O NACEMENTO DOS CÍCLOPES

No tempo no que as bestas falaban un mariñeiro, nunha das súas viaxes, chegou a unha illa, na cal só vivía un home cas súas ovellas. O pastor era alto coma un outeiro e forte coma un boi, mais a característica que máis destacaba nel era que lle faltaba un ollo. O torto cando se decatou da chegada dun estraño a súa terra entrou en cólera, xa que el era amo e señor daquela insua e non consentía que ninguén estivese nela sen o seu permiso. Cando tentou tomar prisioneiro ao intruso produciuse unha loita entre eles, que se saldou ca morte do chosco.

o-nacemento-dos-ciclopes
Ilustración de Andy Hermida

Cando o mariñeiro volveu a súa patria coma un heroe vitorioso contou con fachenda a súa fazaña. A historia estendeuse axiña polo territorio, mais o ir de boca en boca mudara por completo quedando tal que así: “Un mariñeiro chegou a unha illa habitada por seres monstruosos e derrotou en combate singular á peor daquelas bestas, un xigante dun só ollo”.

Edición e redacción: David Sabucedo Cardero

Ilustración:Andy Hermida

Especial «Dadaísmo» no Cercano Café

Xa está aquí o novo episodio de Orballo de Radio Allariz. Neste capítulo temos un especial sobre o Dadaísmo co gallo do evento «La Gran Chafallada» que o venres 4 de novembro celebrou o café El Cercano (Ourense), para conmemoralo centenario do Cabaret Voltaire de Zurich, berce do movemento do Dadaísmo. Tamén teremos unha nova entrega da sección Doña Melitona, onde falaremos de «flamenco dadaista».

Podemos dicir que este foi a nosa mellor entrega, quedou moi…moi… Bueno o mellor será que entredes e vexades a «nosa gran chafallada»!!

Lembrade que podedes seguirnos en directo cada venres en Radio Allariz no 107.2fm ou na web de Radio Allariz.

Especial «La Gran Chafallada» do 04 de novembro de 2016.