Archivo de la categoría: Artigos

A CONXURA DE RIBADEO

A historia do conde que quixo ser rei a costa de «rachar España»

Autor: David Sabucedo


Conta a lenda que un rei de Castela foi convidado por un dos seus magnates a un banquete. Este nobre era ambicioso, turbulento e feroz, e tiña disposto dar morte ao monarca nese xantar. Un paxe real, un mozo da familia galega dos Villandrado, escoitou por casualidade unha conversa e descubriu as verdadeiras intencións dos seus anfitrións, axiña foi onda o seu señor e con discreción pediulle que o acompañara a unha cámara contigua ó salón onde se celebraba o xantar, xa que tiña que comentarlle un asunto moi importante. En canto o rei descubriu o complot temeu pola súa vida, mais o mozo tiña un plan. Cando os conxurados viron marchar ó rei empezaron a sospeitar que foran descubertos, polo que quixeron rematar canto antes co que tiñan planeado, o magnate rebelde ordenou aos seus homes de armas colocarse na entrada da habitación onde estaba o soberano e eliminalo en canto saíse. Cando as portas da estancia abríronse os soldados abalanzáronse contra o rei apuñalándoo ata a morte, mais grande foi o terror que invadiu aos traidores cando comprobaron que o cadáver que había no chan era o do criado que vestía o traxe do seu señor. O rei, que fuxira disfrazado cas roupas do mozo, recompensou á familia do seu leal servidor convidando aos seus descendentes a xantar con el unha vez o ano e a entregarlle o traxe que vestise nesa ocasión.

Esta historia recollida por Leandro Carré Alvarellos na súa obra Lendas Galegas de Tradición Oral baixo o título O Paxe do Rei é a orixe mítica dun privilexio que tiñan os condes de Ribadeo, xantar na mesa do soberano castelán o Día da Epifanía e despois recibir o vestido que o monarca levara nese banquete. Pois dun conde de Ribadeo vai esta historia, don Rodrido Sarmiento da Silva y Villandrado, un home cuxa ambición levou a tentar destruír o estado máis poderoso do seu tempo, a Monarquía Hispánica.

As escuras orixes da familia Villandrado

A orixe desta casa está dacabalo entre a historia e a lenda. Xa para comezar o lugar de nacemento do seu fundador, Rodrigo de Villandrado, é motivo de disputa entre ourensáns e valisoletanos; o solar galego sería San Lourenzo da Illa, en Entrimo, terra vencellada ós condes de Ribadeo no século XV; pola outra banda os casteláns defenden que os Villadrando son de Valladolid. Este Rodrigo, segundo di o cronista Alonso de Palencia, era “de padres pobres aunque honrados aldeanos”. Parece ser que fixo carreira militar en Francia, onde combateu na Guerra dos Cen Anos, alí capitaneou a súa propia compañía de mercenarios e gañouse os alcumes de “O Esfolador” e “Emperador dos Ladróns”. A súa volta a Castela púxose ás orde do rei Juan II o que, segundo a lenda, salvaríalle a vida entregando a súa. Alén do que di a tradición o certo é que Villandrado axudou ao monarca castelán a rematar ca rebelión do seu fillo, o futuro Henrique IV, e polos seus méritos neste conflito e os seus servizos, Juan II entregoulle a súa casa o condado de Ribadeo e o privilexio de cear cos reis  no día da Epifanía.

Tumba_de_Juan_II_de_Castilla_-_Cartuja_de_Miraflores_-_
Tumba de Juan II

A Rodrigo sucedeuno seu fillo Pedro de Villandrado, segundo conde de Ribadeo, que chegará a ser nomeado Gobernador e Presidente do Reino de Galicia polos Reis Católicos entre 1477 e 1480. A el apelarán os nobres galegos para que interceda por eles ante a Coroa e así impedir que fose enviada a Galicia a Santa Hermandad, corpo de orde público que tiña a misión de «pacificalo Reino», o que foi chamada a “Doma do Reino de Galicia”. A morte deste personaxe en 1516 o condado caerá en mans dos condes de Salinas, da casa Sarmiento, emparentados cos Villandrado por vía matrimonial; isto fará que o título se desgaleguice, para os tempos no que vive o noso protagonista só terá de vinculación con Galicia o nome.

