Nunca se sabe o que pode deparar un novo día, e no caso que nos ocupa, o xiro foi radical á cómo estaba plantexado nun inicio. A media tarde, coa mente xa na idea de visitar algún río para refrescar, recibín a chamada do fotógrafo Antón García. Era para comentarme que se tiña interese en asistir a unha obra que se ía a representar na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, el tiña un par de entradas. Eu dubidei ó primeiro, pois non sabía con que tempo contaba para plantarme alí sen faltar ós meus compromisos, pero convenceume o feito de que me dixo que podía ser un artigo de interese para revista, e que o fotógrafo sería el mesmo, co cal a cousa en realidade se presentaba moi rodada, pois con el de acompañante ó evento era unha garantía no que corresponde á parte gráfica, debido ós seus anos de experiencia.
Alá me plantei, por tanto, en Ribadavia, cando aparcando o meu coche xa apareceu el casualmente coa furgoneta por alí e nos diriximos cara o castelo, onde ía ter lugar á función, que levaba por título “Trópico del Plata,” dirixida por Rubén Sabadini, e na cal a única intérprete é Laura Nevole, desenrolando un papel espectacular a través desa especie de monólogo/soliloquio perfectamente construído. É de xustiza tamén, recoñecer a laboura de Eduardo Pérez Winter cómo encargado da iluminación nesa xira Europea que están levando a cabo para dar a coñecer a obra nesta beira Atlántica.
Nada máis chegar, sorprende que semella darse o inicio da obra antes mesmo de que comece, pois baixando polas escaleiras ata ocupar a praza que tiñamos asignada, xa se podía contemplar á única actriz participante na obra tumbada no chan, a carón dunha especie de portaequipaxes, na que contiña elementos varios cos que funcionaría na representación teatral.
As luces baixaron a súa intensidade, e o foco de antención derivouse, evidentemente, cara a rapaza, que pouco a pouco semellaba irse desperezando, cómo quen se ergue despois de pasar unha auténtica noite de troula. Nese intre, acadando pouco a pouco consciencia de onde se atopaba, comeza a explicarlle ó público a súa situación. O que describe, correspondería á típica relación amorosa entre un home e unha muller que se queren e profesan respeto mutuo, a pesares de que polas poses adoptadas e polo vestiario que a engalanaba, parecía máis ben unha muller de “modais próximos á libertinaxe.” Esta idea preconcebida, pouco a pouco vai collendo forma e vaise asimilando cómo a correcta na mente do espectador, polo menos, para o profano do tema que aquí escribe.
A historia vaise tornando cada vez máis turbia, e a rapaza acaba sendo consciente de que o seu mozo está emprengando os seus atributos femeninos para complacer ós seus amigos, cousa que ela permite nun primeiro momento, pero que finalmente acaba por desbotalo, pois non quere verse sometida as peticións extravagantes ás que se ve abocada cada vez que lle ven en gana a ese personaxe que non aparece físicamente en ningún momento, pero que un se fai idea de cómo pode ser, pois a descripción que se nos fai del por parte dela, é moi precisa, imitando ó seu “facer” neses momentos nos que ela se ve privada da súa liberdade.
Na obra xógase moito co tema do uso de máscaras, de disfraces, o que fai entrever que cada un desenrola un papel que lle é asignado, pero que realmente é todo finxido; puro postureo para quedar a ben con quen temos enfronte. De feito, cara o final da obra, ela acaba despoxándose da máscara que oprimía o seu auténtico ser, buscando de escapar gabeando a parede que se atopaba ás súas costas.
Non se pode dicir que teña un final feliz, nin que ela finalmente consiga escapar ó sometemento do home, cunha especie de final aberto que deixa que o espectador busque, maquine, e reflexione sobre o acontecido e o que podería acontecer. É unha mostra, en definitiva, da cegueira á que nos vemos sometidos en moitas ocasións por causa dos “grilletes amorosos,” que non nos permiten ver máis alá, e que nos deixan enganchados de mala maneira, e cando sabemos explicar o porqué nos sometíamos a semellante castigo, é porque xa estamos desenganchados, cómo ben dixera xa fai moitos anos un cantautor da nosa terra…
Redacción : David Conde Seoane
Fotografía: Antón García