O FOXO DO LOBO

Revisión cultural do pasado, espello onde poder solucionar o conflito actual

Unha foto-reportaxe de Xose Garrido


Em cada huma das serras hai fojos, naquelle sitio mais conveniente (…) pero que fazen monterias os moradores daquelles povos vezinhos alocando os tais bichos te os meterem dentro de duas altas paredes que juntan os dous braços e por fim delles ten hum grande e alto buraco ou fojo colmado com hum ténue mato e vai saltar o lobo e nâo vencendo o salto dá com o corpo no fojo aonde com tiros ou chuços o matan (…)

(In Menorias Parroquiais, fegresia de Britelo, Ponte da Barca, 1758)

Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (1)
Germil, Portugal /fotog: Xose Garrido

Con este percorrido polos montes de Germil e de Guende, non pretendo tanto realizar unha visión etnográfica do contorno senon propoñer unha crítica contemporánea contra o discurso lobófobo presente. O que fora unha praxe Ad hoc dos nosos antergos, labregos e gandeiros a partes iguais, perde a súa teoría no mundo de hoxe, onde o lobo e a súa poboación deixa de ser un problema; onde radica realmente o conflito é nun fracaso total na posta en marcha de medidas preventivas por parte da Xunta de Galicia, na política de axudas por danos aos gandeiros, etc. A administración pública debería así adicar recursos para que a gandería extensiva redunde tamén nun beneficio para a protección do lobo, e a sociedade ten a súa oportunidade de contribuir á desactivación do conflito a través das distintas ferramentas de consumo das que é beneficiaria.

Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (2)
fotog: Xose Garrido

 

Nun territorio isolado coma o de Ponte da Barca, o gando foi sempre o recurso máis importante para o pobo. Era por iso fundamental protexelos dos depredadores que habitaban as montañas, xa que a perda dos animais podería supoñer a desaparición da propia comunidade.

Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (3)
Fotog: Xose Garrido
Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (4)
Foxo de lobos de paredes converxentes de Gelmir/ fotog: Xose Garrido

No corazón da Serra do Xurés, entre a aldea de Guende e os picos de Fontefría, agóchase unha espectacular trampa (de orixe medieval) empregada para dar caza ao lobo.

Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (6)
Foog: Xose Garrido
Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (5)
Fotog: Xose Garrido
Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (7)
Fotog: Xose Garrido
Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (8)
Fotog: Xose Garrido
Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (9)
Fotog: Xose Garrido
Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (10)
Fotog: Xose Garrido
Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (12)
Fotog: Xose Garrido

Non se pode precisar en que época foron construídos os foxos do lobo de Ponte da Barca. No actual territorio do concello, existen tres foxos de paredes converxentes, así chamados porque converxen en «V», de xeito que estreitaba a área cercada e acurralaba o animal. Normalmente, na zona mais estreita da armazón, existía un «foxo» que era un buraco ou pozo no que caía o animal, asustado, e onde era abatido a tiros ou pedradas.

Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (13)
Fotog: Xose Garrido
Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (14)
Fotog: Xose Garrido
Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (15)
Fotog: Xose Garrido
Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (16)
Fotog: Xose Garrido

No caso de Germil, o lobo sería obrigado a descender en dirección ó vértice do foxo, caería para unha plataforma interior, onde quedaría acurralado. Unha vez capturado, o lobo era recollido polos veciños e paseado polas aldeas da comarca co fin de exhibir o trofeo.

Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (12)
Fotog: Xose Garrido

 

Froito da sistemática persecución levada a cabo polo home, este depredador, atópase hoxe clasificado como EN PERIGO de extinción. O lobo ibérico é unha especie protexida desde 1988, sendo prohíbido o seu abate ou captura.

“No veo al lobo caricaturizado de la fábula o al
halcón envilecido en el parque zoológico, sino
como criatura que, a través de la aventura de la
vida, comparte con el hombre el destino de la
tierra. Una criatura cercana y emparentada con
nosotros mismos, victoriosa en una larga y
fascinante historia evolutiva (…) Una criatura
palpitante, gloriosa como el halcón que cae de las
nubes.”
(F. Rodriguez de la Fuente)

Garrido_Xose_Report_jpeg_alta (21)
Fotog: Xose Garrido

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.