A Aguia Caída

Retrato_de_Manuel_Acebedo_y_Zúñiga
Manuel de Fonseca y Zúñiga,  VI Conde de Monterrey.

Dous séculos despois da vinculación do señorío de Ribadeo á casa de Villandrando o panorama político na península Ibérica mudara por completo. O reinado da casa de Austria trouxo o salto daquela España á categoría de potencia hexemónica no mundo. A Península era agora un conglomerado de reinos e estados baixo a autoridade dun mesmo soberano que tiña a súa mirada posta nos conflitos relixiosos europeos, unhas guerras de relixión que minguaban os recursos da Coroa de Castela, columna vertebral dos bastos dominios dos reis españois. A grande nobreza galega neste período era colaboradora das políticas da Corte, súas ambicións estaban agora en Madrid e xa non miraban polos seus primitivos solares galaicos. Nomes coma Lemos, Monterrei, Ribadeo ou Altamira destacaban entre os funcionarios de maior rango dos Austrias.

Mais todo imperio e potencia ten un final e no século XVII os reinados de Felipe IV e Carlos II trouxeron a decadencia española, eran os tempos da «Aguia Caída». Para tentar cubrir tódalas frontes que tiña aberta a Coroa e frear a sangría humana e fiscal que sufría Castela, o Valido de Felipe IV, o Conde-Duque de Olivares, elaborou un plan de centralización dos estados do rei ca fin de que tódolos territorios da súa Católica Maxestade puxeran os mesmas recursos para soster o buraco negro que era a belicosa política exterior española, a chamada Unión de Armas (1626). As accións de Olivares levaron a espertar os sentimentos patrióticos en diferentes reinos e estados da Monarquía, que vían nelas a fin dos seus privilexios e constitucións. En 1640 Cataluña érguese en armas e tenta separarse de España; a finais dese mesmo ano tamén se ergue o reino de Portugal que proclama rei ó Duque de Braganza co nome de Joao IV. En 1641 en Andalucía é descuberta unha conxura protagonizada polo Duque de Medina Sidonia para proclamarse rei da rexión co apoio portugués. Comezábase a escoitar por primeira vez en Madrid iso de: “España se rompe”.

A conspiración do Duque de Híjar e Conde de Ribadeo

Naqueles turbulentos tempos noso protagonista, Rodrigo Sarmiento da Silva, era un importante aristócrata, ó ser titular do condado de Ribadeo e levalo apelido Villandrado dáballe o privilexio de cear unha vez ó ano co rei, polo que tiña a oportunidade de ter trato persoal co soberano. Era fillo de Rodrigo da Silva, personaxe que fóra vicerrei de Portugal en dúas ocasións e cuxa coñecida inimizade con Olivares trouxéralle a caída en desgraza, unha rivalidade política que tamén lastrou seu fillo. Rodrigo casou en 1622 con Isabel Fernández, Duquesa de Híjar, polo que era consorte deste importante señorío do reino de Aragón, o que axudará a que fose elexido vicerrei desata terra.

palacio_zaragoza--644x362
Residencia dos vicerreis de Aragón

Antes de estourar a rebelión portuguesa, o Duque de Híjar xa informara ao rei do inminente alzamento daquel reino, en compensación pola valiosa información, Olivares, daralle un mando militar no exército real enviado á fronteira extremeña contra Portugal, e que estaba ó mando doutro nobre de orixe galega, o Conde de Monterrei. Esta campaña resultou un desastre militar e facilitou o camiño á independencia lusa.

