Archivo de la categoría: Sociedade

Catro erros e un gran final

Autora: Alba Reigada


Non vou entrar en quen mentiu máis ou menos, quen falou mellor, quen sacou máis fotiños ou papeis, ou libriños (sabemos quen, os enxeñosos memes de Rivera son brutais). No que si vou entrar é en que o debate de onte en TVE non representa a unha parte grande da sociedade española.

Catro homes, tres en traxe e gravata, un cuarto en camisa… Faltaba algo e sobraba todo. E só era a foto inicial.

O primeiro erro é que os candidatos á presidencia sigan sendo iso, candidatos, e non haxa ningunha candidata. O funcionamento interno dos partidos e as súas bases deberían comezar a canalizar o sentir dunha gran parte da sociedade, que si, pese a quen lle pese, é feminista. Enténdase feminista pola igualdade de dereitos entre mulleres e homes, é dicir, o seu significado real, non hai outro.

O segundo erro: que ata última hora estivese no aire que se fixese un debate na televisión pública cos candidatos dos catro partidos con máis representación no Parlamento. Foi lamentable. Por se o xornalismo non se usase o suficiente para intereses políticos, tamén era necesario faltarlle ao respecto á televisión pública, que quedase ben claro que usar a RTVE para fins electorais está xenial, pero para comunicar da un pouco igual. Iso, lamentable.

– Como lamentable foi o terceiro erro, aínda que este xa é vello coñecido. Un debate que non foi tal. Eran as dereitas contra Sánchez, e Iglesias falando só e recitando a Constitución. Nada máis.

Bueno, algo máis si. Cataluña e os indultos, e Torra, moito Torra.

– O que nos leva ao cuarto erro. A falta de respecto a todas as comunidades autónomas que non son Cataluña.

Non é cuestión de que se vaia “romper España”, non. España xa está rota pola desigualdade. E non é que non o vexan. As máis de 50.000 persoas da manifestación da España vaciada deixárono ben claro o 31 de marzo en Madrid. Pero claro, esa xente só interesa para pedirlle o voto. Para falar en prime time no primeiro debate electoral antes do domingo, non gusta, non é tema que teña morbo, non vale para insultar ao adversario, nin para sacar fotiños. Para iso só vale Cataluña, e os indultos, e Torra.

E chegando ao final veu o mellor.

O peche de Xabier Fortes dicindo “coma sempre, moi boa noite” foi épico.

Agora que o penso, vai un erro por cada candidato…A calquera se lle quitan as ganas de votar.

la chica de la pisa (ix)

Autora: Antía Alberte Maneiro


Ca chegada da primavera queda inaugurada a tempada da operación bikini, pero sabemos que os nosos orballeiros teñen cousas mellores que facer, como vir á celebración do III Aniversario da revista.


Antía Alberte traerá algún traballo de #lachicadelapisa para botarvos unhas cantas risas. Ídevolo perder?

Podes seguilas aventuras de La Chica de la Pisa en: