Archivo de la categoría: Sociedade

A Folga Feminista de Ourense en fotos.

O pasado día 3 de Marzo do 2019 arrincaba a folga feminista en Lugo, un éxito de convocatoria que se repetiu este histórico 8 de Marzo nas cidades galegas e en moitas vilas do país.

IMG_0512

IMG_0522

IMG_0546

IMG_0576

IMG_0615

IMG_0737

Fotografías de Xose Manuel Rodríguez; membro de Radio Fedello 

Os datos de participación foron abraiantes; o seguimento da folga en Vigo lembrounos que coma principal cidade industral e de población do país sempre foi exemplo de loita. En Ourense pola súa banda o logro foi dobre xa que pola mañá a praza maior da cidade ateigouse de mulleres na súa maioria que berraron xunto co son de bombos e tambores ” Aquí está aquí se ve o feminismo galego en pé” e xa pola noite e partindo da subdelegación de goberno o clima que se viviu foi de absoluto mudar dos tempos: subidas o monumento o anxo caido e por todo o parque de San Lázaro , mulleres de tódalas idades ateigaban os recunchos dunha manifestación que remataría na praza maior berrando o unísono ós cánticos por excelencia:”Mulleres contra a guerra, mulleres contra o capital, mulleres contra o machismo, capitalismo neoliberal” ” Agora que estamos todas agora que si nos ven, abaixo o patriarcado que vai caer, arriba o feminismo que vai vencer, que vai vencer”

 

 

Arrinca a segunda fase da liga galega de Fútbol Gaélico

O Auriense F.G. e Afiadoras volven á competición nunha fin de semana moi intensa.

Autor: Roberto Nespereira Pereira


Antes de entrar na crónica desta pasada fin de semana vouvos explicar unha particularidade do fútbol gaélico: a liga oficial, a federada, só permite equipos segregados, é dicir, femininos ou masculinos. Sen embargo Galicia é escenario dunha fermosa particularidade, a Liga Gallaecia, unha liga mixta onde xogan equipos formados por homes e mulleres.

“A @LigaGallaecia é única como liga que integra equipos formados por homes e mulleres.”

Liga Gallaecia

Afiadoras e Cascarilha durante o encontro.

Afiadoras de Ourense enfrontouse ao equipo coruñés de Cascarilha. O equipo local venceu por 29 puntos (6-11) a 1 (0-01).

Liga Feminina – Xornada 10

As rapazas desputaron en Lalín un partido moi axustado contra Herdeirxs de Dhais, campionas de inverno que manteñen a súa posición de imbatibles sen ningún partido perdido no que vai de liga. O marcador remataba con 26 puntos para Herdeiras e 24 para o Auriense. Quenes se achegan de público aos partidos poden dar conta do alto nivel no que están a xogar os equipos femininos esta tempada.

Resultados da Xoranda 10 da liga feminina de Fútbol Gaélico 2018 – 2019

Liga Masculina – Xornada 14

Pola súa banda o equipo masculino non deu opcións ao Pontevedra F.G. O campo da Xunqueira foi testemuña do alto rendemento no aque se atopan os rapaces. Aínda quedan opcións para clasificarse ao Campionato Ibérico, veremos qué acontece nas seguintes xornadas.

Resultados da Xornada 14 da liga masculina de Fútbol Gaélico 2018 – 2019

A clasificación a día de hoxe atópase da seguinte maneira:

Se tendes curiosidade e queredes saber o que se vive nun partido de Fútbol Gaélico, sabede que despois do parón da semana que ven (no que non haberá ningún encontro), a maioría de partidos restantes, desputaranse aquí na casa, en Ourense.