A grave crise territorial provocou o derrube do réxime do Conde-Duque (1643) e que quedara vacante o posto de Privado do Rei. Comezou na Corte unha pugna por conseguir o importante cargo, ao que, entre outros, Ribadeo era aspirante. Mais ocorreu unha cousa que seguro que vos é familiar, o posto rematou en mans do sobriño do anterior, Luís Méndez de Haro, elección que lonxe de calmalos ánimos dos cortesáns prendeunos aínda máis. Ó pouco tempo eran descubertas dúas conxuras para acabar ca privanza de Haro: unha eclesiástica e outra nobiliaria, entre os nobres intrigantes estaban dous galegos o conde de Lemos e noso amigo o conde de Ribadeo. Haro saíu triunfante dos intentos de derrube e Rodrigo Sarmiento foi castigado co desterro en Villarubio de los Ojos (Ciudad Real). En 1648 Ribadeo volve a Madrid con gañas de vingarse de Felipe IV e seu ministro, xa non quere un posto de privilexio na Corte, quere unha coroa.

 

O resentimento do noso protagonista fixo que xuntáranse no seu camiño dous personaxes cos que compartía a carraxe polo rei: Carlos Padilla, un mariscal de campo o que se lle negara o ascenso a xeneral; Pedro de Silva marqués de la Vega de la Sagra; e o portugués Carlos Cabral. Da conxura de Híjar hai dúas versións:

  • Nunha primeira as aspiracións do conde de Ribadeo sería as de ser nomeado rei das Españas. Para iso os conspiradores asasinarían a Felipe IV, proclamarían rei de Aragón a Rodrigo Sarmiento, que era vicerrei daquel reino, e logo, ca axuda do rei de Portugal casaríano ca infanta María Teresa e así sería coroado rei das Españas.

 

  • A outra versión presenta a Híjar coma un independentista aragonés. Os males que este reino sufría por mor da guerra ca veciña Cataluña facilitarían a rebelión e proclamación do conde de Ribadeo coma rei de Aragón (nembargantes a causa de Híjar non pareceu espertar moitas simpatías entre os aragoneses), esta candidatura rexia estaba abalada, disque, por ser Sarmiento descendente dos antigos monarcas da Coroa de Aragón. Para levar a cabo este plan Padilla viaxaría a Francia onde se entrevistaría co cardeal Mazarino (ministro de Luis XIV) e pediríalle axuda en troques de entregarlle ós franceses Navarra, o Rosellón e a Serdaña; consentirían a separación de Cataluña pero Tortosa e Lleida quedarían como parte do reino aragonés; Padilla contactou tamén co rei portugués o que ofreceu venderlle o Reino de Galicia, cos cartos obtidos da venda do país galego intentaríase comprar ó exército real que combatía contra os rebeldes cataláns (moitos deses soldados eran galaicos) e atacar con aquelas tropas o reino de Castela.
independencia-portugal-k9DG--620x349@abc
Coroación de Joao IV

Cando os rebeldes tentaron por en marcha o plan e contactar cas potencias estranxeiras aliadas todo fracasou, un criado de Padilla delatounos ás autoridades e estas procederon a súa detención. Silva e Padilla foron xulgados e condenados a morte, a execución do segundo, o que se acusaran de selo líder da trama, foi en Madrid o 5 de decembro de 1684; o outro socio, o portugués Cabral, morreu en prisión. E que foi do conde de Ribadeo? Parece ser que o aspirante a rei foi prendido e torturado, mais nunca confesou nada; a Coroa confiscou os seus bens e rematou os seus días confinado nun convento de León. A ambición levouno a querer unha coroa de ouro na testa e rematou cunha argola de ferro no pescozo.

A conexión galega

Os historiadores dubidan hoxe se tódolos crimes que se lle imputaron a Rodrigo Sarmiento eran ou non certos, moitos ven tras deles a man negra do valido Haro que se encargou de deslexitimar a un rival político. Por outra banda está a pregunta que se fai o historiador Emilio González López na súa obra El águila caída: como podía Híjar usar Galicia como peza de empeño? A González López non lle encaixa que o conde de Ribadeo tivese algún tipo de influencia no noso reino, xa que a súa familia levaba anos desvencellada do territorio galego. Entón existiu unha conexión galega? Facendo a investigación para este artigo puidemos atopar unha pista, a clave pode estar nun deputado da Xunta do Reino de Galicia chamado… bueno creo que o tema é o suficientemente interesante para dedicarlle un artigo propio, non vos parece?

