Resaca

Como comeza unha historia de amor? Como se supón que remata? Que deixa polo medio? A obra teatral Resaca non deixa, de seguro, a ningún espectador indiferente. A acción iníciase cunha voz recitando un suposto poema, que máis ben resulta un trabalinguas, a unha persoa querida, que gusta, e que se atopa entre o público. A partires deste intre, sucédense acontecementos cotiás reconstruíndo a memoria dos antergos daqueles que se atopan sobre o escenario. Historias reais recuperadas para poder tecer e reconstruír esa maraña que é a vida.

Confórmase o argumento en torno a unha persoa xa finada, amiga de todos os intérpretes, saíndo a relucir todas as conversas que tiveron con ela, facendo un hábil repaso de acontecementos que están agochados nos sitios máis recónditos da memoria. De feito, dáse o caso de que intentan describir todos con precisión os seus rasgos físicos e o seu carácter, mais todos varían un algo o seu alegato, sen poder chegar a un consenso absoluto.

resaca-2

Resaca xoga con esa idea de aquilo que queda despois dos feitos, unha especie de estela do acontecido, daquilo que cuspe o mar cara a costa. Reconstrúese a vida desa persoa falecida e a da súa familia, significando unha homenaxe sentida a esa árbore xenealóxica reconstruída a través da sucesión de escenas habilmente  recreadas no teatro.

A execución musical tamén está moi ben coidada, e ó ser tocada en vivo, colle un matiz especial, semellando reforzar moi ben a atmosfera que se quere buscar en cada momento e, como xa se dixo, esta é unha obra que remove conciencias, pois os acontecementos relatados son parte de moitas das familias que puideron asistir ó acto.

resaca-1

En definitiva, o espectador sae do lugar sen ter moi claro canto do alí contado pode ser real e canto ficticio, pero dende logo do que pode estar seguro é de que a resaca será moito máis levadeira se o alcohol é bo; se en vez de emborracharse para esquecer e facer do día seguinte un trámite estéril, anímase a vivir plenamente cada novo amencer;  se se anima, en definitiva, a emborracharse coa vida.

Autor: David Conde Seoane

Fotografía: Lucía Donado Calo

O «Costus» da movida madrileña

Agora que se acaba de difundir a noticia da morte de Paloma Chamorro, estaría ben reivindicar a súa figura. Tamén estaría ben facelo antes, quizáis, pero semella que nunca se rematará con esa manía de ser os máis «cremas» ata cruzar ese túnel que din que se aparece no limbo celestial.

Seguramente, Seguir leyendo O «Costus» da movida madrileña →