club da Comedia porque o que me chegou de volta, por exemplo nas redes sociais, foi certo orgullo de como nós deixei quedar. Hai tamén unha idea de que humor de aquí non se entende fóra, bueno, ó mellor non se entende se digo Carballiño ou Betanzos, é coma se un andaluz fai un chiste con Dos Hermanas, por exemplo, se ti non es de alí o máis seguro é que non o coñezas. En fin temos que rirnos máis e deixarnos de todas esas caralladas, ter máis sentido do humor e tirar cara adiante.

rodriguez_iag-5

Cal é a clave para conectar ca xente? Hai unha fórmula máxica?

O único que intento é crelo eu, ser sincero co que fago, dende que empecei teño claro que primeiro de nada tenme que facer gracia a min. O que intento cada vez que estou nun escenario ou nun plató de televisión é facer rir ó público que estame a ver ou ó cámara, e se tamén rise meu compañeiro, coma cando era Marcos ou Roberto, o que está detrás vai ser cómplice meu e vaise rir tamén comigo. O final é un xogo divertirnos ou non divertirnos punto e final, a comedia é que me faga rir ou que non me faga rir. Non hai fómulas, ou é fácil ou é imposible, non se pode ensinar como facer para ter éxito. Os galegos máis ca o resto temos superpoderes, sobre todo para facer comedia, e temos que aproveitalo.

 O humorista nace ou faise?

As dúas cousas. Tes que nacer, eu nunca na vida pensei que me ía dedicar a isto xa que dábame vergoña estar nun escenario, pero tamén despois é traballar e escoitar de todo, ir buscando nun determinado contexto o que fai gracia e ir probando e seleccionando. É coma calquera oficio cando máis tempo lle dedicas suponse que mellor vai ser, eu espero que cando sexa moi vello sexa a puta hostia (risas).

Como remate unha frase ca que te autodefinirías?

Non o sei, é mellor preguntarlle o resto do mundo, a verdade e que preguntarme a min mesmo por min é a cousa que máis vergoña me da. Non che sei dicir, quizais Forza Depor! (risas).

Autor: David Sabucedo Cardero

Fotografía: Iago Rodríguez Cortón

Menú da noite: Carlos Blanco


IMG_5328
Carlos Blanco e David Conde.                                      Fotografía: Andrea Pérez Justo
“Que nunca falte o humor no teu menú de cada día”

Esta aseveración, convertida en adicatoria feita por Carlos Blanco para aqueles que lle piden un autógrafo, é o perfecto encabezamento para relatar o que significa a obra que representaron no Auditorio Municipal de Ourense, aquel húmido sábado de fai tres semanas, no cal conseguíu practicamente agotar entradas nos dous pases que se deron, a pesares de que ningún medio ourensán se fixo eco de tal acontecemento. O impulso das redes sociais e o boca a boca, fixeron igualmente unha labor espectacular, para conseguir concentrar a unhas mil persoas nese delicioso menú da noite. A chegada á cidade ourensá produciuse no marco dunha especie de xira galega, na cal con anterioridade xa actuaran en Vigo, Cangas, A Coruña, Vilagarcía e a Illa de Arousa.

Tivemos a sorte de poder conversar co actor Carlos Blanco e falar do divino e o humano, que se soe dicir, para intentar comprender que era o que escondía nesa pota na que cociña o seu menú en directo. “Cociñamos o produto”, nos comentaba, facendo referencia a que cada día pensamos en qué podemos facer de comer, e no seu caso el di que o que fai é humor, que á súa vez é o que lle da a el de comer. O artista, polo tanto, tamén ten que indagar en qué espectáculo facer para obter un bo menú, pois xa se sabe que o mellor é intentar seguir unha dieta equilibrada. O caldo que se cociña, faise en directo, e pódese comprobar no ambiente un arrecendo que alimenta, e que enche todo o espazo, a través dun efecto que logra involucrar ao espectador de cheo na obra, pois tanto o sentido visual cómo o olfativo, e por ende, case tamén o gustativo, se poñen a traballar a pleno rendemento. De feito, ó final da obra, púidose degustar o produto elaborado durante o espectáculo.

IMG_5343
Entrada ao espectáculo (Auditorio).                                   Fotografía: Andrea Pérez Justo
IMG_5348
Segundo pase: Menú da noite.                                                Fotografía: Andrea Pérez Justo  

A presentación en escea é digna de mención. Son tan só Luís Davila e o propio Carlos Blanco os que están enriba do escenario, pero o espectáculo ten un ritmo frenético. A combinación do humor coa representación pictórica, presenta unha novidade que se resaltou na conversa co actor, na cal nos explicou que había un duro traballo de moito tempo atrás, dende agosto do ano pasado, no que xestou a idea, e no cal se buscou a perfecta simbiose entre o que o humorista contaba e o que o outro humorista gráfico podía representar. Medíanse os tempos para calcular con exactitude o relato con todo o proceso da realización dese cadro que buscaba enmarcar a historia. Velo en directo é unha delicia, pois sobre unha gran pantalla, segundo se ía contando o que se quería contar, Luís Davila esbozaba o seu debuxo cunha axilidade digna de aquel que tanto se gabou pola súa velocidade en tempos pretéritos, e que se coñecía polo nome de Gasparetto. Incluso en moitos casos, sobre unha obra determinada, facía auténticas trasnformacións en función do que se lle fose solicitando a través do que se estivese falando nese momento. Ata se lle plantexou o reto de montar unha iconografía en dous minutos, cousa que logrou realizar, permitíndose incluso meter ata os máis pequenos trazos detallísticos.

A conversa, volvendo ao tema do falado na entrevista, xirou nun momento determinado en torno as posibilidades do humor na actualidade, e cal sería a súa función social, na cal explicou que a día de hoxe, o humor está certamente forte, xa que cando o que nos rodea é o drama, o que queremos son produtos de evasión, e nese sentido, o humor xoga un papel fundamental, ó igual que despois do Crack do 29 nacían grandes produccións destinadas ao entretemento, “como Tarzán” que servíu para exemplificar o que nos estaba a explicar. Tamén se tocou o tema da censura que existe nos nosos días, que definiu máis ben cómo autocensura, pois tiñamos que ser conscientes de que meterse con certos sectores podría implicar levantar un algo de crispación nos mesmos. Define o seu humor cómo o seu apelido, Blanco, con tintes picantes ás veces, pero, que sen dúbida, o seu é un espectáculo que pode ser compartido por tres xeneracións perfectamente, pois busca esa, confluencia, palabra que hoxe está tan de moda, para conseguir montar un evento que permita que a avoa, filla e neta poidan ir xuntas a desfrutalo. Evita, por outra banda, a xogar a meterse co débil, e pugna por facer unha especie de ataque contra o machismo, tema no que afirmou ser moi insistente, e polo que amosou un desprezo absoluto.

Por último, comentamos algo que non se pode evitar comentar cun actor, que é a súa visión sobre o futuro do audiovisual galego, e en concreto cara onde se proxectaba a figura de Carlos Blanco, ó que respostou que agora camiñábamos cara cousas quizáis máis pequenas e máis sinxelas, pois se deu un abaratamento dos custos de rodaxe, xa que hai mellores equipos en relación calidade/prezo, e a saída clave son as redes sociais, polo que o traballo se focaliza na creación de webseries e cousas varias autofinanciadas. A televisión pública galega, tamén podería xogar un papel importante.

“Proxéctome cara a tumba” foi a resposta que deu á última cuestión. A súa idea é ir deixando paso a novas caras, axudar ó seu fillo que tamén quere entrar no mundo do espectáculo, e tendendo a ir cara o sofá, para descansar, a pesares de que comentou tamén que mentres o público siga acollendo tan ben as súas obras, seguirá ofrecendo cousas.

Un dos grandes problemas é que a sociedade actual non é consciente dos custos que existen detrás de produccións deste tipo. No prezo que pagamos por cada entrada, hai que lembrar que existe unha taxa impositiva do 21%, ao que hai que sumarlle un 10% se a obra que se representa resulta ser unha adaptación. Ademáis, hai que ter en conta o custo do aluguer do espazo no que se desenrola a actividade, e o feito de que existe todo un equipo de persoas que axudan a montalo todo. Deberiamos borrar das nosas mentes a idea de que a cultura é gratuita. Hai quen non cre na cultura do esforzo, e tamén quen non entende o esforzo que supón sacar a cultura adiante. O menú do día ten un prezo, e, dende logo, este Menú da Noite non podía ser menos. Moi agradeciedo por tanto a Carlos Blanco, Luís Davila e a todo o equipo por permitirme degustalo con tan boa compañía. Bo proveito!

David Conde Seoane

IMG_5355
Inicio: Menú da Noite.                             Fotografía: Andrea Pérez Justo
IMG_5362
Ilustración de Luís Davila.                               Fotografía: Andrea Pérez Justo
IMG_5365
Luís Davila.                                        Fotografía: Andrea Pérez Justo
IMG_5369
Fin do Menú da Noite.                                   Fotografía: Andrea Pérez Justo
IMG_5382
Luís Davila firmando os seus libros ao fin do acto.                  Fotografía: Andrea Pérez Justo
IMG_5379
Fotografía: Andrea Pérez Justo