Para saber máis:

González López, Emilio. El Águila Caída, Galicia en los reinados de Felipe IV y Carlos II. Ed Galaxia, Vigo 1973.

Carré Alvarellos, Leandro. Las leyendas tradicionales gallegas. Ed. Austral, Madrid 2009.

 

La Iniciativa Ciudadana Europea

Uno de los mecanismos de democracia directa de la Unión Europea

Auror: Óscar Fernández González
(oscarfzgz@gmail.com)


Después de la desolación que dejaron atrás las dos guerras mundiales del siglo XX el continente europeo comenzó un proceso nuevo. Las viejas naciones quisieron poner fin a la lucha por un poder hegemónico que ninguna podría atingir. En cambio, cobraron fuerza las ideas de una Europa unida materializándose en el inicio de la llamada integración europea. Las primeras comunidades de los años 50 respondían a un concepto funcionalista de integración. Se basaban en el mantenimiento de la paz y una progresiva unión económica dentro del sistema capitalista. Si bien es cierto que se abandonaron las perspectivas federalistas, las competencias de las Comunidades Europeas (CEE) fueron aumentando con el consiguiente efecto sobre los ciudadanos. Un proyecto que había comenzado como una organización internacional suscrita por seis países se convirtió en un nuevo sistema de gobernanza multinivel transnacional.

Los nacionales de los Estados miembro vieron como las decisiones que se tomaban en términos supranacionales afectaban a un amplio espectro de su vida. Pronto surgió el debate sobre la legitimidad que tienen las instituciones europeas para legislar en tantos ámbitos. Críticas, provenientes sobre todo del Parlamento Europeo (PE), llegaron a los despachos de Bruselas. El efecto de las mismas estimuló cambios substanciales a través de los años. Por orden cronológico, podrían destacarse los siguientes hitos: las primeras elecciones por sufragio universal directo al PE en el 79; la firma Acta Única Europea (1986) que sitúa al PE como colegislador en algunas materias; y el vigente Tratado de Lisboa (2009) que añadió más transparencia al proceso decisorio y amplió la capacidad legislativa del PE a casi todos los ámbitos. Aun así, el debate está lejos de ser zanjado. El proceso de toma de decisiones en la UE sufre de un déficit democrático que menoscaba la legitimidad y disminuye la percepción positiva de la opinión pública. Desde mi punto de vista, las claves que subyacen tras este déficit democrático son la falta de una identidad sociopolítica europea (un demos europeo); la desafección de la ciudadanía por las instituciones (y la clase política en general) y sus procesos de toma de decisiones; y la falta de unos resultados decisorios acordes con las preferencias de una mayoría de ciudadanos. Ahora bien, la literatura acerca del déficit democrático de la UE es realmente amplia y está a años luz de llegar a un consenso.1

IMG-20180803-WA0002.jpg

Con el objetivo de paliar los problemas planteados, la UE sacó a la luz el Libro Blanco sobre Gobernanza en 2001. En este texto, creado con el objetivo de abrir un debate público, se planteó introducir mecanismos de democracia directa. La iniciativa prosperó,
no sin dificultades, plasmándose entre otros en la introducción en el artículo 11 del Tratado de la Unión Europea (TUE) la Iniciativa Ciudadana Europea (ICE). La ICE es un mecanismo jurídico que permite plantear un proyecto legislativo a las instituciones europeas. El proceso para llevar a cabo una de estas propuestas se inicia con la creación de un Comité Ciudadano que elaborará el documento de proyecto legislativo. Una vez hecho esto se publica en la página web de la Comisión Europea (CE) sobre la ICE. Aquí los ciudadanos interesados podrán firmar la petición. El apoyo necesario es de un millón de firmas dentro de un plazo límite de un año. Con el objetivo de hacer este mecanismo de propuesta más representativo se establecen una serie de exigencias de las cuales se pueden destacar la necesidad de que se reúnan un mínimo de firmas en al menos siete Estados miembros. Este mínimo varía según la población del Estado en cuestión. Si la propuesta alcanza el apoyo necesario y cumple con todos los requisitos2 la CE debe pronunciarse acerca de la misma. En caso de que se considere necesario un acto legislativo, se sigue el procedimiento común de decisiones legislativas de la UE, el Procedimiento Legislativo Ordinario (PLO), en el cual participan CE, PE y Consejo. Ahora bien, ¿supone realmente la ICE un mecanismo efectivo y útil para influir positivamente en el déficit democrático de la UE? Desde la entrada en vigor del TUE hasta hoy se han presentado sesenta y ocho ICEs. Solo cuatro han prosperado:

El derecho al agua y el saneamiento como derecho humano ¡El agua no es un bien comercial, sino un bien público!; Uno de nosotros3; Stop vivisection4; y Prohibición del glifosato yprotección de las personas y del medio ambiente frente a los pesticidas tóxicos. Los resultados no parecen alentadores, pero no debemos dar todo por perdido. Que no se hayan materializado legislativamente muchas iniciativas no quiere decir que no haya habido resultados positivos.

Ante todo, la ICE se debe de entender como un mecanismo de agenda setting. Ciudadanos que tienen una preocupación común, que han invertido tiempo de sus vidas en una causa y que han recogido firmas para mostrar su descontento y ganas de cambio no pueden ser obviados. Y, de hecho, no lo son. Las iniciativas, en total que sean denegadas en la fase de registro, siempre llegan a las instituciones europeas para ser debatidas. Supone una oportunidad para la población europea de expresar sus inquietudes en un sistema donde la agenda política no se sabe muy bien quien la decide. Un buen ejemplo es la iniciativa STOP TTIP, una ICE que reunió más de tres millones de firmas en contra de las negociaciones de los tratados comerciales TTIP y CETA con EEUU y Canadá respectivamente. La CE había iniciado los contactos con sendos países sin que, realmente, nadie se lo pidiese. Hay que tener en cuenta que la CE y su plan de actuación no son elegidos directamente por los ciudadanos. STOP TTIP supuso un toque de atención a las instituciones. Sirvió para recordar que no siempre las políticas que se llevan a cabo desde Bruselas gustan o/y benefician a todo el mundo a pesar de que se les apliquen por igual.

IMG-20180803-WA0000

Otro de los efectos positivos que aporta la ICE es su efecto dinamizador en la construcción de una identidad europea. La ciudadanía europea no tiene una historia común, un Estado único que compartir, unos valores comunes a los que apelar y tampoco una cultura que homogenice la población. La riqueza lingüística es inmensa. En un espacio tan heterogéneo es complicado crear un espacio público común. Mecanismos como la ICE ofrecen la capacidad de poner en contacto y organizar luchas por intereses comunes. Unos intereses que son, además, transnacionales. En este sentido, la generación de lazos de solidaridad y de un debate europeo sobre intereses comunes no puede más que contribución a la creación de un demos europeo. Ahora bien, no debe de ser entendido como un deseo de eliminar las particularidades de cada cultura, sino como un intento de aunar esfuerzos para obtener objetivos comunes. Unos objetivos comunes como el Estado de bienestar, la protección social, la vida en democracia, la igualdad, la no discriminación de cualquier tipo…que creo que respaldan la mayoría de ciudadanos europeos.

images

Como hemos visto, la ICE aporta valor añadido positivo a la Unión Europea. Está en manos de los ciudadanos utilizar su potencial para expresar sus inquietudes y plantear nuevas soluciones. Es hora de que la ciudadanía europea despierte y ejerza un papel más activo en la democracia actual eligiendo y luchando sus intereses de una forma más directa. Porque, como dijo el poeta estadounidense Archivald MacLeish, “la libertad es el derecho de escoger: el derecho de crear uno mismo las alternativas a escoger. Sin la posibilidad de escoger y el ejercicio de escoger, el hombre no es un hombre, sino que es un miembro, un instrumento, una cosa.”


1 Véanse autores como Arregui, Follesdal, Habermas, Hix, Majone, Moravicsk…
2Reglamento 211/2011
3 Relativa al derecho a la vida. En concreto al uso de embriones para la experimentación
4 Relativo al derecho de los animales. El objetivo era detener la experimentación con animales